LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 31 de julio de 2009

Eu, a poeta

 
 
Fun cara ti
coma unha bolboreta
que chega e non fica
a beira de ninguén.
 
Ti sempre no teu teito
ollando o meu voar
dun barco a un porto,
dun porto a un mar.
 
Voltaba e alí estabas
piando ao eu pasar.
 
Sempre ti agardabas.
Sempre eu a voar.

jueves, 2 de julio de 2009

Mi chico, mi chico

Vou cara ti
aínda que non estés
porque sempre estás
no meu cabilar.
 
Mi chico, mi chico,
chámote sen nome.
 
Mi chico, mi chico,
aínda estou lonxe.
 
Mi chico, mi chico,
axiña te atopo.
 
Ti estás pensando
tamén no meu nome,
na túa raíña
da cidade da Torre,
a que tanto escribe,
a que tanto conta,
a que che adica
os versos da noite.

LIBROS