LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 18 de abril de 2024

Mulleres


Somos mulleres de primeira división.
Libres.
Fortes.
Sen dono.
Sen cargas.
Soas na nosa libertade.
Soas coa nosa forza.
Soas sen hombes donos.
Soas sen cargas que chaman familia.
¡Ceibes!

--------------------------


viernes, 5 de abril de 2024

Nenos

Igual que chegamos 
marchamos:
con panos no cú
e leite no papo.

¡Qué merda de vida!

Andar non se pode,
a cama non cansa,
unha filla loita
cos días da nada.

------------------




martes, 5 de marzo de 2024

Muller soa

Teño que decir que vou,
teño que decir que sigo,
teño que decir que estou
brincando como unha avispa.

Son o avispeiro cheo.
Son unha muller sen tino.
O mesmo canto sen fin
ou calo como na misa.

Miña nai sempre me di:
nena, desperta e espabila.
Deixame soñar, mamá,
os soños que non consigo.

-------------------


domingo, 3 de marzo de 2024

Muller soa

Hoxe pensei que voara
e estaba na camiña.
Ao meu carón un libro.
Enriba a manta tiña.

Só me voara a cabeza.
Só soñara un chisquiño.

Pero aínda está en min
latexando nesta vida
que sabe a algunha risa.

---------------------


martes, 6 de febrero de 2024

Mulleres ergidas

Un día decidín ser
unha muller ergida.

E erguinme.

Sen medo.

Leda.

Cun sorriso de azucre.

Cunha ferida no peito.

Pero tiña que fuxir
da corredoira do demo.

----------------------
Roupa sexy: Merca eiquí o que más che goste

sábado, 6 de enero de 2024

Os fillos que parín

Os fillos que parín no me quiseron
nai,
pero fun a nai de catro deles.
Medraron dentro
quentes
e saíron nas mans do médico.

Foron tan meus que lles falaba
cando ía polas rúas da Coruña
facéndolles un futuro de colexios.

Vinnos xogar
ledos
fortes
¡meus!

Saían do colexio Eusebio da Garda
e fuxían pola praía de Riazor
a nado.

Non, ¡non!

Os meus meniños irían a outro colexio
alonxado das ondas namoradas
dos corpiños.

Pensei no meu colexio en Elviña
e vinme contándolles a miña nenez
aos meus nenos vivos.

---------------------------

viernes, 5 de enero de 2024

Nai viva, nai morta

Foi outro Nadal sen nai,
sen vida pero con vida,
sen festa pero con festa.

Busqueina nos recordos
que teño dela
e vina viva,
leda,
festeira.

Pero tamén a vin morta
no seu derradeiro adeus
e vinme sen raíces,
soa...

----------------------


LIBROS