LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 17 de diciembre de 2016

Nadal no paraíso

Chegou o neno chorando,

viña a Nai sen o seu Neno,

San Xoxé collía froita

na horta da mala serpe.


A noitiña era noite,

o día un xuramento,

viñan os Reis de Oriente

cantándolle ao pesebre.


Aseollenme crendo

nun Deus de ricos famentos

i pedín oro e mirra

ao gando do pesebre.


----------------

http://artigoo.com/dinero-urgente-papeleos


artigoo.com
¿Necesitas dinero urgente sin papeleos? Es posible conseguirlo sin recurrir a tus familiares y amigos que seguramente te dirán que no. Además, a ti no te ape


sábado, 5 de noviembre de 2016

Fillos

Eran un, dous, tres, ¡catro!

¿máis?

¡tantos!

Infinitos fillos

xantándome enteira,

calados, medrando.

I eu quisenos

i sentinme a nai

da miña xentiña miúda.


------------

http://artigoo.com/venta-pisos-inquilinos


artigoo.com
'¿Tienes un piso alquilado y quieres venderlo? Puedes hacerlo. Sólo tienes que informar a tu inquilino de que el piso está en venta por si le interesa comprar' /


domingo, 16 de octubre de 2016

Fillos

Os fillos mortos falan

de min coma madrastra

e xuntanse no limbo

comendo larpeiradas.


Despois choran

De cando en cando calan

Dinme que teñen medo

Collenme os dous brazos


Desamarrome deles

Fuxo do baixo ventre

Xa non están alí,

pero alí estiveron.


--------------------

http://artigoo.com/desconocido-pelicula-rodada-coruna


artigoo.com
El desconocido, una película rodada en La Coruña, está en cartelera estos días. Nos cuenta la venganza de un cliente estafado de un banco contra el director


miércoles, 31 de agosto de 2016

Fillos

Os fillos que non tiven xa morreron,

os fillos que non veñen non virán.

Serei a nai orfa de fillos,

a muller sen espellos...


Morreron antes de chamarme

ao carón do berce rosa i azul.


Morreron antes do outono, 

aínda en vrán cheo de froles

aínda ulindo a primavera os prados.


Morreron cando empezaba a querer

ser a árbore que se multiplica

atá chegar a eles dende o meu eu.


Os fillos forónseme sen decir mamá

i eu deixeinos ir se decirlles fillos.


---------------

http://artigoo.com/gana-dinero-vendiendo-muebles-viejos


artigoo.com
Mi madre siempre me dice que soy una pesetera y no le falta razón. Soy de esas mujeres que quita dinero hasta de debajo de las piedras. Uno de los últimos ing


jueves, 18 de agosto de 2016

Ceibe

Non sei se son xa a mesma

ou outra que levo dentro.

Non sei se teño lembranzas.

Non sei se estoy no mesmo.


Estiven de vacacións

de min na que xa non era

¡Qué dor foi xa non sentirme

no mapa das miñas peles!


Era unha illa que ía

do naufraxio ao salvamento,

era o mar, era a terra, era eu

i non sabía que eu naufraxaba

en min mesma.


--------------------

http://artigoo.com/comprar-ropa-online

artigoo.com
Estos días de rebajas de enero, puedes ahorrar mucho tiempo si optas por comprar ropa online, tanto para ti como para los demás habitantes de tu dulce hogar.


Ceibe

Volvín como volven ao mar

as gaivotas cando están fartas

da terra onde o voar

é caer de pé en unha leira.


Volvin i eiqui me tedes

tan ceibe coma o vento ceibe.


--------------------

http://artigoo.com/madura-dios-ayuda-marta-barroso

artigoo.com
A la madura Dios no la ayuda de Marta Barroso es un libro novelado en el que la autora nos pone ante la decisión de una ama de casa bien de abandonar a su familia ...


domingo, 3 de julio de 2016

Namorados

Cando che dixen non vou
dixeches ágora vou.
Cando che dixen non quero
dixeches en aínda quero.
Cando che dixen meu neno
dixeches a miña nena.
Cando che ía cantando
dixeches cala i non cantes.
Cando fuxin espantada
dixeches hai que buscala
Cando fun a atopada
dixeches idea ceibándoa.

-------------------------

sábado, 2 de julio de 2016

Namorados

Quero ser a alternativa
á muller que leva o anel.
Só tes que escoller
entre o foi i o será mellor.

Levareite a beira dos ríos
para que no lle digas adeus
as augas sempre tan mansas
para os que mollan os pés.

Rematarei as xornadas
cunha cea ao carón
do lume sempre ardendo
cando mira para nós.

-------------------

martes, 28 de junio de 2016

Namorados

Chegou contigo a brétema,
marchou contigo a chuvia.
Un chisco de sol abriu
o teu sorriso na noite.

Escoitei aos paxariños
que trouxo a túa chegada
a unha eira sen carros,
vendidos para pagarche
tanta ledicia festeira
que xa ía rematando.

Quedei recollendo anacos
das noites que foron farras
i soñei que había soñado
soños de nena rapaza.

---------------------

jueves, 16 de junio de 2016

Amando en verso

Meteuse na cadea,
adicouse a rezar,
orballou na lareira,
caeu unha mazá.

Pechou a mesma porta
ao mesmo xabarín
e viñeron a centos
os irmáns xabaríns.

Respostou ao oráculo
moi lonxe de alí
mentras, entre viaxes,
elexiume a min.

Saíu dunha cadea,
sacouse de rezar,
quentou unha lareira,
colleu unha mazá.

------------------

lunes, 13 de junio de 2016

Amando en verso

Subín contigo ao faiado
para vela misma estrela
e ti mirabas para unha
i eu miraba para ela.

¿Qué tería a estreliña
que eu non tiña coma ela?

Baixei contigo do ceo
ata o río onde as lebres
bailaban un agarrado
cos coellos do gaiteiro.

¿Qué terían as lebriñas
para gostar aos coellos?

-----------------------


domingo, 6 de marzo de 2016

Mamá...

Aínda eres unha paisaxe viva
i sempre estarás viva
na certeza desta filla,
a túa sempre filla.

Mamá...

Eres un estremecemento
no meu eu sen acougo
niste memorial de lembranzas.

Mamá...

Achegome coma unha onda
sobre un libro de area,
humidamente, buscándote
i só están os teus pulsos
mortos,
fuxindo
dos teus brazos abertos...

------------------

Mamá...

Arredor de min sen min,
pero percorrendo o meu corpo
nunha aperta ata o infinito...

Sintome distinta
sendo
a mesma...

Non son a que fun,
pero son,
i estou,
e lembroa a ela...

¡Cánto doe!
¡Cánto does!
Mamá... ¡cánto does!

---------------------

jueves, 3 de marzo de 2016

Os amores da nena

A nena ten outro mozo
ben namorado e festeiro
que baila o agarrado
sen agarrarse a ela.

Van polos carreiros longos,
veñen polas corredoiras,
as estradas non as pisan,
prefieren o mar aos montes.

A miña nena é moi lista
para pescar mariñeiros
onde os peixes custan moito
i os cartos están nas vigas.

---------------------

Os amores da nena

A nena de festa en festa,
o can durmindo calado,
o gato bebendo leite,
a nai bailando deitada.

Esta casa é unha farra
baleira de convidados
porque ninguén vai aso sitios
onde hai tolos ouveando.

Collo a basoira i bailo
o vals do Danubio ise
dentro do vestido novo
agasallo do meu Pepe.

---------------

sábado, 13 de febrero de 2016

Os amores da nena

Fala o meu avogado
dun pleito que xa rematou
e segue a falar este home
dos pleitos que non cobrou.

Eu soño con telo preto
cando o día chega á cama
deixando os raios perdidos
nas cortinas debuxadas
polos fíos que teceros
uns ocos nos seus buratos.

O meu avogado segue
falando do seu traballo
i eu sego a soñar cousas
que non digo por calada.

---------------

Os amores da nena

Enchín a casa de homes
nunha festa de diamantes
para atoparlle mozo
a unha amiga mal casada.

Un era un bo carpinteiro,
outro era un avogado,
había cinco ou seis médicos,
estaba un enchepratos.

A miña amiga xuntaba
unha leria cunha nada
i eu falaba i falaba
co meu home avogado.

Acabou a festa as doce
e xa estaba namorada
do mellor home de pleitos
que había na bisbarra.

------------------

martes, 26 de enero de 2016

Os amores da nena

Non lle dixen que o cria,
pero tampouco lle dixen
que era o amor soñado
nas noites que nos durmía.

El pensou qu eera certo
o que por ahí decían
as malas linguas que falan
i marchou por onde quixo.

Eu quedei quieta na porta.
Se cria volver volvía,
se non cria eu pechaba
e lle abría a outro mozo
porque un cravo quita outro
i o cravo que el fora
xa no me doía moito.

-------------------

LIBROS