LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 31 de marzo de 2011

Ao final

 
Ao final non estabas,
ao principio tampouco,
hai unhas semanas
eras compañeiro
da que foi a outra.
 
Representas para min
un amor de ida e volta:
unha realidade uns días,
unha irrealidade outros.
 
Agora estás aquí,
mañán preto doutra moza,
pasado gañas un novo
corazón que pide axuda.
 
--------------------
 

lunes, 7 de marzo de 2011

Camiñadas diarias

 
A idade xa me mata
coas calorías que queimo
nas camiñadas diarias
dun vou e veño con presa.
 
Desfilo chea de roupa
os días do frío inverno,
sego de xira en verán
polas rúas do inverno.
 
Moito inverno, tanto inverno,
eu sempre atopo inverno,
nos recunchos aos que acudo,
nos terreos onde aterro.
 
--------------------------
 
 
 

sábado, 5 de marzo de 2011

Ti fuxías de min

 
Cheguei ao final
e non estabas,
volvín ao principio
e atopeite.
 
Atropeleime coa presa
de ter protagonismo
na nosa novela.
 
Ti fuxías,
eu seguía,
ti non viñas,
eu estaba.
 
¡Cánto tempo perdido
entre liñas escritas
a catro mans!
¡Cánto!
 
-------------------------------
 
 
 
 

LIBROS