MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 30 de septiembre de 2008

Lume na eira

 
 
Lume por aquí e acola,
lume por todo,
mares de lapas
quiemando os corpos.
 
Os nosos corpos:
o teu ardendo,
o meu máis morno.
 
Unha lapa prendenos na lúa
co mel na boca,
volve a baixar,
fica na roupa.
 
Os nosos corpos:
o meu ardendo,
o teu máis morno.
 
Encadeote a min
cunha lapa que me atopa.
Morramos xuntos de pracer
Axiña, moi axiña,
¡xa!, hoxe.
 

martes, 16 de septiembre de 2008

Lume na eira

 
 
O xeo é lume
no meu corpo
cando te toco,
cando me tocas,
cando os meus dedos
soben a poucos
baixan falándolle
ao que atopan,
cando os teus dedos
van pouco a pouco
polo camiño
onde o acougo
non ten acougo.
Ardo i aredemos
neste lume que nos roe.
Ardo.
Queimome.
Vivo.
Vivimos.

LIBROS