LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 24 de julio de 2008

Baixo o signo de Caín

Vou andando e atrás levo
ó Caín cunha maleta
sempre chea de tristuras,
sen oco para unha festa.
 
Marcha, Caín, e non volvas,
marcha por onde viñeches,
eu a ti non te preciso
para estreitar carreiros.
 
Caín segueme amodo
polas rúas do deserto
co sorriso do que ríe
cando caes e non erges.
 
Marcha, Caín, a otro lado
onde precisen un demo
para poñerlle un freo
a ledicia que os enche.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

jueves, 10 de julio de 2008

Co demo na porta

Abro a porta e estou no inferno,
pecho a porta e nel sego
co corazón bate bate
o medo co sofremento.
 
Querenme matar en vida,
seganme as ás que ceibo,
poñen balados de pedras
dende o chan ata o teito.
 
Os fillos do demo son
ises que vivir non deixan,
sempre a carón da porta,
sempre vixiando as cadeas.
 
Xa non podo coa loita,
estou cansa dista guerra,
as miñas mans están brancas
como a neve sobre a terra.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

lunes, 7 de julio de 2008

Baixo o signo de Caín

O meu carón segue él,
o Caín que non me deixa,
sempre cunha vela acesa
poñendo lume nas tellas.

Abrolle a porta e non marcha,
fica aquí a miña beira
con olliños que me visten
o fracaso para sempre.

O traxe quedame curto,
tan curto como unha media
da que queren facer tela
para pernas que aínda medran.

Vou espida polo mundo
amosando verbas ceibes,
verbas que saen do cárcere
no que o Caín me mete.

martes, 1 de julio de 2008

Co demo na porta

¡Libertade!
Berro libertade nesta liña.
Berro libertade neste rego.
Berro libertade folla a folla.
Berro libertade e estou morrendo.
 
¡Libertade!
¿Onde estás neste inferno?
¿Onde escondes o teu corpo?
¿Onde paseas sin verme?
 
¡Libertade!
Ven a min en non me deixes.
Ven a cortarme as cadeas.
Ven a salvarme dos demos.
Ven a levarme do inferno.



Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.

LIBROS