LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 28 de diciembre de 2015

Os amores da nena

Cando fala de casar
eu boto as mans no lume.
Menos queiman estas lapas
ca voda de esa tola.

Xa a estou vendo vestida
de princesita moi nova
cunha cola que lle chega
da Coruña ata esta porta.

Non sei que será do home
que a leve cunha dote
de xenio que nos acouga
nin de día nin de noite.

Máis peniña dame a sogra
porque será mala nora
esta nena que non cala
o que bota para fora.

------------------

viernes, 4 de diciembre de 2015

Cans de palleiro

1

Ven a noite e a cadela
oubea como unha tola
polo can que no palleiro
durme pensando en outra.

A cadeliña xa pena
sendo cadeliña nova.
O can do palleiro está
xogando coma un home.

Chega o día, morre a noite.
Canta o galo e aínda durme
o can polo que a cadela
quere facerse outra moza.

Ten que ser máis presumida
di ollando a súa sombra
na eira cando o sol
faille un espello cos toxos.



2

Brinca alto a cadeliña
máis baixo brinca a outra,
o can oubea moi ledo
por ter para el as dúas.

Son dúas mozas ben guapas
para o día e para a noite.
Unha é moi señorita,
a outra é moi señora.

Brinca o can no palleiro
diante das namoradas tolas
polos osos que amosa
facendo circo na corte
onde unha vaca berra
i o boi xa está morto.

------------------

domingo, 8 de noviembre de 2015

Os amores da nena

Uns días un avogado,
outros días un notario,
algún día toca un músico
no chat de falo i calo.

A nena vai inventando
un traxe para as farras
de días cheos de lerias
dunha ventá a un burato.

Todos cren que é a estrela
que brila polos peiraos
onde os barcos aparcan 
as carreiras polos amres.

Os amores da nena

O namorado de Vigo
é un fichaxe xeitoso
para casar coa nena
un domingo de agosto.

Caerían de agasallos
os lóstregos desas nubes
que falan polo miúdo
coa chuvia que ben molla.

Os convidados comerían
un conexo e un cucho.
O conexo nunha sopa,
o cucho en anacos curtos
polo medio das patacas
da nosa leira do curro.

miércoles, 21 de octubre de 2015

Os amores da nena

Son os amores da nena
un chateo moi de cote
sempre nese ordenador
por onde os mozos asoman.

Non sei eu se hai saída
dun camiño sempre fondo.
Mellor sería un carreiro
que unha mala corredoira.

A nena vai pola estrada
onde os coches son o demo.
Non sabes se asubían
ou se veñen de paseo.

Eu aquí estou agardando
un bo xenro na lareira
para contar catro contos
i non falar desta nena.

domingo, 18 de octubre de 2015

Os amores da nena

Mirame cos seus olliños
de neno con baloncesto
como se eu fora a pelota
i el o bo peloteiro.

Xogamos días e noites,
non perdemos nin caemos
dentro dunha canasta
coa sogra que non quero.

El é un mozo bonito,
eu son a muller desexo:
un pouquiño namorada,
outro pouquiño moi quente.

Poño lume onde hai
un prato co frío teso
para comer un xantar
feito ao lume da lareira.


Os amores da nena

Non sei se estou namorada
ou quero unha carteira
para mercar un anaco
da ledicia que non teño.

El ven sempre co sorriso
das galiñas cando pecan
i eu estou agardando
un galo para o galiñeiro.

Nun veño e vou buscando
vanse abrindo os carreiros
pola eira onde cantan
as amigas do alleo.

domingo, 21 de junio de 2015

Simplemente eu

Hoxe o desacougo atoume
a este eu meu asasino
coas mans do demo.

Deste xeito anduven, con presa,
ferida nas miñas feridas
fartas de lapas de vinganza.

Sentinme fera i ferida,
facéndome dano a min mesma,
inimiga, con moita dor.

Nonfun eu senos una besta
semellante a doutrora,
aquela xigante pequeña rapaza.

Deixei as miñas pegadas
polo camiño que me levou
do meu exilio aos meus segredos.


martes, 19 de mayo de 2015

Muller loba

Hoxe son a muller loba
lonxe da nena calada.
Xa non choro como a chuvia
nin calo como a xiada.

Vou polo mundo decindo
que estou facendo buratos
coas mans de señorita
afeitas a tantos cartos.

Os meus berros son baixiños
polo monte tras a casa
van subindo cando deixo
a eira onde traballo.

A muller loba non cala
libre do medo que ata,
tampouco cala cando o medo
aída está latexando.

--------------------

domingo, 10 de mayo de 2015

Namorados

Amsterdam asemellaba o paraíso
naquel viaxe de nós os dous.
Non había berros pola noite
de nenos que pedían biberón.

Percorrimos rúas dando a man
á ledicia dunha lúa de mel
tan larpeira como aquela tarta
que foi a estrela do mantel.

Namoreime da casa pintada
coas cores dunha postal,
deixeime mollar na praía
polas augas doutro mar.

Estaba, sin sabelo,
descubrindo o paraíso
que ía ser sempre un oasis
á beira dos teu sorriso.



viernes, 8 de mayo de 2015

Poeta pantasma

Hoxe síntome a raíña
dos camiños xa andados
cos mesmos pés que camiñan
polos buratos pequenos.

Vou buscando o que non busco
i atopando os estranos
pensamentos que recollo
nas ollas dos meus carballos.

Abro unha folla tras outra,
busco o espello da alma,
dime que son a fermosa
raíña dos pés que bailan.

--------------------

lunes, 4 de mayo de 2015

My results from this program have been simply amazing!

http://virginialabs.ie/ailrehrxigrwj/pudonjb.html?yahoogroup=216607+idf=274184+c=426267

viernes, 10 de abril de 2015

Poeta pantasma

Toxos e veña máis toxos,
froles que espiñan as mans,
dedos que pintan as noites,
soles que morren nun mar.

Non atopo nin un chisco
de ledicia neste andar
arrastando nos pés desfeitos
polos camiños do mar.

Ven o outono, ¡xa o teño!
Ven o inverno, ¡xa está!
Ven a tristura con máis.

----------------------

Poeta pantasma

Non podo con este corpo
que cae feito anacos
coa tristura ferindo
o alento con buratos.

Vou andando pouco a pouco,
vou apurando o paso,
vou correndo cando corro,
vou pasiño, paso a paso.

Enriba levo o caldeiro
que molla a chuvia que cae
dunha nube non ensoita
aberta en unha canle.

-----------------

sábado, 4 de abril de 2015

Os outros

Vai chovendo miudiño,
chegan os gatos á casa,
ergese o can esnafrado,
abre a xiestra don Pepe.

Apuxa un coche vello
o amigo do allego,
vai un velliño cun can
pola rúa dos Penedos.

Enfurruxanse os ferros
ao cruzarse cos vagós
do tren que vai a París
con asubíos de adeús.

Os outos son tantos que
xa me canso de contar
i vou parando o conto
nesta poema que aquí hai.

----------------------------

martes, 31 de marzo de 2015

Xardín de papel

Debuxo dragóns pequenos,
mesas cun home-dragón,
nunha silla pequeniña,
un neno azucre limón.

Deixo o xornal pintado
co café quente marrón
na taberna onde falan 
dos segredos do amor.

Sego debuxando soños
nas escaleiras que subo
poñéndolle dúas caras
aos mamíferos máis feros.

Collo montañas coa boca
polo outono dos castiñeiros
e voy facendo un xardín
a altura deste tempo.

-----------------

Xardín de papel

Pola rúa camiñando
vou buscando os xardíns
que poñen verde o cemento
e ledicia danme a min.

Sentome nunha solaina
diante da porta do Non,
un alto teito me fala
decindome outro non.

Máis adiante un espello
ponme nome sen querer:
a poeta que aínda soña
cando a primavera ven.

Deixome caer enteira
nun cachiño de papel.
Parece que xa estoy viva
no meu xardín de papel.

-------------------

martes, 17 de marzo de 2015

Verbas ceibes

Sintese dono do mundo
subido os seus zapatos,
é o tei dun bo negocio,
padriño de non sei cantos.

Non o tocan as tristuras
con desacougos que pesan
no peito coma o coitelo
que te mata co puña.

Ten muller, ten namorada.
Ten coche, ten casa grande.
Ten unha meniña loira.
Ten un pai con moitos cartos.

------------------

lunes, 16 de marzo de 2015

Celebracións de poeta

É un bo día para celebracións,
para unha festa,
para cumprir os gustos,
para adornar a vida.

Cubro a miña neve.
Deixo de cavilar.
Corro.

Non quero determe agora
no barullo dos pensamentos.

Fuxo.
Sintome entusiasmada sen saber
onde está a ledicia que non teño.

--------------------

sábado, 7 de marzo de 2015

As poesías de Yolanda Smith

1

Non me namoran as froles
nin os carballos dos montes,
non me sacan o sorriso
os toxos que contan contos.

No meu deserto só hai
silencio i moito enoxo
polo camiño onde ladra
o lobo cando eu soño.

Queren matarme os soños,
quitarme a miña lúa,
esa que sempre alumea
cando as estrelas morren.

Non deixarei o camiño
sen escribir nos balados:
eu son a pintora disto,
eu son a poeta tola.


2

Non me chega esta forza
para loitar cos meus dedos
nun teclado sempre alleo
porque os pobres nada temos.

Somos coma un burato
onde botas i non queda
o millo que tiraches
no hórreo de pao vello.

Tes que volver a prantar
graos poa túa leira
nos regos que ti abriches
coas mans facendo dentes.

Veña adiante, adiante sempre,
que xa sorríen os demos
pensando que es area
na terra onde naceches.

-------------------

miércoles, 4 de marzo de 2015

Poeta pantasma

Voume alonxando da que fun
e achegando a que son:
a poeta que fala pro falar
xogando coas verbas de sempre.

Son o lóstrego apagado
abaneando as follas
onde baduan as letras
que caen polos meus dedos.

Un burato fondo enchen
unha i outra i tantas
letras sen que a ninguén lle importe
este inferno, o meu inferno.

--------------------

jueves, 12 de febrero de 2015

Amor novo

Nos abrazamos marchando pola estrada
dunha tregua ao silencio escrito.
Imos polo mundo medrando
neste amor que sabe a chuvia.

Lonxe, voan os soños.
Preto, o vento vai tolo.

Corremos. Tocamos a utopía
nun bico que sabe a chicle.

Amor novo é o noso,
amor nacido antes de tempo,
amor para sacarnos da adolescencia,
amor que busca unha aperta,
amor nunha onda mística,
amor que ouvea sen acougar.

------------------

Poeta pantasma

Baixo de min i chego
o eu que pechan as chaves.
Aquí estou. Soa. Sempre soa.

Volo a enredar, cavilando,
sen querer falar por falar
neste falar só conmigo.

Estou descubrindo o camiño
noutro horizonte de silencio.
Sinto o frío doendome
nas mans que latexan
coas verbas que van adiviñando
os meus dedos cheos de espellos.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Poeta pantasma

Non teño fronteiras.
Son libre, moi libre
ceibando verbas ceibes
que alimentan o lume.

Xa non esmorrecen as lapas
nas miñas ruinas pequenas.
Xa non teño frío no meu frío.
Xa anto. Xa vivo. Xa estou.

Chego ó embarcadoiro rindo,
rexuvenecida, namorada.
volvo a camiñar entre toxos,
pisando as xestas cos pes
cheos das espiñas do camiño.

Son libre i pinto coas cores
do arco da vella as miñas
verbas ceibes sempre ceibes.

--------------------

Poeta pantasma

Estou sempre a pelexar,
guerreo, perdo, volvo a loitar.
Sigo pelexando, enfrentome a min...

Sinto medo. Vaise o medo.
Xa non me quita o sono
ese medo a destrucción
das follas que poden morrer
nun deserto devorado pola selva.

Brillarei. Erguereime dore min,
sobre os meus restos mornos.
Serei a máis fermosa das poetas
pintada polas miñas verbas.

------------------

miércoles, 21 de enero de 2015

Poemas do Nadal

O Nadal vai rematando,
os Reis xa se nos achegan,
o Neno aínda durme
no pesebre das angurias
con terror e impotencia.

Remexe o boi o millo,
a modiño vai roendo
coa costume que ten
de comer o que lle dan
Baltasar i os compañeiros.

Todo chega, todo acaba.
A Virxe reza i cala.
San Xoxé xa está durmindo.
Os Reis traen agasallos.

----------------------

Depresión

Corrixo os meus pensamentos.
Arquivo recordos. Non paso páxina.
Noto o frío. Moito, moito frío.
Non marcha a miña pena.

Teño a alma desfeita
cando lembro tanta dor
por ti, mamá, por ti sempre.

Non me deixo, non me deixas.
Fágome preguntas. Calo.
Xa non teño forzas neste camiño.
Estou cansa. Mamá. Estou cansa.

---------------------

viernes, 16 de enero de 2015

Depresión

Teño que esquecer, descansar,
deixar polo menos un día
libre do meu cavilar.

Teño que chegar a min,
a que teño moi dentro,
sen présa, pouco a pouco.

Teño que coñecerme ben
para quererme un chisco.

Gostaríame quererme
agora que non me estou
deixando querer.

Gostaríame meterme en min
coma unha peregrina
que fala sempre tola.

------------------

jueves, 8 de enero de 2015

Día de Reis 2015

Chegan os Reis de Oriente
coa súa experiencia
en deixar o que non queres
coma fan os forasteiros.

Fico na cama durmindo
os soños que non convidan
á realidade nunca
cando me chama o día.

Cunha chambra branca chega
Baltasar a miña beira
i con moita cremoña
toca o bombo cun matelo.

Cala, Baltasar, i vaite
que eu non son a bailarina
convidada as túas festas
para recoller propinas.

--------------------

miércoles, 7 de enero de 2015

Amando en verso

Quero deitar os teus soños
nos meus soños sen acougo,
achegarche o meu calor
ao teu frío esta noite.

Dime que aínda agardas
que en che abra outra pora
despois de que eu pechara
a cancela aos recordos.

Hoxe vai ser outro día
se ti aínda estás tolo
por esta que sempre voa
pola xanela dos contos.

------------------

Día de Reyes 2015

Baltasar va repartiendo
los regalos acordados:
para unas las muñecas,
para otros coches grandes.

Gaspar lleva en sus brazos
las pistolas a la casa
del hijo del Coronel
que quiere ser como el padre.

Melchor recorre las calles
tirando más caramelo
en las manos de los críos
que creen en los Tres Reyes.

-------------------

Día de Reyes 2015

Un bonequiño barato
chegou coma agasallo.
A nena colle o canciño
cun sorriso alargado.

Un canciño que non ladra
vai dentro da mesma caixa
para a casa dun neno
que a Baltasar agardaba.
O neno colle o xoguete
i chora porque non ladra.

Un xoguete chega á casa
dos xemelgos da Amparo
i os rapaces o rifan
nun eu quero e ti me sacas.
Os nenos recollen xuntos
os anacos do can bravo.

--------------------

LIBROS