LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 15 de abril de 2023

Tía Maricarmen

Acabou nunha caixa de madeira
calada
allea
presente.
Choramos todos.
Chorounos ela.
A miña tía morrera sen querer
morrer aínda.
Foise polo camiño de volta
collendo o mesmo tren
que colleron outros
e acabaremos collendo todos,
aínda os recén chegados.
Adeus.
Quérote.
E sinto a familia baleira sen ti.

LIBROS