LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 30 de mayo de 2007

Baixo o signo de Caín

 
Co signo de Caín tras min
¡non!

Cruzo a rúa
fuxo do mundo
subo escaleiras
non baixo nunca.

O signo de Caín segueme
¡non!

Morro en min
nazo noutra
saio á rúa
con outra túnica.

O signo de Caín buscame
¡non!

Hoxe non me atopa
son libre, libre, libre
¡qué ledicia!
hoxe... son libre.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 28 de mayo de 2007

Baixo o signo de Caín

capitania
 
Dixeronme soña e soñei
fixeronme promesa e crin
abrin a mañán ca esperanza
encadeandoa noutra e outra
ata o infinito das esperanzas.

Pero pasou o día e pasou todo
na miña man a estampita
no espello o sorriso doutros
aqueles outros que prometeran
timandome co ruin engano.

Sinto a rabia nas uñas que rachan
teñindo vermellas as augas
e xuro e perxuro como Escarlata
con Deus de testimuña
e o demo na vinganza.

Xuro non crer palabras
que prometen moito, e nada
xuro gardar a espiña confitada
con esa estampita que tiro o balado
e que me rebota nun cravo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 25 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 21

 ¿REMATA O MUNDO?
 
 Eva voltou a Madrid. Hai que recoñecer que, aínda que non se sabe vender, non perde a esperanza de venderse. A súa ilusión é expoñer os seus cadros na capital do Reino.
 
 -Se non chegas a Madrid non es ninguén, tía -dime sempre.
 
 Eu estouche ben contenta na Coruña. Non vou para Madrid nin que me nomeen raíña das Españas.
 A quen han de nomear rei dos parvos é o meu asistento Pepe. Non hai quen lle quite da cabeza que o mundo remata no ano 2.010.
 
 -Dio Denise, duquesa, e xa sabe vostede cas brasileiras saben moito de maxia.
 -Tamén saben como coller un home con cartos. O carniceiro ten tantos cartos coma xenio. Discuten dabondo, pero xa están ampliando o chalé.
 -Non diga nada, duquesa: pediron cartos ó banco.
 -¿Hipotecou a carnicería?
 -Puxo de aval unhas leiras que ten en Terra Chá.
 -engañou os do banco, emu neno. A terra non vale un peso nas aldeas.
 
 Denise é lista coma o demo. O meu asistento meteulle na cabeza o fin do mundo, pero o seu home parece que non lle dixo nada de que o mundo remata no 2.010. Debeo querer deixar fora do Ceo.
 
 Onte achegouse o carniceiro a miña casa. Púxose diante da cancela e non se atrevía a chamar. Chameino eu denda ventá da cociña:
 
 -¿Queres algo, rapaz?
 -Viñalle a ofrecer uns ovos de corral. Son de toda confianza.
 
 Baixei ó xardín a velos de cerca. Eran igualiños os que merco no Gadis: nin máis grandes nin máis pequenos.
 
 -¿Cánto pides pola ducia?
 -Cinco euros, duquesa. As miñas galiñas son de toda confianza.
 -¿Tes galiñas? Polas mañáns non oio ó galo.
 -Galo non teño. Os galos non poñen ovos e hai que mantelos.
 
 O carniceiro é un bo negociante. Só ten animais que dan producto. Merqueille unha ducia de ovos para comparalos cos que merco no supermercado.
 
 -¿Dixoche a túa dona que remata o mundo no 2.010?
 -Non, duquesa.
 -Pois andao decindo por ahí.
 -Ela di moitas cousas. Gaña os cartos falando.
 
 Moitos cartos debeu de gañar. Todas as miñas amigas saben co mundo remata no 2.010.
 
 -¿Cánto che cobrou Denise por decirche cando remata o mundo, Pepiño? -pregunteille o meu asistento.
 -Trinta euros, duquesa.
 -¡Carallo! Xa gaña ela máis cartos falando do fin do mundo, que gañei eu casando co duque de Monte Loureiro.
 -Debía disfrutar o tempo que queda, duquesa. ¿Por qué non fai unha viaxe?
 -Ti queres que gaste os aforros.
 -Don Uxío pode pagarlle unha viaxe a Cuba.
 -Pra bo sitio me mandas. ¿Queres que Fidel me meta no cárcere?
 
 Moi parva é algunha xente. O meu asistento mira pras pernas de Denise, abre a carteira, cre no fin do mundo e dime que viaxe a unha dictadura comunista. Sorte que eu teño sentidiño.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 24 de mayo de 2007

Gaivota namorada


Cain namorada
sen decatarme
foi só un intre
e ti ganaches.

Din que Cúpido
fai sempre estragos
eche ben certa
esa verdade.

Voaba libre
e fun baixando
ata unha pola
onde ti estabas.

Marchei de novo
voando alto
o meu corazón
xa te levaba.

Cando voltei
soupen que eras
o que Cúpido
me sinalaba.

lunes, 21 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 20

 A SOGRA DE EVA
 
 A nai de Alexandre chegou a miña casa vestida dos pés á cabeza de Armani e cheirando a Chanel nº5. Traía nas orellas uns pendientes de ouro con diamantes, un anel na man dreita a xogo e ningunha xoia máis.
 
 -Encantada, condesa... Es muy amable al recibirnos en su casa. ¿Sabe que no se parece usted nada a la de las fotos?
 -As fotos dos xornais son moi malas , Margarida.
 -Perdón, me llamo Margarita.
 -Margarida, Margarita,... ¿qué máis ten ? Imos a ser parentes en agosto ou quizáis antes.
 -¿Parientes?
 
 ¿Aquela muller non sabía co seu fillo casaba con Eva no vran?
 
 -Mi tía se siente emparentada con todos los jóvenes gallegos a los que ayuda con sus inversiones.
 
 Eva non sabe nin vender cadros nin pillar home. Senteime á mesa i empezamos a comer. A nai de Alexandre falaba de viños, colleitas, anos...
 
 -Iste albariño é o mellor viño do mundo -dixen ó ver que ela no alababa.
 -¿El albariño? No, por Dios. El mejor vino es el burdeos.
 -¿Ti es galega ou francesa?
 
 A de Vigo palideceu.
 
 -No hablo gallego porque en mi colegio no lo enseñaban. Estaba prohibido.
 -¿A qué colexio fuches?
 -A la Compañía de María. Es un buen colegio. Ahora tienen clase de gallego.
 -Pois ise colexio tan bo fixo unha francesa en Galica: no habla gallego, no le gusta el albariño y bebe vino francés.
 -¡Qué simpática es usted! -riu Alexandre.
 
 A miña sobriña tiña as mans na cabeza. A de Vigo acabou rindo despois de pensar se tiña que rir ou chorar. Tamén podía ergerse e marchar. No fixo. Comeu a paella de nécoras coma se nunca na súa vida vira comida diante. Nin o gato deixa os pratos mías limpos. O albariño non era burdeos, pero encheu un vaso tras outro ata rematar media ducia de botellas. Aproveitei a súa ledicia etílica para falar do que importaba.
 
 -Imos asignar un contrato, Margarita.
 -¿La inversión de los edificios inteligentes? Lo firma Alexandre. Yo sólo soy la asesora financiera de Inversiones Capital Riesgo Paxariño.
 
 Un bo risco sí que era. ¡La madre que la pario! A miña Eviña levaba unha sogra que na quixera nin pra un inimigo. Pero Alexandre ten cartos i hai que pensar no futuro. Berreille o meu asistento que trouxera papel e bolígrafo.
 
 -¿Sabe o que vai facer? -preguntoume achegado a miña orella esquerda.
 -Ti deixame a min, meu neno.
 
 Escribiu rápidamente un consentimento de matrimonio con dúas testimuñas: eu maila nai do noivo. A Pepiño no puxen porque non estaba dacordo co que alí se facía.
 
 -Asinade todos.
 -¿Quiere saber como firmo, condesa?
 
 A de Vigo doulle a volta a folla e fixo un garabato que me deixou abraiada. As monxas da Compañía de María ensinan a facer signaturas ben grandes. Os de colexio público facemos signaturas pequeniñas. Non seremos nada, pero chegamos a moito se cremos e nos deixan.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

sábado, 19 de mayo de 2007

Baixo o signo de Caín

cruceiro
 
Coma un paxariño
que pía pra sí
que canta as penas
que fuxe de si.

Eu vou polo mundo
piando pra min
as penas nas quero
morrendo en min.

Como un paxariño
voando baixiño
ansio as alturas
e quedo baixiño.

Eu vou polo mundo
facendo camiño
pisando as pedras
cos pés no camiño.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 18 de mayo de 2007

Baixo o signo de Caín

Esculturas 2.jpg
 
Botolle un pulso ó Caín
reto o mal a ser ruín
perdida no camiño estou
sen paraíso coñecido
todo o inferno é pra min.

¿Onde está o meu ceo?
¿Onde Deus esconde a chave?
¿Onde están as escaleiras
que levan polo ataxo?

Un ascensor busco axiña
soio atopo unha corda
pra morrer teño instrumento
pra vivir faltanme forzas.

Fuxo enoxada co mundo
pérdida no último soño
a mar chamame cas ondas
a viaxar a outro mundo
e eu vou pisando forte.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 15 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 19

 EDIFICIOS INTELIXENTES
 
 Alexandre veu a pedir máis cartos para os seus investimentos.
 
 -Zapatero nos financia con un veinte por ciento, condesa.
 -¿E de onde lle saen os cartos a Zapatero?
 -Quiero decir que nos ha concedido una subvención de la partida destinada a I+D+i.
 -Eu ista vez só che concedo os bos desexos.
 -Es una inversión transcendetal para Galicia, condesa. Pondremos en marcha los primeros edificios inteligentes de España. Imagínese, condesa, los platos se autolavan, los suelos se autolimpian, las camas se autohacen,...
 -Carallo, credes deixar a Pepiño sen traballo.
 -O teu asistento recilaríase, tía. Pordír ser chófer, por exemplo.
 -Pouco traballo ía ter na miña casa de chófer, nena. Eu cando quero baixar A Coruña, achégome á Universidade a facer autostop.
 -¡Tía! ¿Estás tola? Se che sae un violador...
 -Atá hoxe todolos que me levaron foron rapaciños moi educados.
 
 A miña sobriña non é nada moderna, carallo. Hai que vivir cos tempos se non queres que te coma a velles.
 -¡Remata o mundo, duquesa!
 -¿Qué dis, carallo?
 -Díxomo Denise.
 -Sentate, Pepiño, e bebe unha copa diste licor de ameixas que merquei onte no Gadis.
 -¿Cómo le llama duquesa? -preguntou Alexandre.
 -A miña tía é a condesa da electricidade e a duquesa das augas subterráneas -respostou Eviña.
 
 Calei porque Alexandre é un home con cartos i a voda está para agosto, que senon íalle decir eu a Eviña o que son as augas subterráneas.
 -No 2.010 remata o mundo, duquesa. Temos que disfrutar os tres anos que quedan para o día do Xuicio do Pai do Ceo.
 -Lo mejor que puede hacer, condesa, es invertir sus ahorros en los primeros edificios inteligentes del Estado.
 -Se son coma o teu Cinema Paxariño, case prefiro xogar os cartos no Bingo.
 -Eu marcho pro Brasil, duquesa. Alí hai moitas mulleres para disfrutar.
 -¿Toleaches, carallo? Denise meteuche o demo no corpo, Pepiño. Quedas na miña casa e punto.
 -Pero remata o mundo.
 -Deixao ir.
 -¿Vaillo decir a don Uxío?
 -O meu fillo non precisa saber se remata o mundo, máis ben precisa pensar que continua. Só faltaba que baixe Deus a xuzgarnos antes de que él sea bispo da Coruña.
 -¿Su hijo, condesa? Pensé que no tenía hijos.
 -Teño moita familia de Dios, xa os coñecerás a todos o día da voda.
 -Por cierto, a mi madre le gustaría conocerla.
 -Que veña cando queira, neno. Nesta casa ten as portas abertas.
 
 A miña sobriña enoxouse porque non lle din outra presa de cartos falsos o seu noivo.
 
 -Xa llos darei cando che diga o sí quero.
 -Non lle vexo eu moitos modos de casar, tía.
 -Pois se non llos ves, hai que poñerllos.
 
 Pasado mañán ven a cear coa nai. Vou ter que adiantarlle a voda a xunio para que lle veñan as gañas de casar.
 



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

sábado, 12 de mayo de 2007

Festa rachada con Hércules

 
Baila, meu Hércules, baila
que este mundo queda eiqui
por se aló quitanos bailes
imos bailando eiqui.

Da muiñeira á sardana
da xota ó pasodoble
cando máis abaixo imos
bailamos sevillanas xuntos.

Aplauden todolos peixes
o crego botanos fora
di que na igrexa penan
a Pascua do Cristo morto.

A dor do Señor sintoa
pero a ledicia é moita
o meu Hércules voltou
pra bailar conmigo soa.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 10 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 18

XA NON TEMOS MEIGALLO

Díxome o meu Uxío que don Bieito está moi contento cos cadros de Eviña no Vaticano.

-Don Bieito ve a man de Deus neles, mamá.
-Pois a única man que moveu o pincel foi a da túa curmán Eva.
-Eva es católica y Dios se manifiesta a través de la Fe de los creyentes.
-Non me fales dun Deus tan complicado, fillo.
-¿Fuiste a la catequesis, mamá? La catequesis de la tercera edad te será de gran ayuda para vivir la ausencia de papá con presencia de ánimo.

Tiven que colgarlle. Nin estou na terceira idade nin preciso catequesis algunha. Aínda hei de romper catro ducias de pares de zocas antes de chegar a velles, se Deus me deixa e o corpo mo permite. Viúva tampouco me sinto, o viúvo é o meu difunto, Deus o teña na gloria do Ceo, ¿non sí? Creo que o duque de Monte Loureiro, aló arriba, é viúvo meu. O noso señor Santiago a ter tino do meu duque para que non me sexa infiel con outra.

Quen din que é infiel é o carniceiro que casou con Denise. Ela veu o outro día a miña casa a decirme que me quitara o meigallo que me botara.

-Tanto ten, Denise, o meigallo máis en levamonos ben.
-Funme a confesar é prometin non volver ameigar a ninguén.
-Pareceme unha boa promesa.
-O crego púxome vinte avemarías de penitencia.
-Non che puxo moita penitencia, a min non me deixa sair da igrexa se non rezo antes todo o catecismo.

Denise di cos aristocratas temos que rezar máis cos probes porque de eles é o Reino dos Ceos. Eche unha boa mentira. O Reino dos Ceos hache de ser coma o Reino da Península: se tes cartos ben vives, e se non tes sofres.

O meu asistento respirou aliviado ó saber que xa non temos meigallo.

-Era unha mala cousa, duquesa.
-Pois eu aínda hei botar de menos os bonecos que poñía Denise diante da cancela.

Os bonecos moito inspiraron a miña sobriña. Fixolle un retrato a cada un.

-¿Xa non pon Denise bonecos no teu xardín, tía?
-Non, nena. Xa non estamos ameigados.
-Ialle poñer a cara da boneca de hoxe a virxen que estou pintando para o Vaticano, pero se na temos, poñereille a cara de Denise.

A Pepiño doulle unha volta pola noite cando viu a Denise de Virxen María. Temén é moi católico.

-¿Morrería o meu asistento? -pedireille a miña sobriña.
-Non, tía. Cun caldeiro de auga fría xa desperta.

Eviña encheu un caldeiro de auga e botoullo. ¡Qué berros! ¿E decía Denise que xa non estabamos ameigados? Aquel home parecía que tiña o demo no corpo. Encendeu a vela da Pascua e foi calmando.

-Denise non é virxen, duquesa.
-Iso saberao ela.
-Ten catro fillos no Brasil, un ex marido máis un home carniceiro.

A miña sobriña dixo ca súa Virxen era a Magdalena. Ollei o cadro, i erache ben certo: Denise semellabase ben a Magdalena da película de Mel Gibson.

miércoles, 9 de mayo de 2007

Festa rachada con Hércules



No xardín de Méndez Núñez
arranca todalas froles
para, Hércules, que vas preso
se roubas todalas rosas.

Danza enriba dos bancos
ofrecéndome as rosas
colle, Mariña, que hai moitas
no collo rosas de todos.

Pra mercar hoxe non podo
por domingo pecha todo
mañan mercareinas todas
ti espera só un pouco.

Alí vai baila que baila
sementando rosa a rosa
axeonllase diantre doutra
¿qué fas meu Hércules tolo?

Ésta es ti de vella
cala, tonto, que eu son nova
serás pedra de escritora
non, meu Hércules, equivocaste.

Sacudoo para que desperte
dona Emilia equivocao
está adorando a estatua
murmurandolle amores.

martes, 8 de mayo de 2007

Festa rachada con Hércules




Mariña miña poeta
cala tolo que estás tolo
María con unha @
cala, Hércules, meu muso
Mariña miña escritora
calo o noso segredo
María con unha @
non sei onde está a tecla.

Mariña que me retratas
pinto ca pluma do galo
María con unha @
non penses tanto meu muso
Mariña baila conmigo
bailo cando penso en ti
María con unha @
bailemos sobre as ondas.

lunes, 7 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 17

O PRIMEIRO ESTREO

Onte fun o estreo dos primeiros debuxos animados do Cinema Paxariño.

-¿Iste é o Coliseum? -pregunteille o noivo da miña sobriña.
-Alugamos unha sala de proxección acolladora.

¡E tanto! Estabamos en familia. O meu salón era máis grande que aquel baixo cheo de cadeiras de terraza de taberna da aldea.

-Le voy a buscar una silla más cómoda, condesa -ofreceuse un dos mestres que debuxaron o invento que saía pola pantalla.
-Deixa, meu neno, o meu cú xa se acostoumou a ista cousa.
-Isa que sae agora é María Pita, tía.
-¡Valgame Deus! Inventaron unha María Pita ben moderna.

A min semellabaseme a Angelina Jolie. Guapa era, pero non lle vía eu maneiras para defendernos dos ingleses. Levaba un corsé igualiño os de Escarlata O´Hara. Aquela ía afogar cando empezara a guerra.

-Agora aparece o home de María Pita.
-¡Polos cravos de Cristo! ¡É Brad Pitt! ¿Qué fixestes, carallo? Ises teñen de galegos o que teño eu de chinesa.
-Los gallegos descendemos de los celtas, condesa.
-¿Vasme a decir ti a min de quen descendo?
-Somos rubios y de piel blanca.
-Sí, meu neno, coma a vaca marela.
-Eso, eso.

Alexandre sorría, os mestres aplaudíanlles ós da pantalla, a miña sobriña miraba as uñas, o público estaba caladiño... Non, en no Cinema Paxariño non volvo a poñer nin un billete falso. Aquelo da pantalla era un plaxio mal feito.

-Isa María Pita é unha mistura de Angelina Jolie e Escarlata O´Hara.
-La I+D+i hace maravillas, condesa. Ahí está el futuro.
-Se o futuro consiste en plaxiar, conmigo non contedes.

Alexandre estaba decidido a darme unha lección maxistral sobre investimentos e innovacións que en no vía na pantalla. Deixeino falar. A María Pita Jolie bicaba o Brad Pitt. Debían estar no maio do 68 porque en vez de facer a guerra facían o amor.

-Agora empezan as batallas
-Grazas, Eviña, por avisarme.

Os da pantalla seguían a bicarse, man para arriba, man para abaixo, te quiero mucho y somos felices. ¡Menudos guerreiros!

Un estoupido fixome tremar. ¡Carallo! Empezaba a guerra. Botei a man o crucifixo que levo sempre debaixo do vestido. Pero... ¿qué guerra era aquela? Noite, luces, bombas, misiles,...

-Isa é a guerra do Irak.
-¿Qué dis, tía?
-Que eu isa guerra vinna na televisión.
-Mire a su heroina, condesa.

¡Valgame Deus! Angelina Jolie tiña o corpo da Mariquita Pérez. Brincaba coma o demo no inferno cunha saia que na movía nin o medo.
-Vai poñer en marcha os cañóns, tía.
-El marido ya ha muerto.

Non aguantei máis. Erginme e puxenme eu en marcha cara a porta. O morto estaba envolto nunha bandeira americana e, na última ollada que lle botei, vinlle a cara de Bush. Non, a nosa María Pita, endexamáis se casaría co Bush. Paarei un taxi e fun a rezarlle un padrenuestro a Nosa Señora do Rosario. Viña de ver un pecado moi grande de Dios.

jueves, 3 de mayo de 2007

Festa rachada con Hércules

Castillo San Anton.jpg
 
Deus traemo outra vez
ponmos pinceles nas mans
a tela é toda a mar
a tinta o inmenso Atlántico.

¡O meu muso! ¡Hércules!
quietiño que xa empezo
este cadro mariñeiro
da tua Mariña das mares
pro meu muso mariñeiro.

Hoxe es meu
Hoxe son túa
Non me fales de mañán
nin de dentro dunha hora
co momento é agora.

Deus traete a miña praia
eu recibote de novo
da area farás torre
de ti farei outro muso.

Serás aquel rapaciño
sen ser eu pintora tola
seras o muso da poeta
serei poeta pro meu muso.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 2 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 16

 TORCENDO A SORTE
 
 A miña sobriña foi a Madrid cos seus cadros e volveu no mesmo día.
 
 -Non hai nada que facer, tía. Non teño sorte.
 -¿Sorte? A sorte hai que roubala, Eviña. Mira para min: con un "sí, quero" pasei do proletariado á aristocracia.
 -Os tempos cambiaron.
 -Non, nena. Os tempos son os mesmos. Se non loitas, comente.
 -Levei os meus cadros a todalas galerías e non mos quiseron en ningunha.
 -¿Levabas cartas de recomendación?
 -Eu non quero padriños.
 -Pois sen padriños non hai bautizo. Por moi católica que sexas, se chegas a diante do crego cun neno sen padriños, non cho bautiza, e o cativiño vai pro limbo. É o que lle pasa as túas pinturas: están nun recuncho do inferno porque non te sabes vender.
 
 Eva conectase ó Internet. Non quere oír as miñas verdades. Prefire chatear co noivo e soñar. ¿Qué se gaña soñando? Nada.
 
 Mira Denise, co seu carniceiro pasou de inquilina a esposa propietaria do chalé. Discuten dabondo, pero aínda non chegou o sangue ó porto.
 
 -Dixenlle a Alexandre que esta semán expoño na galería Sete Muiños.
 -Menticheslle.
 -Sí, tía. Dabame vergonza decirlle a verdá.
 -Pois se non che gosta a verdá, tes que cambiala.
 -¿Cómo vou a cambiala? Non podo, tía. Pechanme todas as portas. NUnha galería atá se atreveron a decirme que non volvera por alí.
 -Pois a isa é a que vas volver. Se non queren unha taza de caldo van a ter un caldeiro. Mañán imos a perruquería e despois collemos o avión pra Madrid. Xa verás como a min me tratan ben.
 
 Eva di que non. Marcha coa súa tristura, paseándoa por dentro e por fora.
 
 -Hai que facer algo por isa nena, duquesa. Galicia está perdendo a súa mellor pintora.
 -Tes razón, Pepiño. Teño que cavilar unha solución, pero ten por seguro que a miña sobriña chegará a ser a mellor pintora do mundo mundial. ¡Cómo me chamo Clotilde!
 
 Paseis a noite sen dormir. Quería cavilar e non podía. É máis doado axudarte a ti que axudar os outros. Eu tamén fun unha rapaza sen futuro, pero soupen gañalo. As miñas compañeiras deixaron a beleza traballando na escravitude doméstica, mentras eu cada día estou mellor moza porque casei ben e enviudei mellor. Deus teña o duque de Monte Loureiro a súa veira no Ceo. O meu difunto foi o mellor trofeo que puiden atopar.
 
 A idea xenial douma o meu asistento no almorzo:
 
 -¿Por qué non lle pide a don Uxío que leve os cadros da súa curmán pro Vaticano?
 -¡Iso vou facer! Grazas, meu neno, pola idea. Dúas cabezas pensan mellor que unha.
 
 Chamei o meu Uxío. O único pero que puxo foi que non foran pinturas escándalosas.
 
 -Tranquilo, fillo. Non che hei de mandar ningunha muller moza pintada espida.
 
 O meu fillo é un crego moi católico de Dios. Non sei a que agarda don Bieito para nomealo bispo da Coruña.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS