Vou cara ti aínda que non estés porque sempre estás no meu cabilar. Mi chico, mi chico, chámote sen nome. Mi chico, mi chico, aínda estou lonxe. Mi chico, mi chico, axiña te atopo. Ti estás pensando tamén no meu nome, na túa raíña da cidade da Torre, a que tanto escribe, a que tanto conta, a que che adica os versos da noite. |
jueves 2 de julio de 2009
Mi chico, mi chico
sábado 23 de mayo de 2009
Eu, a poeta
![]() Abro a fiestra i vivo no campo sen cancelas, aquí ninguén te bota fóra da túa leira. Enredome na Rede con verbas e máis verbas, brinco de unha páxina noutra que xa invento. Iste é o mundo libre que eu quero atesourar na miña realidade. Iste mundo sen portas é o que non atopo na miña realidade. |
jueves 14 de mayo de 2009
Eu, a poeta
![]() Aíllome do mundo adentrándome en min ata que me esquecen os que están a vivir. Eu estou nunha cárcere da que non sei sair. Sempre catro paredes. Sempre o mar de fin. Mañán, moi caladiña, deixareime fuxir pola ventá que abro para chegar a ti. Nun teclado alleo os meus dedos camiñan por letras que escribiron antes do sol caer. |
martes 12 de mayo de 2009
En dúas linguas
Me clavo y desclavo de la cruz de tu amor cuando veo en tus ojos escrito el adiós. Ti xa non me queres, eu quero seguir coas lapas máis mornas ardendo por min. Cravada na cruz toleo por ti, non quero cambiarte por outro sentir. Prefiro os cravos feridos de fin a uns cravos novos aínda por ferir. Por eso me quedo pegada a las sábanas cuando tu ausencia rellena la cama. |
sábado 21 de marzo de 2009
Namorándome
Chegoume o teu retrato. Moitas grazas. Lembrábate antes, ágora son lembraza. Non sei se voltar contigo ou quedarme con outro que ronda o meu corazón. Ti es o retrato do que foches sempre, él é a incógnita dun libro a escribir. Non che correspondo cun retrato meu, pero douche as grazas por non me esquecer. |
miércoles 4 de marzo de 2009
Eu, a poeta
| Son eu a que enche o serán de poesía, a que sementa verbas no deserto, a que pranta froles que non nacen, a que recolle nada e moito e tanto pouco. Son eu o silencio levado polas pernas, a boca que fala pola man, a agonía que morre pero vive, a loita da tinta por pasar. Son eu isa que cres chamada Miss Derrota, isa que aínda segue a súa loita, isa que vai ceibe pola rúa, isa que cala, isa que escoitas, ista. Eu. A poeta. |
jueves 19 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



