LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 19 de noviembre de 2022

Muller ceibe

Non, non mo digas.
Non digas que estou atada.
Eu son a muller máis ceibe
que nesta Galicia fala.
E se esperas que eu sexa
a muller da túa casa...
vas buscando unha boneca
porque eu xa estou marchando.
Ergo as mans. Ergo os brazos,
As miñas pernas xa andan...
-----------------------
Tienda Coruña: aquí tes ideas de compras para mercar productos probados.


domingo, 13 de noviembre de 2022

Chove...

Chove nun mes de San Martiño
que semellaba agosto.
Esta mañán non chovía.
Ágora chove e molla
o chan que está en obras,
as beirarúas, as rúas,
as estradas, o campiño...
Está chovendo e chove.
---------------------------
Temos a roupa que está de moda. Entra no link e gasta os cartos na lencería vermella que che fai ilusión. ¡Ti podes!

viernes, 4 de noviembre de 2022

Mulleres ceibes

Creo que non entendes
que son unha muller ceibe
sen esas cadeas
que atan os soños
aos soños do home.
¡Eu non vou atarme
aos soños que soñas!
Durmirei soñando
os soños que son
meus e non de outro.
-------------------------


miércoles, 21 de septiembre de 2022

Muller ceibe

Eu son a muller
que ves ceibe.
A que vai ao millo.
A que leva o sacho.
A que canta as veces.
A que nunca fala
cando os silencios
precisan que cale.
Eu son a que ves.
¿Tes medo de tanta
muller que se erge
enrriba dos campos?...
Deberías telo.
Non teño cancela,
nin dono,
nin santos.
-----------------
Descubre as mellores picardías do mercado. Temos moitos modeliños para mulleres que se miran nos espellos aínda. ¡Velahí o link! https://amzn.to/3TA9KRN



domingo, 11 de septiembre de 2022

Nenas

Nenas na rúa,
nenas na escola,
nenas na casa,
nenas xa fóra.
Nenas que medran.
Nenas que calan.
Nenas que rín.
Nenas que choran.
Hoxe fun nena...
(chorei un pouco).
-------------------------------


viernes, 10 de junio de 2022

Mulleres de festa

Mañan hai festa rachada
no Porriño e falamos
de ir a comer de balde
o pan que engorda tanto.
Imos a estrenar vestidos.
Imos as mulleres guapas.
Imos cos mozos que temos.
Imos bebendo só auga.
O pan é molete blando
Nos queremolo máis blando.
Temos os dentes moi novos
e estamos conservando
o arreglo co dentista
está cobrando a prazos.
Imos mulleres e homes.
Imos as mulleres guapas.
----------------------

martes, 17 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas

Hoxe son as nosas letras
e vouno a celebrar
bebendo o mellor viño
que fixo o meu curmán.
¡Trae para aquí o viño!
¡Este é viño do bo!
O que fixo a miña sogra
xa o bebeu miña irmá.
¡Veña para aquí máis vino
que me quero emborrachar!
Hoxe estreno bo vestido
e haino que celebrar.
-------------------


domingo, 20 de marzo de 2022

Mulleres

Eu fago o que me diga
a miña filla que faga
dixo miña nai un día
e soupen que se acabara.
Lonxe quedara a muller
que voaba sen mirarme.
Ágora via en mín
a cadea que deixaba.
¡Canta carraxe sentín!
Non estaba preparada
para ser a paxariña
que no niño xa mandaba.
------------------




Libre de virus. www.avg.com

lunes, 14 de marzo de 2022

Muller ceibe

Oínte chegar
cos teus berros,
a cabeza xa fora
do pouco pelo,
o enoxo falando...
Dixenche vaite...
Hoxe son unha muller
cunha bandeira que pon:
"muller ceibe"
---------------------



sábado, 8 de enero de 2022

Muller floreiro

Ela foi a muller floreiro
dun home con garabata
e cartos na carteira.
Era a máis bonita
das festas que fixeron.
Sorría e calaba.
Calou ata que dixo
xa non sou o floreiro.
Deixou voar as ás.
Deixou ceibar as pernas.
Cando volveu o home
non tiña a cama quente.
------------------



LIBROS