LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 26 de enero de 2011

Non teño novas

A nova é que non teño
novas.
 
Só rumores
no meu peito
botan lume
á mesma leña.
 
Son como a boneca vella
cun vestido deste tempo.
Outro traxe máis.
Vermello.
 
----------------
 
 
 

miércoles, 5 de enero de 2011

Envexa

 Andrés sempre estaba metido en liortas para defender aos compañeiros ata que se decatou de que os amigos non lle tiñan a alta consideración que el pensaba. Volveuse desconfiado. Pensaba que os amigos se querían aproveitar de el. ¿Envexa? Quizáis. Dende que tiña parella xa no chamaban.
 
 Volverono a chamar cando souperon que Andrés deixaba a Sabela. Uns deronlle o pésame, outros preguntáronlle se xa iniciara unha nova relación.
 
 -Sí -díxolles-. Atopei outra divorciada e estou tolo por ela.
 -Ti cambias máis de moza que de pantalóns.
 -Alma é a definitiva.
 
 Non o foi. A seguinte foi Iris, unha madrileña que deseñaba xoias. Despois veu Berta.
 
 Con Berta sentou a cabeza.
 
 -Vou ser pai -díxolle a un compañeiro de traballo.
 
 O compañeiro nen sequera lle deu a noraboa. Era ben certo que o envexaban, carallo, pensou Andrés.
 
 
--------------------
 

LIBROS