LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

domingo, 23 de febrero de 2020

Mozas á porta

​Mozas á porta decías
e saín axiña
coa saia nova
i a chambra doutra.

Un bico pequeno.
Aparta que miran.
Estanche con contos.
Non, neno, ten tino.

Máis mozas á porta
dixeches o vispra
do día que fuches
coa dote que tiña.

Un biquiño, nena.
Na voda o biquiño.
Dime que me queres.
Eso sí cho digo.

---------------

miércoles, 12 de febrero de 2020

Nenez

​Hai nenos que calan
na nenez doente
de guerras na casa
e lume na eira.

Son nenos cos ollos abertos,
nenos sen Reis de Oriente,
nenos que xogan co medo.

Son nenos.

Hai nenos que medran
sentindo o medo na porta
cando as chaves poñen hora
as noites de rifas dun tolo.

Son nenos i nenas da nenez
escrita nun conto
no que a princesa
non come perdices.

--------------

LIBROS