LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

domingo, 6 de marzo de 2016

Mamá...

Aínda eres unha paisaxe viva
i sempre estarás viva
na certeza desta filla,
a túa sempre filla.

Mamá...

Eres un estremecemento
no meu eu sen acougo
niste memorial de lembranzas.

Mamá...

Achegome coma unha onda
sobre un libro de area,
humidamente, buscándote
i só están os teus pulsos
mortos,
fuxindo
dos teus brazos abertos...

------------------

Mamá...

Arredor de min sen min,
pero percorrendo o meu corpo
nunha aperta ata o infinito...

Sintome distinta
sendo
a mesma...

Non son a que fun,
pero son,
i estou,
e lembroa a ela...

¡Cánto doe!
¡Cánto does!
Mamá... ¡cánto does!

---------------------

jueves, 3 de marzo de 2016

Os amores da nena

A nena ten outro mozo
ben namorado e festeiro
que baila o agarrado
sen agarrarse a ela.

Van polos carreiros longos,
veñen polas corredoiras,
as estradas non as pisan,
prefieren o mar aos montes.

A miña nena é moi lista
para pescar mariñeiros
onde os peixes custan moito
i os cartos están nas vigas.

---------------------

Os amores da nena

A nena de festa en festa,
o can durmindo calado,
o gato bebendo leite,
a nai bailando deitada.

Esta casa é unha farra
baleira de convidados
porque ninguén vai aso sitios
onde hai tolos ouveando.

Collo a basoira i bailo
o vals do Danubio ise
dentro do vestido novo
agasallo do meu Pepe.

---------------

LIBROS