LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 6 de diciembre de 2018

Muller ceibe

​Debería estar chorando
porque sinalan co dedo
o meu dedo sen anel
i ríen o que eles pensan
unha peniña moi pena.

¿Chorar eu por estar ceibe?
Nin choro ni teño gañas
de mollar panos do peto.

Teño neste peito meu
ledicia por estar ceibe,
sen o peso dun anel
neste dedo de princesa.

Volvo a berrar decindo:
son unha muller ceibada
i non quero nin preciso
un dono na miña cama.

-----------



miércoles, 5 de diciembre de 2018

Sobriños lambóns en Vilademos

​ O vello Xan quere mercar un anaquiño de monte. Vendenno a bó prezo. disque por mil pesos bótancho ao lombo. A súa dona non quere máis montes.

 -Xa imos vellos, Xan. Cavila un pouco.
 -Quero deixarlle unha boa herdanza ao sobriño, carallo.
 -¿Ao xenro da Carmela?
 -Sí, señor. É bo rapaz.
 -Un lambón.
 -Fala ben, muller.
 -Xa me pediu cinco quintais de patacas antes de sementalas.

 Xan cala. A súa dona aínda nos sabe que hai que dar el ter para que os sobriños te veñan a ver.

----------------

sábado, 24 de noviembre de 2018

Muller ceibe

​Non sei se vou de parranda
ou estoume debullando
das follas que son de millo
para escribir o que falo.

Vou un versiño arriba
i un versiño abaixo,
endexamáis conto sílabas
porque traballar me mata.

A miña vida é unha festa
na que sempre canta o galo
cando aínda hai orquesta
con ganas de máis parranda.

------------


viernes, 23 de noviembre de 2018

Muller ceibe

​Dixeronche que caía
¡Qué parvos son os que falan!
Aquí me tes nos meus pés
e cos zapatos debaixo.

Dixeronche que morría
¡Cantos desexos estranos!
Volvín con folgos dabondo
para seguirche cantando.

Dixeronche que dixera
que tiraba coa toalla.
¡Cánto falan os que falan!
Pois dille as malas lingüas
que hai poeta para rato.

----------------------




miércoles, 21 de noviembre de 2018

Risas en Vilacans

​ O xenro da Carmela é un bo home. Vai a ver á sogra e cántalle cancións de Julio Iglesias. Carmela ri. É unha muller moi farrera. O outro día na feira dixo que mataría á sobriña. Todos riron. Ata o garda municipal botou unha gargallada.

 -Decide por ahí que son unha boa muller. Eu non quero matar, pero non me gostan os da Coruña.
 -Non sexas racista, muller -dille a Xoaniña.
 -Son de Vilacans.

 Rin todos. O xenro da Carmela é o que máis ri. Chora coa risa.

 -Vou a mesarme.
 -Non fagas tal cousa, carallo, que saes na Voz de Galicia.

 O xenro da Carmela ri máis. Mesado ou non, seguide rindo. Toda a feira de Vilacans ri con él.

 -¿De qué rides? -pregunta o cura.
 -¿Rir é pecado, don Jesús? -pregunta a Carmela.
 -Rezade uns padrenuestros cando acabedes de rir.

-------------------


lunes, 12 de noviembre de 2018

Muller ceibe


 
​Ti podes, eu podo
vou decindoche e decindo
polas rúas onde son
anónima e sinxela.

Non son de ningún parente,
nin filla con pais que sexan
coñecidos por labercas.

Eu son a muller ceibada,
unha estrela que alumea,
son o raio i a tormenta,
son o sol i o firmamento.

Son tanto que non me acougo,
narcisista e sempre alerta
porque os demos andan preto.
Xa os sinto. Xa se achegan.

---------------


domingo, 14 de octubre de 2018

Muller ceibe

​Voando soa estou
(decateime ágora)
Voando alto
Voando baixo
Caendo
Ergendome
Son unha gaivota arriba,
abaixo tamén gaivota,
no medio nunca me atopas

viernes, 12 de octubre de 2018

Ergéndome



Caín como unha pomba
cae cando voa baixo.
Eu cría só ir tirando
i acabei mal tirada.

Máxica foi a caída
Máis máxico ergerme soa
mentras sufría as pedradas
dos demos que non acougan.

Foron os cartos nosentos
Foi a enveza dos demos
Foi o culta a ruindade
Foi tanto coma eu non teño.

Muller ceibe



​Vou por vilas e cidades
defendendo estas ideas
de muller libre de home
e dinme tola por telas.

Non me importa o que digan
os que os trabucos levan.
Eu levo unha bandeira
de verbas botadas ceibes.

Non quero honores de parva
como queren as do sí quero.
O meu honor é ser libre
e sentirme muller ceibe.

domingo, 2 de septiembre de 2018

A miña leira

​Verde, sempre verde,
o infinito verde,
a leira verde,
a herba verde.

Verde

Volvo i hai máis verde

Chove i ten máis verde

Verde


Unha soa cor: verde

A miña leira é verde
Sempre será verde
¿Sempre?
Non, non será sempre
un anaco verde meu:
A leira vendese.

jueves, 30 de agosto de 2018

Nai

​Non te durmas, miña nena,
que ven chegando o demo
e ti tes que estar ergida
coas enerxías rexas.

Erge a testa e non baixes
o teu corpo da escaleira
para botar a ese demo
do que é teu i é che leva.

As penas que tes xa fuxen.
Lembras xa a que ti fuches.
Non detes o teu enoxo.
Eres a que sempre fuches.

Muller sen dono

​Son a moza vestida de rosa,
son a moza de branco vestida,
son a moza que non quere home,
son a moza que sega i ríe.

Mar adentro son a mesma
que no peirao habita
cos lóstregos alumenado
cando a treboada brica.

Unha estrela hai no ceo,
na terra hai estreliñas:
son as luces que acenden
ao pasar a princesita.

Suben as pensións en Vilademos

​ O vello Xan está de palique cos outros vellos da vila. Disque subiron as pensións. Xan saca do peto os billetes i conta un tralo outro.

 -¡Garda os cartos, carallo! -berra a súa dona dende a ventá do faiado-. Andan os ladróns por Vilademos.
 -Cala, muller.
 -Ti gardame os cartos.

 Xan mete os cartiños na libreta do banco i garda a libreta no peto. O Presidente é un bó home, pensa. Doulle casi vinte euros de suba.

domingo, 22 de julio de 2018

Chove en Vilademos

​ En Vilademos chove de carallo. O vello Xan está na cama durmindo. A chuvia sempre lle dou sono. Xa de cativo dormía cando chovía e tronaba.

 -Desperta, Xan -pregalle a súa dona-. Estás a roncar demáis. Veu a veciña a petar á porta. Di que lle asustas o can.

 Xan abre os ollos i pregunta si deuxou de chover.

 -Non, ho. Dixeron no parte que chove todo o fin de semana.
 -Pois vou a seguir asustando ao can da veciña. Dillo para que non nos pete na porta polos mus ronquidos.

-------------------


sábado, 21 de julio de 2018

Verbas que non ceibo

​Chove
No verán chove
Peta a chuvia nas vidreiras
Tempo tolo penso
Todos tolos

Déixome caer no fantasmagórico
mundo dos meus contos
sen contar...
Son verbas que non ceibo,
verbas tan miñas
que fican en pesadelas
Soños que non son soños

Chove
Xa non penso

martes, 1 de mayo de 2018

Cartos de Bruselas para Vilademos

​ O alcalde trouxo a Vilademos a un señor moi importante da Unión Europea. Levouno casa por casa. O vello Xan doulle un prato de caldo.

 -Coma connosco -convidouno.

 A súa dona púxolle outro prato ao alcalde.

 -¿Cántos cartos nos vai a dar iste home? -preguntoulle.
 -Hai que votar en Bruselas, pero habrá cartos para os labregos -prometeulles o alcalde.
 -¿E traenos no peto?

 O alcalde sorriu. Debía ser certo. Xan botoulle máis caldo o de Bruselas, un home moi educadiño: comía e calaba.

---------------

sábado, 7 de abril de 2018

Chove en Vilademos

O cambio climático chegou a Vilademos. O vello Xan, canso de ver chover, ponse a facer a declaración. Quere contribuir á recaudación da Axencia Tributaria porque Facenda lle deu sempre máis do que lle pillou.


 -¡Ai, carallo, sae a pagar!

 -¿Qué dis, Xan? -preguntoulle a súa dona.

 -Co cambio climático chegoume á carteira. Este ano chove, a declaración sae a pagar, o alcalde non colle o teléfono.

 -Xa sabes que cando chove o alcalde vai para as Canarias -lembralle a súa dona.


------------------

http://yoganodineroeninternet1.blogspot.com/ 



Leite desnatado en Vilademos

Coa cota láctea vivíase ben. Ágora pagaban moito menos o leite as industrias. O vello Xan multiplicaba o leite coa auga da Fonte Santa.


 -Máis leitiño máis cartos.

 -Ten tino, Xan -pregaballe a súa dona.

 -Cala, muller, que estou a facer leite desnatado para o alcalde e para a fábrica.


 O alcalde de Vilademos viña a mercar leite i non decía nada. O vello Xan estaba ben contento co alcalde. Era tan bo que lle trouxo unhas vacinas para as vacas de balde. ¡I cómo engordaron!


----------------------

http://evaaltelefono.blogspot.com/ 



Un bo político en Vilademos



 Os datos foron presentados polo alcalde: unha suba nos orzamentos para festas. Non había máis partidas. Vilademos viviría un ano de romería con procesións todolos días i misas cantadas.


 -¿Quén paga iso? -preguntou o home máis vello do concello.

 -Paga Madrid -respostou o alcalde-. Os madrileños traballarán por nós i para nós. Por algo somos nazón.

 -Non se diga máis.


 O vello Xan bicou ao alcalde. Era un bo político.


-------------------------

http://tiendacoruna.blogspot.com/ 




LIBROS