LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 25 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

Voume

Veño

Estou

¡Estou!

Loito comigo en min

mentras caen horas vivas

onde houbo horas mortas.

Sego

Soño

Calo

Sego sendo a poeta

nun soño que estou soñando

i calo cando desperto

atada aos pinga pinga.

Xa estou poquiño a pouco.


----------------

http://artigoo.com/red-social-perfiles-profesionales-personales


artigoo.com
'Desde 2015 está en funcionamiento beBee, una nueva red social que se está abriendo hueco gracias a sus prestaciones más completas. En beBee se unen los perfi' /


viernes, 20 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

¡Veña!

Non penses

Cavilar é caer no fondo

Ti adiante

¡Ergete!

Son a poeta viva

Volvo á poesía,

a miña poesía,

a nosa poesía.

Deixo que as verbas

se vaian ceibando

i vou con elas

para seguir viva, latexante,

¡poeta!


---------------

http://artigoo.com/maletas-ninos-viajeros


artigoo.com
'Cuando viajas mucho con niños necesitas unas maletas para niños viajeros. Queda muy mal que los niños lleven una maleta que parece la maleta de un adulto. Lo' /


Poeta viva, ooeta morta

Cambiei...

¿ou non cambiei?

Son e non son,

pero son a mesma

sendo distinta.

Viaxo por min

caendo pola pel laiante...

O prezo foi a beleza

do corpo aínda xoven.

Gañei más vida

Poeta viva

Máis poeta

Más viva

Distinta

Allea na pel rachada

i cosida 

i doente.


---------------

http://artigoo.com/maletas-ninos-viajeros


artigoo.com
'Cuando viajas mucho con niños necesitas unas maletas para niños viajeros. Queda muy mal que los niños lleven una maleta que parece la maleta de un adulto. Lo' /


lunes, 16 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

Atada á vida

Atada a min

Despertando á noite

Durmindo o día

Sen chorar

Forte

Para adiante...

Era a poeta viva

Agarrei a libreta verde

i volvín a ser eu poesía

Escribes notitas

Non, escribo poesía,

a miña poesía ceibe,

verbas ceibes,

verbas, só verbas,

so eu.


---------------------

http://artigoo.com/enviar-dinero-movil


artigoo.com
'¿Te gustaría enviar dinero de móvil a móvil? ¿Imaginas que estás sin dinero y que tu marido te puede hacer una especie de transferencia que te ponga el di' /


Poeta viva, poeta morta

No espello de min non son eu

Son outra

Son a poeta viva

¿I a poeta morta?

Ficou alí, no ¿qué soñas?

¿Soñei?

Sí, soñei comigo mesma

asistindo ao concerto dos mortos

na Rusia dos Zares.

Ninguén choraba

Eu tampouco

A procesión negra camiñaba

deixando pegadas negras

na neve da corredoira.

Tiña frío

¿I medo?

Non, o medo morrera de medo.


-----------------

http://artigoo.com/enviar-dinero-movil


artigoo.com
'¿Te gustaría enviar dinero de móvil a móvil? ¿Imaginas que estás sin dinero y que tu marido te puede hacer una especie de transferencia que te ponga el di' /


martes, 10 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

Dinme á fuga

deixando a cama allea

pola propia cama

onde hai estrelas

debaixo do ceo..


A saúde fala

Eu calo

Non sinto

Xa sinto

Máis dor

Menos dor...


¿Poeta viva?

Creo que sí

A dor volve

Vaise a dor.


------------------

http://artigoo.com/vivir-residencia-ancianos

artigoo.com
'Vivir en una Residencia de ancianos es una buena alternativa cuando los años te pesan en la existencia y no quieres complicarte la vida llevando una casa. En u' /



Poeta viva, poeta morta

Volvín

como volven as ondas:

con forza

sin forza

caendo

ergéndome...


Volvín

chea de lembranzas

dos bicos negros

da branca sombra.


Volvín

roubándolle á vida

un anaquiño máis

no camiño das rosas.


-------------------

http://artigoo.com/vivir-residencia-ancianos


artigoo.com
'Vivir en una Residencia de ancianos es una buena alternativa cuando los años te pesan en la existencia y no quieres complicarte la vida llevando una casa. En u' /


LIBROS