MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 31 de marzo de 2012

Perdera...

 
Gañaba.
Perdías.
Xogaba o coche.
Corría o risco de perder.
Perdía.
Gañabas.
Xogaba o anel...
¡Imprudente!
Unha gorxa estourou
cando o meu anel foi teu.
Perdera...
Outra vez.

martes, 27 de marzo de 2012

Marchei na túa Harley vella

Ti non estabas.
Eu atendía as uñas i pensaba...
Fóra pechaba a última tenda.
Ti xa estabas.
Eu atendía as túas queixas.
Fóra deixaras a Harley vella.
Ti aínda seguías demorando o tempo.
Eu estaba na hora de decidir...
¡Voume!
¿Qué?
¡Voume!
Marchei na túa Harley vella
lonxe, lonxe, lonxe,
moi lonxe.

lunes, 5 de marzo de 2012

A cabeza nos pés

 
A cabeza está nos pés,
o corazón xa non está,
as mans bailan polo corpo,
ti dúbidas se hai máis
novidades neste xogo
cos dous estamos a xogar,
enchendo de fantasía
a noite por rematar.

viernes, 2 de marzo de 2012

Non estou agarimosa

 
Adiante, ide pasando
polo arco dos desgustos.
Non hei de ser eu a única
muller co pano que chora
as bágoas que non boto.
 
Ide pasando, carallo.
Non estou agarimosa.
Hoxe teño o coitelo
como a garabata posto.
 
A xente que me rodea
ven a abellarme as rosas
e tolean ao ver tantas
espiñas neste meu corpo.
 
Ide pasando axiña
que a tolemia tenvos tolos.
 
A xente xa se decata
de  que son rosa obrigada
a estar na beira do monte.

LIBROS