LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 6 de enero de 2024

Os fillos que parín

Os fillos que parín no me quiseron
nai,
pero fun a nai de catro deles.
Medraron dentro
quentes
e saíron nas mans do médico.

Foron tan meus que lles falaba
cando ía polas rúas da Coruña
facéndolles un futuro de colexios.

Vinnos xogar
ledos
fortes
¡meus!

Saían do colexio Eusebio da Garda
e fuxían pola praía de Riazor
a nado.

Non, ¡non!

Os meus meniños irían a outro colexio
alonxado das ondas namoradas
dos corpiños.

Pensei no meu colexio en Elviña
e vinme contándolles a miña nenez
aos meus nenos vivos.

---------------------------

viernes, 5 de enero de 2024

Nai viva, nai morta

Foi outro Nadal sen nai,
sen vida pero con vida,
sen festa pero con festa.

Busqueina nos recordos
que teño dela
e vina viva,
leda,
festeira.

Pero tamén a vin morta
no seu derradeiro adeus
e vinme sen raíces,
soa...

----------------------


LIBROS