LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 30 de noviembre de 2007

Amor ceibe

Un río nos separa
en dúas veiras.
 
Eu na primaveira
peiteando días
con soños de verán
lonxe do outono
no que ti estás.
 
¿É posible amar
atando novembro
a risas de San Xoán?
 
Todo é posible
se se quere amar,
ata cruzar ríos
que son coma o mar.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 27 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Para abaixo din que caes
cun sorriso piadoso.
Para arriba din non subas
amosando os dentes todos.
 
Rezan rosarios cos dentes
por cada paso que subes
e cando o camiño deixas
dinche aquí ti xa sobras.
 
Tampouco fai falta Deus
se lle preguntan a moitos
i Deus fixo unha casa
para acollernos a todos.
 
Homes, mulleres e nenos,
mozos, vellos e máis novos
ricos con moitos billetes
e probes no Ceo collen.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

A fame nos dentes,
a rabia na boca,
os ollos ardendo,
as mans dando a volta.
 
¿Quén é o que se atreve
a chamar á porta
pedindo os papeis?
 
Eu non os preciso
para hoxe comer:
se non hai non como,
se hai comerei.
 
¿Quén é o que se atreve
a pedir carnés
co nome escrito
sobre o papel?
 
O nome no escribo
en ningún papel
levoo escrito
nestas mans que ves.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 15 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

¿A qué vides
se non falo?
Vos rezades padrenuestros
que non podo respostaros
con unha avemaría
sempre libre de pecado.
 
¿A qué vides
se non teño
cartos para contentaros?
Pedides con oracións
uns milagres que non fago.
 
¿A qué vides
a encher
o camposanto de bágoas?
Deixadesme o corazón
de bágoas anegado.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

Fun unha estrela esquencida
nun ceo cheo de estrelas
i quero que isto quede
pintado sobre unha pedra.
 
Eu era a estrela poeta
a que pintaba as verbas
acochando o meu nome
nun leito de follas feito.
 
Ali deixo a miña alma
vivindo en cada verso
dos poemas que navegan
ceibes pola mar da Rede.
 
Que a SGAE non vos cobre
no meu nome os poemas.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Pisando forte

Teño que poder
erger a torre
chegar arriba
erger o brazo
decir nun berro
eu era ela
a que escribía
en prosa e verso.
 
Eu era ela
a que choraba
en cada poema
as bágoas mortas
en ferro quente.
 
Eu era ela
a que espallaba
verbas no vento
para que a mar
fora o seu berce.
 
Eu era sempre,
sempre a poeta.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 6 de noviembre de 2007

Pisando forte

Regreso con forza
sen Caín na mente
se quero eu podo
se podo eu quero.
 
I quero un posto
con sitio no Ceo
coma teñen outros
que o merecen menos.
 
Non vou a pedilo
con fame nos dentes
pedir é baixeza
e baixezas non quero.
 
Eu irei coa testa
ergida ó vento
cravando os tacóns
en todas as terras.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

LIBROS