LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 29 de enero de 2010

Eu, a poeta

 Desnudo azul, ca. 1902 Póster
 
 
1
 
Soa como a lúa
na noite sen estrelas.
 
Soa como a porta
que pecha o silencio.
 
Soa sempre soa
estou no universo.
 
 
2
 
Son un verso
sen rematar
no medio da estrofa
que está demáis.
 
Existo, non existo,
estou, non estou
nun vivo ou non vivo
de resposta non.
 
Para min existo,
para os outros... non.
 
 
 
 

miércoles, 20 de enero de 2010

Eu, a poeta

 Corazón y alma Lámina
 
 
1
 
Non me faledes
dos anos que xogaba
coas bonecas,
dos soños que fuxiron,
do que lembro.
 
Eu quero unha fiestra
aberta sempre
á hora veciña
que se achega.
 
¡O presente!
 
Iso, só iso quero.
 
¡Un intre só!
 
 
2
 
Mañán será hoxe
i hoxe onte
i onte antonte
i adeús adeús.
 
¡Qué axiña morren
os días vividos!
 
Ola y adeús.
 
 
 

LIBROS