LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 21 de marzo de 2009

Namorándome

 
Marilyn Monroe
 
 
Chegoume o teu retrato.
Moitas grazas.
 
Lembrábate antes,
ágora son lembraza.
 
Non sei se voltar
contigo ou quedarme
con outro que ronda
o meu corazón.
 
Ti es o retrato
do que foches sempre,
él é a incógnita
dun libro a escribir.
 
Non che correspondo
cun retrato meu,
pero douche as grazas
por non me esquecer.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Eu, a poeta

 
 
Son eu
a que enche o serán de poesía,
a que sementa verbas no deserto,
a que pranta froles que non nacen,
a que recolle nada e moito e tanto pouco.
 
Son eu
o silencio levado polas pernas,
a boca que fala pola man,
a agonía que morre pero vive,
a loita da tinta por pasar.
 
Son eu
isa que cres chamada Miss Derrota,
isa que aínda segue a súa loita,
isa que vai ceibe pola rúa,
isa que cala, isa que escoitas, ista.
Eu.
A poeta.

LIBROS