LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 29 de diciembre de 2007

Pisando forte

Fuxiches, amor,
como fuxiron
os que me amaron
ata o delirio.
 
Todos bicaron
a poesía
e alarmaronse
coa prosa escrita.
 
Fuxiches ó saber
que teño prosa.
 
¡Meu probe!
 
Eu son verso e prosa,
un rego que non rima,
unha rima que chora,
un choro sen un pano,
un pano nunca enxoito.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Nadal 2007, 1

Todos van tras a estrela
que atopan i eu non atopo.

¿Onde está isa estrela?
¿Onde o corpo esconde?

Corro tras os que me adiantan
e chego diante de todos.
Alí está o Meniño
espido de todo luxo.

Eu fico ollando o Neno,
os outros camiños corren
mercando en cada tenda
anacos de Noiteboa.

Eu xa non merco anacos
envoltos en papel ouro.

Eu xa non quero consumos.

Eu xa non quero máis luxos.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Pisando forte

Vou pisando forte
todos os infernos.
Para atrás hai nada,
para adiante hai menos.
 
Pero eu cara adiante,
cara adiante sempre,
vou pisando forte
co alento quente.
 
Que Deus non me diga
o que eu non quero
nin faga promesas
nas que xa non creo.
 
Vaite, Deus, e deixame
no camiño ateo.
 
Vaite, Deus, cos outros,
cos que axudas sempre.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 4 de diciembre de 2007

Pisando forte

Abaixo non es nada
arriba es princesa
veñen a adorarte
como a unha estrela.
 
Chamanche raíña
dinche que te queren
pero se ti caes
caida ti quedas.
 
Fuxe o namorado
coma se o demo
viñera a buscalo
para outra estrela.
 
Vaite e non volvas
fuxe desta leira
para ti non hai
bicos na colleita.
 
Despois dos xaneiros
veñen os setembros
enchendo os hórreos
que estaban baleiros.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Non te apoio.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non do agasallo
i do sí que roubas.
 
Subirei ó monte
i de alí as nubes,
das nubes caerei
en chuvia de outono.
 
Eu serei o abono
da colleita morta
antes da semente
destes meus sudores.
 
Non me apoias.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non que recollo
nun eu sí me apoio.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 30 de noviembre de 2007

Amor ceibe

Un río nos separa
en dúas veiras.
 
Eu na primaveira
peiteando días
con soños de verán
lonxe do outono
no que ti estás.
 
¿É posible amar
atando novembro
a risas de San Xoán?
 
Todo é posible
se se quere amar,
ata cruzar ríos
que son coma o mar.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 27 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Para abaixo din que caes
cun sorriso piadoso.
Para arriba din non subas
amosando os dentes todos.
 
Rezan rosarios cos dentes
por cada paso que subes
e cando o camiño deixas
dinche aquí ti xa sobras.
 
Tampouco fai falta Deus
se lle preguntan a moitos
i Deus fixo unha casa
para acollernos a todos.
 
Homes, mulleres e nenos,
mozos, vellos e máis novos
ricos con moitos billetes
e probes no Ceo collen.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

A fame nos dentes,
a rabia na boca,
os ollos ardendo,
as mans dando a volta.
 
¿Quén é o que se atreve
a chamar á porta
pedindo os papeis?
 
Eu non os preciso
para hoxe comer:
se non hai non como,
se hai comerei.
 
¿Quén é o que se atreve
a pedir carnés
co nome escrito
sobre o papel?
 
O nome no escribo
en ningún papel
levoo escrito
nestas mans que ves.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 15 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

¿A qué vides
se non falo?
Vos rezades padrenuestros
que non podo respostaros
con unha avemaría
sempre libre de pecado.
 
¿A qué vides
se non teño
cartos para contentaros?
Pedides con oracións
uns milagres que non fago.
 
¿A qué vides
a encher
o camposanto de bágoas?
Deixadesme o corazón
de bágoas anegado.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

Fun unha estrela esquencida
nun ceo cheo de estrelas
i quero que isto quede
pintado sobre unha pedra.
 
Eu era a estrela poeta
a que pintaba as verbas
acochando o meu nome
nun leito de follas feito.
 
Ali deixo a miña alma
vivindo en cada verso
dos poemas que navegan
ceibes pola mar da Rede.
 
Que a SGAE non vos cobre
no meu nome os poemas.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Pisando forte

Teño que poder
erger a torre
chegar arriba
erger o brazo
decir nun berro
eu era ela
a que escribía
en prosa e verso.
 
Eu era ela
a que choraba
en cada poema
as bágoas mortas
en ferro quente.
 
Eu era ela
a que espallaba
verbas no vento
para que a mar
fora o seu berce.
 
Eu era sempre,
sempre a poeta.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 6 de noviembre de 2007

Pisando forte

Regreso con forza
sen Caín na mente
se quero eu podo
se podo eu quero.
 
I quero un posto
con sitio no Ceo
coma teñen outros
que o merecen menos.
 
Non vou a pedilo
con fame nos dentes
pedir é baixeza
e baixezas non quero.
 
Eu irei coa testa
ergida ó vento
cravando os tacóns
en todas as terras.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 31 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Quero fuxir
de todos os pasados
poñer a terra enteira
de eterna distancia.
 
Non, que non volvan
os tempos que pasaron
non quero aquela chuvia
sen sol para secala.
 
Os anos que se foron
que sigan a viaxe
lonxe do camiño
que queda para adiante.
 
Quero fuxir
das follas xa escritas
para escribir as novas
orfas de letra escrita.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 30 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

O pasado volta
e eu non quero
páxinas lidas
noutros tempos.
 
O pasado volta
xa máis vello
pero idéntico.
 
O pasado volta
e eu sinto a ferida
aínda aberta.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 26 de octubre de 2007

Amor ceibe

Ceibe é o amor que sinto
sen unha data nin un vestido
sen un reloxo para unha cita
xogando co azar
no tableiro do destino.
 
Fico nunha peza de xadrez
na raíña branca que ti ves
e o amor xira no cadriño
do gañas ti e gaño eu.
 
¿Qué importan os peóns i o rei?
¿Qué importa a que leva anel?
Só importa iste amor que sentimos
iste amor teu
iste amor meu.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

miércoles, 24 de octubre de 2007

Amor ceibe

Recito os meus poemas
pensando en ti
pensando que me oes dende lonxe
pensando nun eco que che leve
as verbas que eu pinto
cando o serán xa morre.
 
Recito os meus poemas
na Torre de Babel que une
unha lingua con outra
sentindo o teu esforzo
por entender estrofas.
 
Recito os meus poemas
sentindo que ti sintes
as miñas verbas túas
en iste barco ceibe
navegando as distancias do vento
navegando as distancias do idioma.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 23 de octubre de 2007

Amor ceibe

Non, amor, as Maldivas non.
Non me imaxino turista
nin casada no Cancún.


Só me imaxino ceibe como o amor.

Ceibe como iste amor que sinto hoxe
correspondido no mesmo ceibe amor.


¿Para que ir as Maldivas a vivir
o amor que se ceiba neste Atlántico
a golpe de @ e de contacto?


Istas ondas nas troco eu por nada
nin por París nin por unha góndola
na Venecia das pombas e dos amantes
que bican o anel recién mercado.


Eu bico o amor recién ceibado
ceibome pecando namorada
sen pedir perdón
polo amor roubado.

jueves, 18 de octubre de 2007

Amor ceibe

Ceibamos o amor
carta a carta
rachando follas
polos pecados.

Deixeime ir
na onda do amor
deitada no naufraxio
do barco da razón.

Biqueite na distancia
como a unha personaxe
fillo dunha pluma
e amante da cama.

Sentinme abrazada
nunha apreta salvaxe
respostei e resposto
en versos adicados
a ti, querido muso,
pra ti, meu benamado.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 16 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Un amor pantasma
rondame as mañáns
pola noite cala
máis polo serán.
 
¿Quén es, meu pantasma?
¿Qué camiños andas?
Dime moi baixiño
o que te namora.
 
¿Quedas coa poeta
ou chegas á moza?
Dime ti, meu rei,
qué en min ti atopas.
 
Un home pantasma
achegase a min.
 
Dime moi baixiño
se ti es aquel
que se achegaba
os xoves tamén.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

lunes, 15 de octubre de 2007

Baixo o signo de Caín

O signo é unha crus
¡horror!
da medo
porque sabelo fin
e non queres sabelo.

Unha crus é o signo
con Caín
reinando
sobre o vivir cotidián
de fracaso en fracaso.

¡Maldito Caín!
¡Maldito fracaso!
eu non quero o signo
ergome de min
en outro eu novo
e soño
soia
¡sí!... aínda soño.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 9 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Non sei por qué escribo
pensando en ti.
Non sei por qué inspiras
versos para ti.
 
Puxecheste diante
vin a outro en ti
aindo o vexo
ulindo a ti.
 
Non sei por qué amo
pensando en ti.
Non sei por qué canto
cancións para ti.
 
Puxecheste a tiro
de unha gaivota
que ama e odia
según o que atopa.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

viernes, 5 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Xa estou eiqui
de novo
de vello tamén
fun para Madrid
e nada atopei.
 
Botáronme fora
polo meu idioma
de aqueles premios
que premian a outros
por poñer vestidos
á moda dos gustos
cun punto o revés
o dreito outro punto.
 
Eu ía vestida
o dreito en todo
cunha soa pluma
pero non quiseron
premiar á gaivota.
 
Quiseron e queren
as pombas que pían
baixiño en galego
pra non ser oídas.
 
Quiseron aquelas
do punto ó revés
castelán ó dreito
galego o revés.
 
A miña gaivota
non ten un revés
pía en galego
e chora tamén.
 
Non, non quero pombas
co idioma ó revés
quedo coa gaivota
do punto sin revés.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

jueves, 4 de octubre de 2007

Baixo o signo de Caín

Sobir e non baixar...
¡é tan difícil!
sobir sobes a poucos
baixar baixas seguido.

Para arriba Deus axuda
para abaixo xa te tiran
despertas outra vez
coa maldición do signo.

Caín fixo outro estrago
¿qué fixen eu pra isto?
Non sei o meu pecado
só sei o meu castigo.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

miércoles, 3 de octubre de 2007

Baixo o signo de Caín

Non me digas que non
non mo digas
deixame a Fe de salvavidas
necesito a Deus para reñirllle
pra reclamarlle o meu destino
outro destino
ten que habelo
lonxe daquelo
preto disto
que coma un río vai indo
cara a mar nai de augas
que abre unha apreta
cun sorriso de mediodía.

Deixame crer
en ise Deus
e nese Cristo.

Deixame crer no loureiro
na carreira aberta pra min
na porta última sen pecho
antes da derradeira porta.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 2 de octubre de 2007

Segue a festa

Sempre ti ergendo torres.
Sempre eu soñando contos.

Ti fas pedra poesía
eu poesía con froles.

Misturamos letra é número
enriba das túas torres
eu poño as persoaxes
ti na Raíña atópasme.

¿E se bailamos, meu Rei?
¿Bailará todo o mundo?
Se non bailan tanto ten
nos bailamos polas rúas.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

miércoles, 26 de septiembre de 2007

Segue a festa

Mirasme no microscopio
buscasme nos meus escritos
atopas en cada liña
un rego de poesía.

¿Onde estou, miña Mariña?
¿Onde están istes amores?
¿Onde pintaches o cadro?
¿Onde escondes o nome?

Estou onde ti me atopas
caendo polas estrofas
chegando á prosa rosa
ca ti tanto te namora.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

miércoles, 19 de septiembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Cando choran os versos
ladra a poeta
chove na horta
morre o veneno.

A prosa é un incendio
cando choran os versos
as bágoas van de rima
o pano de bandeira.

Eu morro pouco a pouco
nacendo noutra leira
cando choran os versos
a mar xa me achego.

¡Qué ledicia!
¡Son libre!
o fin libre
cando choran os versos.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

viernes, 24 de agosto de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

 
O almanaque ten unha data
de número par que me espanta.
 
Vexo no dous a soidade
no catro vexo catro fracasos:
tres xa nos lembro
pero o último
sí que o lembro.
 
Non, non quero máis fracasos
nin máis intentos
nin siquera soños
que alumeen
ledicia que remata tan cedo.
 
Quero esquencer hoxe o día
fuxir en cada tic tac
lonxe
preto
pero lonxe de todos.
 
Quero esquencer un vintecatro
que soa a martelada
e sabe a soidade.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

lunes, 6 de agosto de 2007

Segue a festa

Torre de Hércules, La Coruña - La Coruña, La Coruña, Galicia
 
Segue a festa, meu Hércules,
voltaches hoxe de novo
viñas con distinto traxe
cubrindo o mesmo corpo.

A túa Mariña estaba
agardando a tua volta
abriuche os brazos de novo
bicoute coma antonte.

Ti dis que xa es outro
non, meu muso, ti es él
sempre Hércules ti foches
sempre Hércules ti es.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

miércoles, 1 de agosto de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Devesa de Chacín en Mazaricos
 
San Valentín no almanaque
no Corte Inglés don diñeiro
no meu corazón eu sinto
o amor que che profeso.

Hoxe é un día coma outros
co Cupido polo medio
xogando cunha flechiña
coma un neno travieso.

Iste Cupido anda tolo
¿por qué une corazóns
onde a cabeza di non?

San Valentín bota froles
nos poñemos o amor.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

viernes, 27 de julio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 33

 A VIDA SEGUE
 
 Uxío está moi contento en Palma. Gaña máis cartos que no Vaticano e ten mellor clima, pero eu sego rezando por un bispado para A Coruña. Non quero morrer sen ver unha catedral nesta cidade miña co meu fillo de bispo.
 
 Tampoco quero morrer antes de que a miña sobriña Eva sexa unha pintora recoñecida. Eva a Picassa ten que chegar a algo se é certo que Deus existe.
 
 -Denise separouse, duquesa.
 -Pois vou a darlle o pésame, meu neno.
 -Chega tarde, duquesa. Xa marchou.
 -¿Deixoulle a casa ó carniceiro?
 -Sí, duquesa, máis unha filla que está namorada do padrastro.
 
 ¡Valgame Deus! ¡Coma está o mundiño! Teño que seguir rezando para que don Bieito se apiade da Coruña e nos mande un bispo. Hai moitos pecados.
 
 -¿Vai a sair, duquesa?
 -Sí, meu neno.
 -Non saia con ise home.
 
 O meu asistento sempre me pide que non saia co conde de Talavera, pero eu non lle fago caso. Estou namorada, carallo.
 
 Cando chego a Riazor, o meu conde está tomando o sol. Deitome o seu lado, bicoo e digolle co amo. Todos me miran abraiados. algunha vella santiguase.
 
 -¿Cántos anos tera?
 -Ten corpo de trinta anos, pero a cara...
 
 Que falen. A min ninguén me rouba esta ledicia dun amor de verán.
 
 O meu asistento Pepe volve a sair con Denise. Eu digolle sempre que teña tino, pero o amor é o demo: a cabeza vai polo carreiro dreito e o corazón botase ó monte.
 
 Mira a miña sobriña Eva, alí está paseando co de Vigo. Fan boa parella: xóvenes, guapos i con futuro. Eva, se Deus quere, a chegar a algo cos seus cadros.
 
 -¿En qué piensas, Clotilde?
 -Penso no amor.
 
 O conde de Talavera colle a miña man dreita entre as súas e bica o anel que me puxo o meu duque de alianza diante do crego que nos casou. O duque de Monte Loureiro nunca me bicou o anel. Non era de moitos bicos o condeado; por iso me namora iste rapaz: polo moito que bica.
 
 -¿Sigues con novio, Clotilde?
 -¡Rosita! ¿Soubeches co meu Uxío foi nomeado bispo auxiliar de Palma?
 -El Papa perdió la cabeza: nombra obispos con pecado original.
 -Ti tampouco estás libre do pecado orixinal, Rosita: es filla de Eva i Adán coma todos nos.
 -Me refería a tu pecado carnal con ese hombre.
 -Iste home é o conde Talavera, carallo. ¿Non lle ves maneiras de aristócrata?
 
 Se non llas vía, non quixo verllas. Rosita colleu os seus netos da man e marchou da praia para alonxarse dos pecadores. Ela é moi perfecta.
 
 -Empieza a llover, Clotilde. Piensa un deseo y se cumplirá.
 
 Parvadas. ¿Por qué se ía a cumprir un desexo baixo a chuvia? O conde de Talavera volveume a bicar i eu desexei con todo o meu corazón que Eviña chegue a ser a mellor pintora do mundo e leve o nome de Galicia ata Hollywood.
 
 Despois dise desexo sa non escribo máis verbas. Agora toca ceibalas, toca co meu desexo se cumpla, toca que Eva atope o seu sitio niste mundo inxusto.
 
Sofía L.
Yolanda Smith



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

jueves, 26 de julio de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Dama del siglo 17 pintada por Van Dyck.
 
¿Volver?
¿pra qué?
morreu o verán
antonte o outono
voltou a nacer.

¿Volver?
¿a qué?...
de novos hai meta
de vellos paciencia
cortada en pequeno
só queda o inverno.

¿Volver?
¿nos volver?
voltar nun recordo
rachado o retrato
cos anos no corpo
soñar é perder.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 24 de julio de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

DSC05683
 
Son pantasma trovadora
poeta do tempo morto
cando se achega a lúa
paseo polas estrofas.

Paseniño vou andando
dunha letra paso a outra
da dreita a esquerda
do faiado paso ó sótano.

Deteñome no espello
pra contemplalo reloxo
non pasa da media hora
nin chega atá o outono.

O verán da primaveira
resplandece pelo loiro
coma espiga de bo trigo
que aguanta ben a chuvia.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

viernes, 20 de julio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 32

 A CASA DO BISPO
 
 O meu fillo vai a vivir nunha casa da parroquia. Mudouse o mesmo día da misa nova na catedral de Palma.
 
 -Xa está amoeblada, mamá.
 -Ten uns mobles ben raros, meu neno. Ista mesa, por exemplo, parece que a fixo o demo.
 -Habla bien, mamá.
 -É unha mesa diseñada por Dali, tía -explicoume a miña sobriña.
 -¡Valgame Deus! Erge unha patiña coma un can. Non, meu neno, eu en ista mesa non como.
 
 Fumos pra outra sala e aínda era peor. A mesa agora tiña patas de galiña.
 
 -Poñemos o mantel e non hai problema, duquesa -dixo o meu asistento.
 
 O mantel non tapaba aqueles peiños de galiña. Fun para a cociña é ali as cadeiras remataban nuns pes con tacóns. Senteime. Eranche ben cómodas.
 
 -¿Viches o futbolín que mercou Uxío, tía?
 
 O meu fillo é un forofo do fútbol. Na súa habitación tiña o futbolín máis grande que eu vir ana miña vida.
 
 Estabamos rematando de cear cando chegou Alexandre.
 
 -¿Era ista a sorpresa que nos tiñas preparada, fillo?
 -Este hombre financia la rehabilitación de las catedrales españolas, mamá.
 -Non será cos meus cartos. Xa lle din para o Cinema Paxariño i foi unha ruina.
 -De eso nada, duquesa. Los de Hollywood nos compraron los derechos de nuestra primera película.
 
 A Alexandre encantoulle a casa do meu fillo bispo. Cria rodar a nova películo do Cinema Paxariño alí, pero o meu Uxío negouse.
 
 -Os bispos debemos dar exemplo i non caer en cousas mundanas.
 -Si se la dejas ver a los turistas ganas una pasta, Uxío. Pones el cepillo en la entrada y te lo llenan.
 -Ti non distinges a casa dun bispo da dun probe, carallo. Cala un pouco e deixame falar a min: ¿vaste casar con Eva?
 -Su sobrina no se quiere casar conmigo, duquesa.
 -Ti di se te queres casar ti.
 -¿Y usted? ¿Se va a casar con su novio joven?
 
 Xa me esquencera do conde de Talavera. Moi malo é o mundo, carallo; non che perdoan ningún pecado. Por iso ten que existir Deus. Se non existira íamos todos para o inferno a darlle traballo o demo.
 
 Eva estivo toda a noite calada. Alexandre falaba dos seus investimentos e ela calaba.
 
 -Está botando contas, duquesa -dixo o meu asistento-. A súa sobriña quere a Alexandre, pero ten medo que non sexa rico dabondo.
 -É ben máis rico cos outros noivos que tivo.
 
 Hoxe pola mañán Eviña contoume as súas cavilacións.
 
 -Alexandre quereme por interés, tía. Gostolle, pero máis lle gosto por ser curmán dun bispo i sobriña túa, que por ser eu.
 
 Eviña é moi boa nena, moi inocente. ¿E logo pensa co amor existe sen condimentos? Un caramelo gosta, pero máis gosta se tes a carteira chea de cartos para mercar outro.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 17 de julio de 2007

Baixo o signo de Caín

baMontesdeoca
 
Unha carreira con meta.
Un camiño polo campo.
Un carreiro que se perde.
Unha perdedora nata.

Misturase todo isto
e eu non sei o que sae.

A botella enche as veces
outras veces vaise abaixo.

Para arriba son estrela
para abaixo estrelada
Caín queda polo medio
botándome un meigallo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 13 de julio de 2007

Baixo o signo de Caín

 
Baixo o signo de Caín
outra vez...
él foi a estrela que vin
él foi a lus do cándil
él foi a vela encendida.

¡Nunca máis!
Nunca máis unha estrela
seguirei, crendo nela
cando haxa lus no ceo
non irei eu cara ela.

Baixo o signo de Caín
de novo...
xa non loito por vencelo
sei cas portas teñen pecho
sei que eu chave non teño
sei co fracaso me agarda
sei que son probe poeta.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 12 de julio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 31

 O DÍA GRANDE
 
 Finalmente chegou o día da misa nova do meu fillo bispo. Puxen unha mantilla española con peineta de tella e ala funme co meu asistento Pepe maila miña sobriña Eva.
 
 -Ten coidado co vestido, tía. Non vaias pisar a tela cando vaias comulgar.
 -Ti reza por min, miña nena, i todo irá ben.
 
 Moi ben falou o meu Uxío. Botou un discurso sobre a familia que me viñeron gañas de ter catro fillos máis. Deus mandanos multiplicarnos para que haxa xente na Terra, decía.
 
 Detrás de nos, un neno dixolle á nai que cria ser crego.
 
 -Se gana muy poco dinero, cariño. Los curas son pobres.
 -Pero todo el mundo les da dinero.
 
 Os cativos son moi listos de Dios. Ven nacer os cartos.
 
 Cando rematou a misa, un cardenal enviado polo Papa veu a darme unha aperta. Biqueille o anel e dinlle as grazas no meu nome máis no nome do meu difunto.
 
 -O duque de Monte Loureiro está no Ceo con Deus.
 -Vostede tamén ten ben gañado o Ceo, duquesa.
 -¿De onde é vostede?
 -Sonlle de Viveiro.
 -Moitos galegos hai nas Illas Baleares istes días.
 -Vimos ó nomeamento de don Uxío coma bispo.
 
 Aproveitei para pedirlle un bispado para A Coruña.
 
 -Digallo a don Bieito, monseñor. Na Coruña precisamos un bispado máis unha catedral.
 
 Prometeume decirllo cando o vira. O Papa é un home moi ocupado. Ten que rezar por todolos pecadores.
 
 Fumos a xantar nun restaurante que só poñía sobrasada máis ensaimada.
 
 -Eu preciso outro menú.
 -Tenemos pescados variados, mariscos, guisos, sopa de verduras y postres realizados por un repostero de reconocido prestigio internacional -dixo o camareiro.
 -Para min trae unha ración de todo iso. Pagan os feligreses do bispo.
 
 O meu Uxío empezou a protestar. Saiu tan tacaño como o pai. O duque de Monte Loureiro endexamáis me levou a comer fóra. Decía que polo que gastabamos un día fóra, comíamos toda a semán na casa.
 
 Non lle fixen caso. Empecei a comer a caldereta de langosta. ¡Qué rica! Aquela sí que era vida.
 
 -Ti come, mamá, que eu non teño cartos para pagar o que comes.
 
 Mollei o pan payés na salsa das langostas e dixenlle que calara.
 
 -¿Queres provocarme un corte de dixestión, carallo?
 
 Rematei o xantar cun queixo amarelo que non estaba nada mal.
 
 -É queixo de Mahón -dixo a miña sobriña.
 -De onde sexa, nena. Estache ben bo. Garda iste anaquiño no teu bolso para a cea.
 -¡Prohiboche roubar! -berrou Uxío
 -Levo iste queixo enteiro tamén. Cando cene rezarei a penitencia que me poñas.
 
 Os cartos para pagar o xantar puxoos o crego Jordi. Deus sempre manda unha solución dende arriba para que os xefes da Igrexa na terra non pasen fame.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

lunes, 9 de julio de 2007

Gaivota namorada

Punta de Lens - Muros
 
Son unha onda
da terra ó ceo
cando ti chegas
na mar eu quedo.

Fico na area
e nun miragre
saen al plumas
cantarruxando.

Cantoche a ti,
meu namorado,
son a gaivota
ca ti te ama.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 5 de julio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 30

ENTRE A LÚA E UNHA LUMERADA

Cando chegou o momento da lumerada eu dormía. A miña sobriña sacudiume, pero non quisen despertar e non despertei.

-Deixaa dormir, Eva, que así quedan máis xardiñas pra nos -dixolle Uxío.

Eva obedeceu e deixoume dormir.

A min as xardiñas nunca me gostaron. Teñen moitas espiñas. Ademáis aquelas xardiñas non eran como as da miña terra. Olían máis a xurelos que a xardiñas.

Televisión non temos, pero radios sobrannos. En cada habitación hai dúas. Enchufei unha e escoitei as noticias.

-Dentro de cinco días se pondrá en órbitra el primer sátelite gallego. Lo financian los empresarios de la Comunidad Autónoma. Vamos a enrevistar a uno de ellos. Buenas noches, Alexandre...

Tireime da cama e corrin á cociña. Non había ninguén. Saín en camisón á horta para decirlles que Alexandre ía á lúa.

-¡Mamá!

O meu fillo tirouse no chan.

-¿Morreches, carallo? -sacudino-. Botalle ise viño enriba, Eviña.

O viño estaba quente. Dinlle un couce nas costas e empezou a berrar.

-Resucita, carallo, que non podes morrer antes de tomar posesión coma bispo.

-Mi madre en camisón delante de los vecinos del cura Jordi. ¿Qué habré hecho yo para merecer esto?
-¿I qué fixen eu para merecer un fillo parvo? ¿Sabedes a onde vai Alexandre? ¡A lúa! Dixeronno na Radio Nacional.
-¿Tes fiebre, tía? A pomada de San Joan que che dou Jordi era moi forte para ti.
-Só era unha limoada con unha pocua xinebra -excusouse Jordi-. Miña nai toma un par de vasos coa comida e non lle da fiebre.
-Tome iste té indio, duquesa -ofereceume unha rapaza con aire hippy-. O chai fai milagres nos corpos.
-¿De onde es ti, miña nena?

Resultou ser parente do meu asistento Pepe. O avó do meu asistento máis o avó da rapaza eran irmáns.

-Eu vivo en Ibiza. Nunca estiven en Monte Loureiro. O meu avó emigrou a Arxentina antes da guerra.
-Pois tes que coñecer a terra do teu avó. Estás convidada a Monte Loureiro.
-Grazas, duquesa, pero ata novembro non podo ir. Ando moi ocupada co negocio das abarcas.

Contoume que vendía abarcas no mercadillo das Dalias.

-¿Aínda non ten unhas abarcas, duquesa? Poña istas miñas.
-¡Non! Trocanse as sortes, e eu quero a miña sorte, o meu destino. Uxío vai ser bispo auxiliar de Palma.

Gabriela, que así se chamaba a moza, volveu a calzar as sandalias menorquinas. Dixo que ela tampouco cria trocar a súa sorte pola miña. Tiña un neno de tres anos que por nada do mundo cria que fora bispo.

-Eu son laica, duquesa.
-¿Qué relixión é isa?
-A do dreito natural.

Non preguntei máis. A relixión do dreito natural non ten bispos i non me interesa. O meu Uxío traiame unha bata. Deixeime vestir. Despois de todo ten razón o decir ca nai do bispo non pode sair da casa en camisón.

miércoles, 4 de julio de 2007

Gaivota namorada

 
Mi Reina me llamas.
Yo sin corona
sin reino
sólo con un boli
y un verso suelto.

Vas namorandome
xa vou querendorte
deixome amar
no meu deserto.

Mi Reina me llamas
y quiero ser Reina
barrer el mundo
en un silencio
sólos tú y yo
y el firmamento.

Meu namorado
abres as fiestras
entran as froles
en puro inverno
fas de xaneiro
o meu setembro.

Mi Reina me llamas.
Raíña sintome
cando me chamas
mi Reina, amor.
Tú eres mi ángel,
anxo da garda.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 2 de julio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 29

 AS MELLORES FESTAS DE SAN XOAN DA MIÑA VIDA
 
 Fumos a pasar o San Xoan a Ciudadella na casa dos pais de Jordi.
 
 -Non é moi grande, duquesa.
 -Chega ben, meu neno. En Monte Loureiro hai casas peores.
 -É unha casa ecolóxica -explicou o crego Jordi-. Non temos auga quente nen televisión.
 -Non fai falla. A auga fría heche ben mellor ca quente.
 -Pero a televisión fai falla, tía. Non podemos estar sen saber o que pasa no mundo.
 
 A miña sobriña preocupanlle moito as vidas alleas de lonxe. Sabe cantas guerras hai no mundo coma se estivera na súa man decretar un alto o lume.
 
 -¿Vas vir connosco ás evanxelizacións, mamá?
 
 Mirei o meu fillo abraiada. Falaba coma o Noso Señor Xesús. Non parecía meu fillo.
 
 -Eu negome a evanxelizar á xente. Son pintora.
 -As mulleres temos que participar nas cousas da Igrexa, Eviña. Pon o vestido novo e ven connosco. Se non falas miras.
 
 O crego Jordi levounos a un campo cheo de cabalos. ¡Cómo brincaban! En Monte Loureiro non brincan así.
 
 -Vanse matar, tía.
 -Abofé que tes razón, miña nena. Mira aqueles dous tolos como se abrazan dende os cabalos.
 -Voulle a decir que Deus dixo "non vos matedes".
 
 Eviña botou a correr cara eles. Berraballe, pero eles non obedecían.
 
 -Ten que deixar que se maten, duquesa -dixo o meu asistento Pepe-, é a votade de Deus.
 
 ¿Será Desu tan ruin para querer ca xente morra facendo circo nuns cabalos brincadores? Puxenme a rezar todo o que sabía máis algunha oración que inventei co medo.
 
 -¿Qué fai a miña curmán?
 -¿Qué vai facer, Uxío? Evanxelizar os tolos dos cabalos. ¿Non ves que están incumprindo o quinto mandamiento?
 -Vos si que estades tolas. Os xinetes están xogando a correr abraçats.
 -Xogan ca morte, fillo, e hai que impedirllo ca ley de Deus na man.
 -Son xogos, mamá. Están celebrando o Día des Be.
 
 O meu fillo xa fala catalán-mallorquín. Vai se un bo bispo. O que non me gosta nadiña de crego é o Jordi. Non ten madeira santa, carallo. Sabe máis de festas que de doutrina.
 
 -Mañán voltamos o Jaleo de San Juan, duquesa -prometeume ó chegar á casa-. Quedan o Dissabte de Sant Joan e o día de Sant Joan.
 -Non sei se o meu corazón resistirá ver outra vez ós tolos dos cabalos.
 -Verá como acaban gostandolle, duquesa. Tome iste gin con limoada.
 
 Cando rematei o vaso tiven que sentarme. Carallo pra xinebra menorquina; heche ben máis forte ca que mercamos en Galicia.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

sábado, 30 de junio de 2007

Baixo o signo de Caín

Esculturas.jpg
 
Unha estrela chega
hoxe a miña vida
non quero tocala
pero sí sentila.

Soñarei un pouco
sen perdelo tino
esta miña estrela
ven orfa do signo.

Doulle unha aperta
de crente sumisa
baixo sete chaves
gardo a rebeldía.

Deixame crer
ca estrela é miña.
Deixame sentila
sen ser pesimista.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 28 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 28

 EN PALMA
 
 Levo catro días nas Baleares. O meu Uxío está moi ocupado preparando a súa primeira homilía coma bispo. Aloxaxe nun mosteiro de homes. Eu estou aloxada nun hoteliño moi acolledor de Palma coa miña sobriña Eva mías o meu asistento Pepe.
 
 -Vouche a poñer un acompañante de confianza, mamá -dixome o meu Uxío-. Don Jordi é un dos meus compañeiros do Vaticano.
 -Como queiras, fillo.
 
 Aceptei o acompañante para que estivera tranquilo, pero maldita gracia me fai levar un crego de paseo.
 
 Empecei a atoparlle a gracia cando coñecin a don Jordi.
 
 -Llamame Jordi, Clotilde.
 -¿Eres cura de verdad? -pregunteille. Aquel rapaz de pantalóns vaqueiros á moda e camisa a cadros, non tiña pintas de crego.
 
 -Pode falarme en galego, duquesa. O meu pai é de Xinzo de Limia.
 -¿Non me digas?
 -Sí, duquesa. Mamá é catalana.
 -¿E ti qué es?
 -Son mallorquín.
 
 Contoume que de neno pasaba as vacacións de vrán en Ciudadella. Alí fixose mallorquín.
 
 -Ciudadela está en Menorca -interrupiuno a miña sobriña.
 
 Eva non ten remedio. Quitalle a ledicia ata os pastores da Santa Nai Igrexa. ¿Qué máis da se Ciudadela está nunha illa ou noutra?
 -En Menorca sintome mallorquín.
 -Así se fala, meu neno. En en Mallorca sego sentindome galega, pero de diferente maneira: son unha galega con morriña. Os mares de Galicia si que son mares. ¿Sabes cal é a mellor praia do mundo? A de Riazor. Non hai Caribe que lle gañe.
 -¿Qué vai a decir vostede, duquesa?
 -Digoche o que di ata Deus: non hai emllor praia ca de Riazor.
 -Non blasfemes, tía.
 -Eviña, ¿por qué non buscas un mozo mallorquín? Xa vou cansa de aturar as túas parvadas.
 
 Non me fixo caso, pero polo menos ágora adicase a facer turismo e deixame en paz.
 
 Eu tamén fago turismo co crego Jordi. Onte fumos nun barquiño a Formentera.
 
 -Quero que coñeza a praia máis sexy do mundo, duquesa.
 
 Tremaronme as pernas. Aquel home levabame a unha praia nudista. Eu son moderna, pero non tan moderna como para tomar o sol espida.
 
 -A mín gostame moito máis ca praia de Molokai, en Hawai. Mire a auga, duquesa. Podese beber do limpa que está.
 -Pois bebea ti, carallo.
 -Non se enoxe, duquesa, que aínda é pola mañán.
 
 Deixeino alí prantado coma un nabo. A min as praias nudistas non me gostan. Se él cria ver ás suecas espidas, que non se privara.
 
 Voltei no barquiño para Palma.
 
 -¿Ya regresa, señora?
 -Esquencin a toalla no hotel.
 -No la entiendo -respostou o que vendía billetes.
 
 Calei. Non había nada que entender. Tampouco había nada que contar.
 



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 26 de junio de 2007

Baixo o signo de Caín

Mujer de espaldas
 
¿Onde?
¿Onde está o camiño?
¿Onde non hai espiñas?
¿Onde serei libre?

Non quero estrelas
nin a Caín no signo
quero libertades
quero ser máis libre.

¿Onde?
¿Onde Ti te atopas?
Dimo, Deus, Ti dimo
temos que falar
deste meu destiño.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 22 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 27

 PREPARATIVOS PARA A VIAXE
 
 O meu fillo foi nomeado bispo auxiliar de Mallorca. Non é que sexa moita cousa, pero menos é nada.
 
 -Tienes que dejar a ese hombre, mamá -dixome onte por teléfono.
 -Trqanquilo, meu neno. A túa misa nova coma bispo no hei levar.
 -¡Deixao dunha vez!
 -Tranquiliño, Uxío. Ti confía en min, meu neno.
 
 Non confía nada na súa nai. Se non ten máis fe en Desu que en min, non evanxelizará ós mallorquíns.
 
 Eva di que non ven a Mallorca. Ten que estudar para as oposicións. Se non ven Eva, terei que levar o meu asistento.
 
 -¿Levame as Baleares, duquesa?
 -Sí, meu neno. Unha duquesa viaxa con boa compaña sempre. Mañán levareite ó sastre a facer unha ducia de traxes a túa medida. As garabatas mercareichas nos chinos, que hai que aforrar.
 -¿E os zapatos?
 -Ben che valen os zapatos vellos. Non vai a ser que te vexan moi guapo as suecas e levente con elas.
 -Para unha sueca xa non teño corpo, duquesa. Dende que cumprin cuarenta anos, coxeo un pouco os días de brétema.
 -Carallo que colleches o reuma ben cedo. Hai que pedir ves no Ventorrillo para que che fagan un arreglo os médicos.
 
 O peor é que teño que deixar a casa soa. Ven por eiqui Eviña a pintar os seus cadros, pero pola noite o meu chalé estará sen xente. Pedinlle a miña veciña Denise que botara unha ollada cara o meu xardín as tres da mañán.
 
 -¿Non pode ser a outra hora, duquesa?
 -As tres é a hora na que discutides na túa casa.
 -Discutimos cando as rapazas van ó botellón. O meu home non lle gosta que vaian.
 -Ten razón. As nenas podense botar a perder co viño. Perden a cabeza e chegan á casa cun fillo antes de casar.
 -No queira Desu.
 -Deus ha de querer o que elas queiran.
 
 Tamén quixo o que eu quixen: un fillo bispo. Se fora bispo da Coruña, sería a ledicia completa. Pero hai tempo. Paquiño non deixa a embaixada antes de traernos un bispo.
 
 -Eu tamén vou a Mallorca, tía. Os apuntes das oposicións tanto os estudo eiqui como aló.
 -Así se fala, miña nena. Uxío sempre te quiso moito.
 -Levarei algúns dos meus cadros para vender.
 
 A miña sobriña non perde os soños de todo. Non quere soñar, pero Deus escriben en regos tortos. Se Él quere que Eviña sexa pintora de moita sona, hase de cumprir a súa vontade.
 
 -A condesa xa recebiu a Alexandre, tía.
 -¿Doulle cartos?
 -Nin un patacón. Faloulle moito do futuro, pero non puxo un peso no Cinema Paxariño.
 -¿Volveches con él?
 -Non, tía. Ata que sexa unha pintora con prestixio non terei noivo.
 
 Calo. Eva non é coma min, e eu respeto as diferencias. Se eu fora Eva, primeiro casaba con Alexandre i despois... que Deus fixera da súa vontade unha saia a miña medida.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 21 de junio de 2007

Gaivota mariñeira

Torre Hercules 2.jpg
 
Chegou o Nadal
dous meses antes
xa olen os turróns
polos mercados
tan super sempre
pra facer cartos.

Gaivota, baixa axiña
que chega o Neno
e non hai gando
a carón do pesebre
pra agarimalo.

O nadal ven voando
coma un paxariño
pra aterrar na xaula
chea de cartos.

Gaivota, ¿a quén buscas?
O Neno non é Neno
son moitos nenos
uns en berce de ouro
outros,¡probes!, sen berce.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 19 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 26

 UN FILLO BISPO
 
 Estos días ando pendente do nomeamento de bispos. Don Bieito ten que lembrarse do meu Uxío. Quero un fillo bispo, e Deus ten que concederme iste desexo se quere que crea nel.
 
 -Aínda me podo apuntar ó ateísmo -berreille ó de Arriba onte.
 -¿Qué di, duquesa?
 -Non fagas caso, Pepiño. Falaba con Deus.
 -O Noso Señor hai que falarlle baixiño para ser escoitados.
 -Eu falolle como me peta.
 
 Tamén fago o que me peta. Achegeime a casa de Denise para que me lera as cartas.
 
 -Só quero saber se don Bieito nomea bispo o meu fillo.
 -Direille todo o que sae, duquesa.
 -Denise barallou o tarot, misturouno coa baralla española, extendeu as cartas, recolleunas, volveunas a barallar,...
 
 -Vai a teñirse de amarelo, duquesa.
 -¿Para a misa do meu Uxío coma bispo?
 -Eiqui sae boda.
 -Pois non penso casar, miña nena. Morrerei sendo a duquesa de Monte Loureiro.
 -Anda en amores cun conde.
 -Iso dixocho o meu asistento.
 -Sae nas cartas.
 -Ti contame o futuro co presente xo sei eu.
 -Será madrastra, duquesa.
 -Leveme o demo antes.
 -Madrastra de un neno máis unha nena. Levaranse ben.
 
 Aquela muller estabame timando. Contabame unha película que non ía conmigo.
 
 -¿Qué din as cartas de ti, Denise?
 -Estoulle lendo o seu futuro, duquesa.
 
 Seguiumo lendo. En cinco minutos pasei de casada cun home no Ceo a casada cun conde da Terra, de nai dun crego pasei a madrastra, e o bispado non chegaba. Erginme e marchei.
 
 -¿De onde ves, tía? -preguntoume Eva cando cheguei a casa.
 -De mirar o futuro no tarot de Denise.
 -¿Qué che dixo?
 -Que caso co conde e serei madrasta de dous nenos.
 -Deus no queira, tía.
 
 Deus de momento quiso co meu fillo sexa bispo. Botei un berro de ledicia cando mo contou que rachou todos os cables da Telefónica.
 
 -Cala, mamá, que anda don Bieito preto. Aínda non me dixo o destino.
 
 Se na Coruña tiveramos un bispado, Uxía viña para eiqui. Xa virá. O importante é que sexa bispo.
 
 -Hai unhas froles para vostede, duquesa.
 -Trae para eiqui, meu neno. Debemas mandar o noso embaixador no Vaticano para felicitarme polo nomeamento do meu Uxío.
 
 Non eran de ningún embaixador. Eran do meu namorado. Trinta rosas vermellas. É un amor de home. ¿E ista tarxeta? Na tarxeta pedíame voda para cando chegara á velles. Denise tiña razón, carallo. Se lle fago caso ó conde, morro casada i con fillastros.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 18 de junio de 2007

Baixo o signo de Caín

 
Soñei co mundo paraba
co reloxo cara arriba
agardabamos a Deus
e Deus nunca aparecía.

Nunha lanchiña baixaba
Caín feito un anxeliño
pra poñernos nunha fila
despois de collelo ticket.

Uns ían cara os pazos
outros cara os castelos
eu quedaba no inferno
co Abel a miña dreita.

Entendía eu entón
o signo da miña esquerda
por boa tiña as lapas
os ruins tiñan o ceo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 15 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 25

 AMOR CEIBE
 
 Antonte atopei a Alexandre nos Cantóns. Eu ía do brazo do conde de Talavera i él paseaba por diante da Fundación da Condesa.
 
 -Hola, meu neno, ¿cómo estás? Non se che ve moita pena.
 -A usted tampoco, condesa. La encuentro tan feliz como siempre. ¿Es su hijo? -preguntou sinalando o meu namorado.
 -¿Tan vella me ves?
 
 O ex noivo da miña sobriña queda sen fala. Rí porque él sempre rí cando non fala.
 
 -Presentoche o meu noivo, o conde de Talavera.
 
 Deronse a man. Alexandre ollaba o meu conde como se fora un maniquí.
 
 -Así que usted no es la condesa que yo pensaba. Eva me engañó.
 -Son a duquesa de Monte Loureiro, meu neno. Parece que a condesa que ti buscas non te recibe.
 -No me recibe porque soy socialista y ella es de derechas.
 -Eu tamén son de dreitas e dinche xantares, ceas e cartos.
 
 O meu namorado aproveita pra declararse militante do PP, admirador de Aznar e votante de Rajoy.
 
 -Cala, carallo, que non se pode falar de política na rúa. O apñia anda crispado e podennos mancar.
 -Los dejo, señores, acaban de abrir la sala de exposiciones.
 
 O guardia xurado doulle os bos días e as grazas por tanto interés nos cadros da exposición. Eu mailo meu conde seguimos o noso camiño cara a rúa Real. Alí atopamos a nai do mellor amigo do meu fillo outra vez.
 
 -Ai, Rosita, estás en todolos sitios. Nin Deus é tan omnipresente.
 -¿Aún andas con ese joven, Clotilde? ¡Pobre Uxío!
 -O meu fillo non é probe, carallo, que gaña moitos cartos no Vaticano i máis que vai a gañar cando sexa bispo da Coruña.
 -No sé si viviré para verlo.
 -Eu desexoche co vexas, Rosita, i tamén que disfrutes das súas misas.
 
 Rosita pouco pode disfrutar. A filla bótalle enriba ós netos todolos días.
 
 -Yo también tengo hijos, Clotilde -dixo o conde de Talavera.
 -¿Qué dis, carallo?
 -Tengo dos niños en Madrid con una esposa.
 -Así que eu son a que non leva anel no dedo. Tanto ten, meu neno; os meus anos vencheme ben un amor en pecado.
 
 Dixenlle o meu asistento que amaba en pecado cando chegei á casa.
 
 -Temos o demo, duquesa. Denise tennos ben ameigados.
 -Ti só pensas nas meigas, carallo.
 -Dixo Baltar cas meigas eran todas do PP.
 -Pois Denise é socialista de Zapatero. Polo menos é o que di o carniceiro.
 -O carniceiro é de Izquierda Unida.
 -Non é mal partido pra tirar unha papeleta.
 -Tamén a súa sobriña vai a tirar a papeleta. Quere votar polo amor ceibe.
 
 De Eviña non me extrana nada. Sa votou por todolos partidos. Prefiro que lle dé o seu voto ó amor ceibe que a algúns outros comechíns co merecen menos.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 14 de junio de 2007

Festa rachada con Hércules

Escudo.jpg
 
Hércules, meu muso,
roubasme a alma
cando me abrazas
decindo baixiño
que son quen buscabas.

No medio da festa
raíña eu sintome
dona dun castelo
xefa da ledicia
deusa namorada.

E morro de gozo
vendote no palco
parando a música
cun canto adicado
a tua escritora.

Cronista de historias
as miñas, as túas,
as nosas conxuntas
as outras nas conto
porque hoxe non tocan.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 13 de junio de 2007

Gaivota mariñeira

 
Gaivota ¿por qué non fuxes?
Gaivota ¿por qué non marchas?
terra adentro están os cartos
de ti farian deusa das mares.

Gaivota, ti non respostas
ti voas alto, subes ás nubes,
baixas ós barcos, corres soíña,
nadas o Atlántico, e ficas.

Gaivota, ti sempre libre
ninguén te merca, gaivota
eu quisera ser hoxe gaivota
gaivota sempre e nunca pomba.




¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 11 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 24

 NON ME DEIXAN AMAR
 
 Tardei dous días en collerlle o teléfono o meu fillo.
 
 -¡Por fin, mamá!
 -¿Por fin? Aínda non estou no fin, fillo.
 -Tenemos que hablar. ¿Qué es eso de que andas con un jovencito? Es un escándalo, mamá. En La Coruña no se habla de otra cosa.
 -Na Coruña falase de moitas cousas, fillo. Se me dis que en Monte loureiro ando na boca de todos, creocho, pero na Coruña non son tan protagonista nas malas linguas coma ti cres.
 -¿Hablaste con tu confesor?
 -Falo todos so días. Confesarte cun rapaz novo é unha ledicia.
 -Estás senil.
 -Respetame, carallo, que son túa nai. ¿Non che di don Bieito que hai que respetar as nais coma o Noso Señor respetava á Virxen? ¿Ou xa te meteches na Teoría da Liberación? ¡Nin se che ocurra! Tes que ser bispo da Coruña antes de que eu morra.
 -¿Cómo voy a ser obispo si mi madre anda liada con un jvencito y no respeta la santa memoria de mi padre, el duque de Monte Loureiro?
 -O teu pai endexamáis foi santo. Cando vía unha muller ibanselle os ollos detrás. Moito traballo me dou, carallo.
 -No puedo hablar contigo, mamá.
 
 O meu Uxío colgou sen darme un bico. ¿Para que termeos fillos? Tiven que chamar o meu namorado par aencherme de bicos telefónicos.
 
 Pero o bo pronto remata. O meu asistento veume a buscar.
 
 -Denise quere que aloxe na súa casa as súas fillas, duquesa.
 -Nin tola. Dille a túa ex que a miña casa non é o Hotel Tocame Roque.
 -Viñeron de polizóns nun barco.
 -Por min coma se viñeron no barco da Raíña de inglaterra.
 -Denise vai ter problemas co home cando sepa que ten que manter cinco mullleres en vez de unha.
 
 Non tivo ningún problema. O carniceiro empregou a todalas rapazas na carnicería.
 
 -Din que vende moito, duquesa.
 -Os comerciantes con mal xenio teñen moitos clientes, Pepiño. Á xente gostanlle os homes con mal carácter. Pensan que son máis de fiar.
 
 O meu Uxío tamén fiase moito dos cregos de mal xenio. Mandoume a un a miña casa.
 
 -Veño de parte do seu fillo, duquesa.
 -¿Pasoulle algo?
 -Está moi ben, pero preocupalle a súa saude.
 -Pois podelle decir que estou ben , señor.
 -Padre.
 -Señor.
 -Os cregos somos padres.
 -Non lle chamo padre nin o meu fillo. Padre era o meu pai, en paz descanse. Os outros homes son señores.
 
 O crego marcha. Di que son atea e que rezara pola miña alma. Se quere rezar que rece, que eu non llo privo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

sábado, 9 de junio de 2007

Gaivota mariñeira

 
Eres orgullosa gaivota
ti sobre as ondas
eres a diosa
sobre as nubes
princesa rosa.

Eres gaivota mariñeira
de barco en barco
do ceo a terra
sempre na veira
do noso océano.

Eres gaivota din que tola
e ti sonries
con gargallada
que rompe o vento
de libertade.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 7 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 23

XOVEN E NAMORADA

Eva deixou a Alexandre. Non entendo a ista nena. ¿Qué muller deixa a un home con cartos?

-Quero ser algo por min mesma, tía. Xa sei que non me entendes, pero é o mesmo.
-¿E cómo queres chegar a algo? Non tes amigos.
-Tampouco os quero.

A miña sobriña segue a pintar cadro tras cadro. Non hai recuncho dista cidade que Eva non plasme nun lenzo.

Eu preciso ledicia pra vivir. Sigo indo todolos días á praia, choiva ou quente o sol. O conde de Talavera segue aloxado no hotel María Pita.

-Esta agua está muy fría, Clotilde.

Non lle fago caso. Tiro por él mar adentro.

-Te quiero, Clortilde.

Pecho os ollos e sintóme a Demi Moore galega. Non hai dúbida de que son unha muller con sorte: non preciso meterme a actriz para ligar bos mozos.

Cando abro os ollos, vexo a miña veira á nai do mellor amigo do meu Uxío.

-Pero si eres Clotilde...
-A que viste e calza. ¿Iste é o teu neto? ¿Cántos tes xa?

A muller queda sin fala. Olla ó conde de Talavera de arriba a baixo.

-Preséntoche o meu compañeiro sentimental.
-¿Es cubano?
-Non, miña nena, é español coma ti máis eu.

Non pregunta máis. Colle da man ó cativo, e sacao da auga coma se eu tivera un pecado contaxioso.

O pecado dos meus amoríos chegou os oídos do meu Uxío antes de que eu chegara a casa.

-Don Uxío xa chamou catro veces, duquesa -dixome o meu asistento.
-Dille que non estou se volve a chamar.

Ninguén coñece o meu Uxío mellor ca min. Cando se enoxa hai que deixalo clamar para que volte a ser él.

Ista vez tivo un enoxo que non calmaba. Chamou a súa curmán Eva queixándose do que él chama o meu escándalo.

-Uxío pediume que te tivera vixiada, tía.
-Non te atrevas, Eviña.

A miña sobriña di que non sabe se tera tempo para adicarmo. Ademáis de pintar, traballa e prepara oposicións.

-É mellor que te centres nas oposicións. Os mellores traballos son os do Estado.
Eu tamén o penso, tía. O Estado non da en quiebra nin fai regularizacións de emprego.
-¿Non soubeches máis de Alexandre?
-¿Querelo pra ti? Mira que andar cun home que pode ser o teu fillo...
-Ten catro anos máis co meu Uxío.

Eviña insite. O meu namorado pode ser o meu fillo. Pois que poida. Os anos non son máis que números. Eu síntome xoven e namorada.

LIBROS