LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 27 de diciembre de 2017

Namorada

Sopraba o vento e ti

soprabas lapas de lume.

Xa sabías que marchaba

e así che era o conto.


Abandonaba o fogar,

un gato i un can tolo,

deixaba o que esquecía,

levaba unha pregunta:

¿iría para mellor

ou deixaría un bo mozo?


Non semellabas un príncipe

i marchei para casar

co príncipe dalgunha noite.


--------------

http://dinero-beruby.blogspot.com/ 



martes, 19 de diciembre de 2017

Namorados

Acollinte no meu fogar

(Deixacheste acoller)

Remataron os invernos

(O verán xa nos chegou)


Imos xuntos polos prados

Vimos xuntos polo monte

Un paxariño nos pía

Un can ouvea quediño

Máis alo un gato está

co fuciño tralo millo.


Non sei se isto é amor

Eu creo que é parecido.

miércoles, 6 de diciembre de 2017

Bo Nadal



Baltasar ven caladiño,

Gaspar berra polo Neno,

Melchor asubía ao burro

ao que le chaman camello

os que ven  Reis de pao

onde hai uns Reis de festa.


Imos poñendo pastores,

gandeiros e xornaleiros,

achegamoslle un río

as mulleres lavandeiras.


Un Papá Noel acaba

de home do extranxeiro

debaixo de unha estrela

no camiño de Oriente.


-----------------

http://dinero-consupermiso.blogspot.com/ 




domingo, 12 de noviembre de 2017

Festas e romerías en Galicia (Yolanda Smith nena)

 


 Nas festas todo o mundo o pasa moi ben e está moi ledo. Para nós significan unha ledicia e o mesmo tempo unha diversión.


 Hai xente que se festexa, por exemplo, nas festas dos cumpleanos das persoas, festas adicadas a algún santo, etc. Nas festas adicadas aos santos, faise unha romería entre todolos veciños na que hai atraccións, baile, etc. También hai festas entre vediños das recolleitas (pro isto faise nas aldeas), cando se recolle o trigo no mes de xulio, as patacas en setembro, o millo en outubro, etc. Estas festas celébranse o mematalo traballo e fainas o dono da leira pros seus xornaleiros e veciños que lles axudaron; é unha comida ou merenda, e despois fan un baile entre eles. As festas dos santos e cupleanos eu diría que non son tan ledas ou que teñen menos importancia.


------------------


 SANTA MARGARITA DE MONTEMAYOR


 Esta festa celébranse na parroquia de Montemayor. A igrexa atópase nun campo con moitas árbores. Celébrase o vinte de xulio. Ese día hai moita xente. No campo hai unha especie de feira, na que venden unha chea de cousas: froita, traballos artesáns, galletas, etc. A igrexa non é grande nin pequena, o día da romería está chea de pesoas, e costa moito traballo entrar; dentro a santa ten moitos cartos colgados. Cando sae a procesión hai xente que se mete debaixo da santa por algún ofrecemento. 


 Tamén ten función (as funcións consisten en que o que dea máis cartos leve o ramo que ten galletas, caramelos, etc). Esos cartos danselle ao cura. Hai persoas que collen a función porque a teñen ofrecida, outras porque non queren que quede na igrexa, etc.


 No campo hai unha fonte que ten auga bendita o día da festa, e hai xente que leva unhas botelliñas para ter auga bendita na casa. Ali soio hai dúas tabernas e ese día están tan cheas coma a igrexa, e como non pode comer todo o mundo nas tabernas, xa que non hai sitio para todos, a xente leva a comida da súa casa para comela no campo. O día da festa case sempre fai bo tempo.


------------------------

(Traballo de clase) Qué recordos!

sábado, 7 de octubre de 2017

Muller sen dono

A verdade é que eu son libre

Sen home

Sen dono

Sen can que me ladre

Mirome no espello

e vexome soa

Moi libre

Moi ceibe

Moui eu

Son muller i non teño dono


-----------------

http://yoganodineroeninternet1.blogspot.com/ 



miércoles, 13 de septiembre de 2017

Poeta viva, poeta morta

¿Outra vez ao quirófano?

¡Non!

Non

A miña man firma

Nacín aquí

Penso

Non podo pensar

¡Xa!

¡Veña!

Ti podes porque eres

a poeta viva,

a pintora das verbas ceibes,

a escritora anónima

i aínda tes que ser

tantas cousas, ¡tantas!


--------------

http://tiendacoruna.blogspot.com/ 



jueves, 17 de agosto de 2017

Poeta viva, poeta morta

Máis sangue

Grazas

Máis vida doutras na miña vida

Un bico vermello

Unha hora

Dúas horas

Tres horas

Acaba o bico vermello

Son a poeta viva

Unha ventá se asoma

a miña cama branca

i vexo o mar...

Movo as pernas

Os meus brazos seguen atados

ao pinga pinga


-------------------

http://adf.ly/1GBr1R


viernes, 4 de agosto de 2017

Poeta viva, poeta morta

Na libreta verde escribín

dos limboreciéns

da poeta morta

i meus.


Na libreta verde recollín

un anaco de min

moi a chisquiños.


Na libreta verde aparquei

o camiño de ida i volta

aos soños da agulla

que cose o tempo

ata as grapas.


----------------

http://publicidad-en-verso.blogspot.com/ 



Poeta viva, poeta morta

Máis pinga pinga,

máis colegas,

máis anexos a min.


Máis dor

Máis curas

Máis grapas

Máis mar

Máis praia

Máis Santa Cristina

Máis noites

Máis días


Máis pasillos

Máis médicos

Máis pastillas

Máis poeta aínda


------------------------

http://unacancionparati.blogspot.com/ 



viernes, 14 de julio de 2017

Poeta namorada

Soñote

i teñote

no espello da noite

que durme e desperta.

Mañán serás un soño

Volverán as realidades

Prefiro soñar

i terte

i ser feliz

sempre.

Non es al almofada:

es ti

i esta aperta é certa.

¿Ou soño?...


------------------

http://cronicasenverso.blogspot.com/ 


http://publicidad-en-verso.blogspot.com/ 





jueves, 15 de junio de 2017

Amores que foron amores

Eras morno, terno, pacífico.

Eras un xigante pequeno.

Eras unha festa para mín.


Maior

Pequeno

Un risco

Un anxo


Voamos xuntos i ti caeches

non sei aínda cómo.

O meu avión seguíu voando

sen ti

comigo

lembrándote.


-----------------

http://modadebarrio.blogspot.com/ 



martes, 6 de junio de 2017

Poeta viva, poeta morta

Non teñas medo,

non,

pero teño medo.

Buscade a outra valente,

a unha muller con sorte.

Eu... xa sinto os dentes

alentando preto.

Deitome co medo

Ergome co medo

Acabo co medo

¡Xa! ¡Vou!

Velahí me tedes:

Forte


http://artigoo.com/cobrar-traves-movil



domingo, 4 de junio de 2017

Amores que morren


Menguou a lúa

Calou o sol

Chegou a chuvia

Veu o amor


Fuches o ceo

Fun unha frol

Colleches rosas

Deixei estrelas


Chegaron lóstregos

Bateu o mar

Nubes choraban

Adeús i a máis


-----------------------

http://artigoo.com/alojamiento-familia-extranjeros



Namorada


Viñas nun cabalo branco

polas leiras onde o millo

medraba antes de hora

i ti antes de hora viñas.


Agardei ben caladiña

por si outra cazadora

tiñate a mellor tiro,

pero non, ali ti viñas.


Había chegado o tempo

de aparellar a vida

i o pensamento ía

de min a unha utopía.


Sería a Dulcinea

do cabaleiro chegado

a miña leira de millo

i ¡a vivir a parranda!


-----------------------

http://artigoo.com/cazadores-trolls


sábado, 3 de junio de 2017

Guapa


Aínda son nova

moza

guapa

i o espello é meu.


As lúas son novas,

os días futuro,

melindres os soños,

unha festa enteira

é sentirme eu.


Deixame seguir

no vran,

neste vran.


--------------------------------

http://artigoo.com/cazadores-trolls



viernes, 5 de mayo de 2017

Nai sen fillos

Quedei baleira de nenos

i chea de soñar berces

onde se multiplicaban

choros de meniños verdes.


Limbomeniños chorando.

A limbonai acunándoos.

Limbomeniños sorrindo.

A limbonai con sorrisos.


Quedei chea de infinitos

ocos orfos dos menus fillos,

os que quisen sen querer

ser nai de limbomeniños.


-----------------------

http://artigoo.com/dinero-urgente-papeleos




viernes, 7 de abril de 2017

Poeta namorada



Ouvinte cantar lonxe

i estabas preto,

nas miñas bágoas

derramadas no mar

das bágoas ceibes.


Aparellabas co lume

i eu estaba no seo.

Ías cara outra estrela

i eu ía cara min.

Eras o espello dela

i eu era espello sen ti.


Seguías cantando lonxe

e alonxábaste máis

nas bágoas que secaban.

Bye Bye, dixenche, rapaz.


-------------

http://artigoo.com/chico-flecha




sábado, 1 de abril de 2017

Muller sen medo

Mañán podería ser hoxe,

hoxe é un día máis,

onte xa é o pasado,

de antonte non hai falar.


Vai pasando o almanaque

polo meu corpo gastado

i vexo todolos días

na pel que muda de vran.


Xa non teño a ledicia,

as forzas non van a máis

doenme os osos xoves,

os meus pés queren parar.


Sego pouquiño a pouco

coas gañas de voar

i fico só nestas verbas

ceibes i que hei ceibar.


--------------------

http://artigoo.com/sexo-tercera-edad




miércoles, 22 de marzo de 2017

Muller sen medo



Medo...

¿ou non?

Non sei se o medo é medo

ou son gañas de fuxir

ágora que ven o vento

ouveando o porvir.


Vaite, medo, non te quero

porque ti non es vivir.

Eu quero o ceo limpo

sen chuvia a carón de min.


Medo:

dasme medo

nun medo de ir e vir

de min ao eu que fuxe

deste medo ao vivir.


-----------------

http://artigoo.com/enviar-dinero-movil


artigoo.com
¿Te gustaría enviar dinero de móvil a móvil? ¿Imaginas que estás sin dinero y que tu marido te puede hacer una especie de transferencia que te ponga el di


jueves, 16 de marzo de 2017

Poeta viva, poeta morta

Toco a cicatriz

Volvo a tocar

A miña pel non é a miña

ou é ou non sei

ou estou sabendo  que sei

o que non sei


Tapoa


Esquezoa



Lembrase


Dor


Máis dor


Sego


Ando


Son a poeta viva,

a nai dos fillos mortos,

dos limbomeniños,

dos meus limbomeniños


-------------------------

http://artigoo.com/tarjetas-credito-conseguir-financiacion-urgente


artigoo.com
¿Necesitas dinero y no te importa tener deudas? Las tarjetas de financiación de crédito para conseguir financiación urgente pueden ser la solución a tu pro


miércoles, 8 de marzo de 2017

Poeta viva, poeta morta

Un día chorei

pola poeta morta

no pozo

no túnel,

pero sequei as bágoas con máis

poesía fora da libreta verde.

Escribín no ceo

o último xuramento.

Eu podía

Tiña que ergerme

Mirar no meu espello

á poeta viva

i amar en verso.

Gindeille as bágoas ao mar.

Ali ficaron.

Creo.


-----------------

http://artigoo.com/tarjetas-credito-conseguir-financiacion-urgente

artigoo.com
'¿Necesitas dinero y no te importa tener deudas? Las tarjetas de financiación de crédito para conseguir financiación urgente pueden ser la solución a tu pro' /



miércoles, 25 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

Voume

Veño

Estou

¡Estou!

Loito comigo en min

mentras caen horas vivas

onde houbo horas mortas.

Sego

Soño

Calo

Sego sendo a poeta

nun soño que estou soñando

i calo cando desperto

atada aos pinga pinga.

Xa estou poquiño a pouco.


----------------

http://artigoo.com/red-social-perfiles-profesionales-personales


artigoo.com
'Desde 2015 está en funcionamiento beBee, una nueva red social que se está abriendo hueco gracias a sus prestaciones más completas. En beBee se unen los perfi' /


viernes, 20 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

¡Veña!

Non penses

Cavilar é caer no fondo

Ti adiante

¡Ergete!

Son a poeta viva

Volvo á poesía,

a miña poesía,

a nosa poesía.

Deixo que as verbas

se vaian ceibando

i vou con elas

para seguir viva, latexante,

¡poeta!


---------------

http://artigoo.com/maletas-ninos-viajeros


artigoo.com
'Cuando viajas mucho con niños necesitas unas maletas para niños viajeros. Queda muy mal que los niños lleven una maleta que parece la maleta de un adulto. Lo' /


Poeta viva, ooeta morta

Cambiei...

¿ou non cambiei?

Son e non son,

pero son a mesma

sendo distinta.

Viaxo por min

caendo pola pel laiante...

O prezo foi a beleza

do corpo aínda xoven.

Gañei más vida

Poeta viva

Máis poeta

Más viva

Distinta

Allea na pel rachada

i cosida 

i doente.


---------------

http://artigoo.com/maletas-ninos-viajeros


artigoo.com
'Cuando viajas mucho con niños necesitas unas maletas para niños viajeros. Queda muy mal que los niños lleven una maleta que parece la maleta de un adulto. Lo' /


lunes, 16 de enero de 2017

Poeta viva, poeta morta

Atada á vida

Atada a min

Despertando á noite

Durmindo o día

Sen chorar

Forte

Para adiante...

Era a poeta viva

Agarrei a libreta verde

i volvín a ser eu poesía

Escribes notitas

Non, escribo poesía,

a miña poesía ceibe,

verbas ceibes,

verbas, só verbas,

so eu.


---------------------

http://artigoo.com/enviar-dinero-movil


artigoo.com
'¿Te gustaría enviar dinero de móvil a móvil? ¿Imaginas que estás sin dinero y que tu marido te puede hacer una especie de transferencia que te ponga el di' /


Poeta viva, poeta morta

No espello de min non son eu

Son outra

Son a poeta viva

¿I a poeta morta?

Ficou alí, no ¿qué soñas?

¿Soñei?

Sí, soñei comigo mesma

asistindo ao concerto dos mortos

na Rusia dos Zares.

Ninguén choraba

Eu tampouco

A procesión negra camiñaba

deixando pegadas negras

na neve da corredoira.

Tiña frío

¿I medo?

Non, o medo morrera de medo.


-----------------

http://artigoo.com/enviar-dinero-movil


artigoo.com
'¿Te gustaría enviar dinero de móvil a móvil? ¿Imaginas que estás sin dinero y que tu marido te puede hacer una especie de transferencia que te ponga el di' /


LIBROS