LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 30 de junio de 2007

Baixo o signo de Caín

Esculturas.jpg
 
Unha estrela chega
hoxe a miña vida
non quero tocala
pero sí sentila.

Soñarei un pouco
sen perdelo tino
esta miña estrela
ven orfa do signo.

Doulle unha aperta
de crente sumisa
baixo sete chaves
gardo a rebeldía.

Deixame crer
ca estrela é miña.
Deixame sentila
sen ser pesimista.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 28 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 28

 EN PALMA
 
 Levo catro días nas Baleares. O meu Uxío está moi ocupado preparando a súa primeira homilía coma bispo. Aloxaxe nun mosteiro de homes. Eu estou aloxada nun hoteliño moi acolledor de Palma coa miña sobriña Eva mías o meu asistento Pepe.
 
 -Vouche a poñer un acompañante de confianza, mamá -dixome o meu Uxío-. Don Jordi é un dos meus compañeiros do Vaticano.
 -Como queiras, fillo.
 
 Aceptei o acompañante para que estivera tranquilo, pero maldita gracia me fai levar un crego de paseo.
 
 Empecei a atoparlle a gracia cando coñecin a don Jordi.
 
 -Llamame Jordi, Clotilde.
 -¿Eres cura de verdad? -pregunteille. Aquel rapaz de pantalóns vaqueiros á moda e camisa a cadros, non tiña pintas de crego.
 
 -Pode falarme en galego, duquesa. O meu pai é de Xinzo de Limia.
 -¿Non me digas?
 -Sí, duquesa. Mamá é catalana.
 -¿E ti qué es?
 -Son mallorquín.
 
 Contoume que de neno pasaba as vacacións de vrán en Ciudadella. Alí fixose mallorquín.
 
 -Ciudadela está en Menorca -interrupiuno a miña sobriña.
 
 Eva non ten remedio. Quitalle a ledicia ata os pastores da Santa Nai Igrexa. ¿Qué máis da se Ciudadela está nunha illa ou noutra?
 -En Menorca sintome mallorquín.
 -Así se fala, meu neno. En en Mallorca sego sentindome galega, pero de diferente maneira: son unha galega con morriña. Os mares de Galicia si que son mares. ¿Sabes cal é a mellor praia do mundo? A de Riazor. Non hai Caribe que lle gañe.
 -¿Qué vai a decir vostede, duquesa?
 -Digoche o que di ata Deus: non hai emllor praia ca de Riazor.
 -Non blasfemes, tía.
 -Eviña, ¿por qué non buscas un mozo mallorquín? Xa vou cansa de aturar as túas parvadas.
 
 Non me fixo caso, pero polo menos ágora adicase a facer turismo e deixame en paz.
 
 Eu tamén fago turismo co crego Jordi. Onte fumos nun barquiño a Formentera.
 
 -Quero que coñeza a praia máis sexy do mundo, duquesa.
 
 Tremaronme as pernas. Aquel home levabame a unha praia nudista. Eu son moderna, pero non tan moderna como para tomar o sol espida.
 
 -A mín gostame moito máis ca praia de Molokai, en Hawai. Mire a auga, duquesa. Podese beber do limpa que está.
 -Pois bebea ti, carallo.
 -Non se enoxe, duquesa, que aínda é pola mañán.
 
 Deixeino alí prantado coma un nabo. A min as praias nudistas non me gostan. Se él cria ver ás suecas espidas, que non se privara.
 
 Voltei no barquiño para Palma.
 
 -¿Ya regresa, señora?
 -Esquencin a toalla no hotel.
 -No la entiendo -respostou o que vendía billetes.
 
 Calei. Non había nada que entender. Tampouco había nada que contar.
 



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 26 de junio de 2007

Baixo o signo de Caín

Mujer de espaldas
 
¿Onde?
¿Onde está o camiño?
¿Onde non hai espiñas?
¿Onde serei libre?

Non quero estrelas
nin a Caín no signo
quero libertades
quero ser máis libre.

¿Onde?
¿Onde Ti te atopas?
Dimo, Deus, Ti dimo
temos que falar
deste meu destiño.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 22 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 27

 PREPARATIVOS PARA A VIAXE
 
 O meu fillo foi nomeado bispo auxiliar de Mallorca. Non é que sexa moita cousa, pero menos é nada.
 
 -Tienes que dejar a ese hombre, mamá -dixome onte por teléfono.
 -Trqanquilo, meu neno. A túa misa nova coma bispo no hei levar.
 -¡Deixao dunha vez!
 -Tranquiliño, Uxío. Ti confía en min, meu neno.
 
 Non confía nada na súa nai. Se non ten máis fe en Desu que en min, non evanxelizará ós mallorquíns.
 
 Eva di que non ven a Mallorca. Ten que estudar para as oposicións. Se non ven Eva, terei que levar o meu asistento.
 
 -¿Levame as Baleares, duquesa?
 -Sí, meu neno. Unha duquesa viaxa con boa compaña sempre. Mañán levareite ó sastre a facer unha ducia de traxes a túa medida. As garabatas mercareichas nos chinos, que hai que aforrar.
 -¿E os zapatos?
 -Ben che valen os zapatos vellos. Non vai a ser que te vexan moi guapo as suecas e levente con elas.
 -Para unha sueca xa non teño corpo, duquesa. Dende que cumprin cuarenta anos, coxeo un pouco os días de brétema.
 -Carallo que colleches o reuma ben cedo. Hai que pedir ves no Ventorrillo para que che fagan un arreglo os médicos.
 
 O peor é que teño que deixar a casa soa. Ven por eiqui Eviña a pintar os seus cadros, pero pola noite o meu chalé estará sen xente. Pedinlle a miña veciña Denise que botara unha ollada cara o meu xardín as tres da mañán.
 
 -¿Non pode ser a outra hora, duquesa?
 -As tres é a hora na que discutides na túa casa.
 -Discutimos cando as rapazas van ó botellón. O meu home non lle gosta que vaian.
 -Ten razón. As nenas podense botar a perder co viño. Perden a cabeza e chegan á casa cun fillo antes de casar.
 -No queira Desu.
 -Deus ha de querer o que elas queiran.
 
 Tamén quixo o que eu quixen: un fillo bispo. Se fora bispo da Coruña, sería a ledicia completa. Pero hai tempo. Paquiño non deixa a embaixada antes de traernos un bispo.
 
 -Eu tamén vou a Mallorca, tía. Os apuntes das oposicións tanto os estudo eiqui como aló.
 -Así se fala, miña nena. Uxío sempre te quiso moito.
 -Levarei algúns dos meus cadros para vender.
 
 A miña sobriña non perde os soños de todo. Non quere soñar, pero Deus escriben en regos tortos. Se Él quere que Eviña sexa pintora de moita sona, hase de cumprir a súa vontade.
 
 -A condesa xa recebiu a Alexandre, tía.
 -¿Doulle cartos?
 -Nin un patacón. Faloulle moito do futuro, pero non puxo un peso no Cinema Paxariño.
 -¿Volveches con él?
 -Non, tía. Ata que sexa unha pintora con prestixio non terei noivo.
 
 Calo. Eva non é coma min, e eu respeto as diferencias. Se eu fora Eva, primeiro casaba con Alexandre i despois... que Deus fixera da súa vontade unha saia a miña medida.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 21 de junio de 2007

Gaivota mariñeira

Torre Hercules 2.jpg
 
Chegou o Nadal
dous meses antes
xa olen os turróns
polos mercados
tan super sempre
pra facer cartos.

Gaivota, baixa axiña
que chega o Neno
e non hai gando
a carón do pesebre
pra agarimalo.

O nadal ven voando
coma un paxariño
pra aterrar na xaula
chea de cartos.

Gaivota, ¿a quén buscas?
O Neno non é Neno
son moitos nenos
uns en berce de ouro
outros,¡probes!, sen berce.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 19 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 26

 UN FILLO BISPO
 
 Estos días ando pendente do nomeamento de bispos. Don Bieito ten que lembrarse do meu Uxío. Quero un fillo bispo, e Deus ten que concederme iste desexo se quere que crea nel.
 
 -Aínda me podo apuntar ó ateísmo -berreille ó de Arriba onte.
 -¿Qué di, duquesa?
 -Non fagas caso, Pepiño. Falaba con Deus.
 -O Noso Señor hai que falarlle baixiño para ser escoitados.
 -Eu falolle como me peta.
 
 Tamén fago o que me peta. Achegeime a casa de Denise para que me lera as cartas.
 
 -Só quero saber se don Bieito nomea bispo o meu fillo.
 -Direille todo o que sae, duquesa.
 -Denise barallou o tarot, misturouno coa baralla española, extendeu as cartas, recolleunas, volveunas a barallar,...
 
 -Vai a teñirse de amarelo, duquesa.
 -¿Para a misa do meu Uxío coma bispo?
 -Eiqui sae boda.
 -Pois non penso casar, miña nena. Morrerei sendo a duquesa de Monte Loureiro.
 -Anda en amores cun conde.
 -Iso dixocho o meu asistento.
 -Sae nas cartas.
 -Ti contame o futuro co presente xo sei eu.
 -Será madrastra, duquesa.
 -Leveme o demo antes.
 -Madrastra de un neno máis unha nena. Levaranse ben.
 
 Aquela muller estabame timando. Contabame unha película que non ía conmigo.
 
 -¿Qué din as cartas de ti, Denise?
 -Estoulle lendo o seu futuro, duquesa.
 
 Seguiumo lendo. En cinco minutos pasei de casada cun home no Ceo a casada cun conde da Terra, de nai dun crego pasei a madrastra, e o bispado non chegaba. Erginme e marchei.
 
 -¿De onde ves, tía? -preguntoume Eva cando cheguei a casa.
 -De mirar o futuro no tarot de Denise.
 -¿Qué che dixo?
 -Que caso co conde e serei madrasta de dous nenos.
 -Deus no queira, tía.
 
 Deus de momento quiso co meu fillo sexa bispo. Botei un berro de ledicia cando mo contou que rachou todos os cables da Telefónica.
 
 -Cala, mamá, que anda don Bieito preto. Aínda non me dixo o destino.
 
 Se na Coruña tiveramos un bispado, Uxía viña para eiqui. Xa virá. O importante é que sexa bispo.
 
 -Hai unhas froles para vostede, duquesa.
 -Trae para eiqui, meu neno. Debemas mandar o noso embaixador no Vaticano para felicitarme polo nomeamento do meu Uxío.
 
 Non eran de ningún embaixador. Eran do meu namorado. Trinta rosas vermellas. É un amor de home. ¿E ista tarxeta? Na tarxeta pedíame voda para cando chegara á velles. Denise tiña razón, carallo. Se lle fago caso ó conde, morro casada i con fillastros.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 18 de junio de 2007

Baixo o signo de Caín

 
Soñei co mundo paraba
co reloxo cara arriba
agardabamos a Deus
e Deus nunca aparecía.

Nunha lanchiña baixaba
Caín feito un anxeliño
pra poñernos nunha fila
despois de collelo ticket.

Uns ían cara os pazos
outros cara os castelos
eu quedaba no inferno
co Abel a miña dreita.

Entendía eu entón
o signo da miña esquerda
por boa tiña as lapas
os ruins tiñan o ceo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 15 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 25

 AMOR CEIBE
 
 Antonte atopei a Alexandre nos Cantóns. Eu ía do brazo do conde de Talavera i él paseaba por diante da Fundación da Condesa.
 
 -Hola, meu neno, ¿cómo estás? Non se che ve moita pena.
 -A usted tampoco, condesa. La encuentro tan feliz como siempre. ¿Es su hijo? -preguntou sinalando o meu namorado.
 -¿Tan vella me ves?
 
 O ex noivo da miña sobriña queda sen fala. Rí porque él sempre rí cando non fala.
 
 -Presentoche o meu noivo, o conde de Talavera.
 
 Deronse a man. Alexandre ollaba o meu conde como se fora un maniquí.
 
 -Así que usted no es la condesa que yo pensaba. Eva me engañó.
 -Son a duquesa de Monte Loureiro, meu neno. Parece que a condesa que ti buscas non te recibe.
 -No me recibe porque soy socialista y ella es de derechas.
 -Eu tamén son de dreitas e dinche xantares, ceas e cartos.
 
 O meu namorado aproveita pra declararse militante do PP, admirador de Aznar e votante de Rajoy.
 
 -Cala, carallo, que non se pode falar de política na rúa. O apñia anda crispado e podennos mancar.
 -Los dejo, señores, acaban de abrir la sala de exposiciones.
 
 O guardia xurado doulle os bos días e as grazas por tanto interés nos cadros da exposición. Eu mailo meu conde seguimos o noso camiño cara a rúa Real. Alí atopamos a nai do mellor amigo do meu fillo outra vez.
 
 -Ai, Rosita, estás en todolos sitios. Nin Deus é tan omnipresente.
 -¿Aún andas con ese joven, Clotilde? ¡Pobre Uxío!
 -O meu fillo non é probe, carallo, que gaña moitos cartos no Vaticano i máis que vai a gañar cando sexa bispo da Coruña.
 -No sé si viviré para verlo.
 -Eu desexoche co vexas, Rosita, i tamén que disfrutes das súas misas.
 
 Rosita pouco pode disfrutar. A filla bótalle enriba ós netos todolos días.
 
 -Yo también tengo hijos, Clotilde -dixo o conde de Talavera.
 -¿Qué dis, carallo?
 -Tengo dos niños en Madrid con una esposa.
 -Así que eu son a que non leva anel no dedo. Tanto ten, meu neno; os meus anos vencheme ben un amor en pecado.
 
 Dixenlle o meu asistento que amaba en pecado cando chegei á casa.
 
 -Temos o demo, duquesa. Denise tennos ben ameigados.
 -Ti só pensas nas meigas, carallo.
 -Dixo Baltar cas meigas eran todas do PP.
 -Pois Denise é socialista de Zapatero. Polo menos é o que di o carniceiro.
 -O carniceiro é de Izquierda Unida.
 -Non é mal partido pra tirar unha papeleta.
 -Tamén a súa sobriña vai a tirar a papeleta. Quere votar polo amor ceibe.
 
 De Eviña non me extrana nada. Sa votou por todolos partidos. Prefiro que lle dé o seu voto ó amor ceibe que a algúns outros comechíns co merecen menos.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 14 de junio de 2007

Festa rachada con Hércules

Escudo.jpg
 
Hércules, meu muso,
roubasme a alma
cando me abrazas
decindo baixiño
que son quen buscabas.

No medio da festa
raíña eu sintome
dona dun castelo
xefa da ledicia
deusa namorada.

E morro de gozo
vendote no palco
parando a música
cun canto adicado
a tua escritora.

Cronista de historias
as miñas, as túas,
as nosas conxuntas
as outras nas conto
porque hoxe non tocan.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 13 de junio de 2007

Gaivota mariñeira

 
Gaivota ¿por qué non fuxes?
Gaivota ¿por qué non marchas?
terra adentro están os cartos
de ti farian deusa das mares.

Gaivota, ti non respostas
ti voas alto, subes ás nubes,
baixas ós barcos, corres soíña,
nadas o Atlántico, e ficas.

Gaivota, ti sempre libre
ninguén te merca, gaivota
eu quisera ser hoxe gaivota
gaivota sempre e nunca pomba.




¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 11 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 24

 NON ME DEIXAN AMAR
 
 Tardei dous días en collerlle o teléfono o meu fillo.
 
 -¡Por fin, mamá!
 -¿Por fin? Aínda non estou no fin, fillo.
 -Tenemos que hablar. ¿Qué es eso de que andas con un jovencito? Es un escándalo, mamá. En La Coruña no se habla de otra cosa.
 -Na Coruña falase de moitas cousas, fillo. Se me dis que en Monte loureiro ando na boca de todos, creocho, pero na Coruña non son tan protagonista nas malas linguas coma ti cres.
 -¿Hablaste con tu confesor?
 -Falo todos so días. Confesarte cun rapaz novo é unha ledicia.
 -Estás senil.
 -Respetame, carallo, que son túa nai. ¿Non che di don Bieito que hai que respetar as nais coma o Noso Señor respetava á Virxen? ¿Ou xa te meteches na Teoría da Liberación? ¡Nin se che ocurra! Tes que ser bispo da Coruña antes de que eu morra.
 -¿Cómo voy a ser obispo si mi madre anda liada con un jvencito y no respeta la santa memoria de mi padre, el duque de Monte Loureiro?
 -O teu pai endexamáis foi santo. Cando vía unha muller ibanselle os ollos detrás. Moito traballo me dou, carallo.
 -No puedo hablar contigo, mamá.
 
 O meu Uxío colgou sen darme un bico. ¿Para que termeos fillos? Tiven que chamar o meu namorado par aencherme de bicos telefónicos.
 
 Pero o bo pronto remata. O meu asistento veume a buscar.
 
 -Denise quere que aloxe na súa casa as súas fillas, duquesa.
 -Nin tola. Dille a túa ex que a miña casa non é o Hotel Tocame Roque.
 -Viñeron de polizóns nun barco.
 -Por min coma se viñeron no barco da Raíña de inglaterra.
 -Denise vai ter problemas co home cando sepa que ten que manter cinco mullleres en vez de unha.
 
 Non tivo ningún problema. O carniceiro empregou a todalas rapazas na carnicería.
 
 -Din que vende moito, duquesa.
 -Os comerciantes con mal xenio teñen moitos clientes, Pepiño. Á xente gostanlle os homes con mal carácter. Pensan que son máis de fiar.
 
 O meu Uxío tamén fiase moito dos cregos de mal xenio. Mandoume a un a miña casa.
 
 -Veño de parte do seu fillo, duquesa.
 -¿Pasoulle algo?
 -Está moi ben, pero preocupalle a súa saude.
 -Pois podelle decir que estou ben , señor.
 -Padre.
 -Señor.
 -Os cregos somos padres.
 -Non lle chamo padre nin o meu fillo. Padre era o meu pai, en paz descanse. Os outros homes son señores.
 
 O crego marcha. Di que son atea e que rezara pola miña alma. Se quere rezar que rece, que eu non llo privo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

sábado, 9 de junio de 2007

Gaivota mariñeira

 
Eres orgullosa gaivota
ti sobre as ondas
eres a diosa
sobre as nubes
princesa rosa.

Eres gaivota mariñeira
de barco en barco
do ceo a terra
sempre na veira
do noso océano.

Eres gaivota din que tola
e ti sonries
con gargallada
que rompe o vento
de libertade.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 7 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 23

XOVEN E NAMORADA

Eva deixou a Alexandre. Non entendo a ista nena. ¿Qué muller deixa a un home con cartos?

-Quero ser algo por min mesma, tía. Xa sei que non me entendes, pero é o mesmo.
-¿E cómo queres chegar a algo? Non tes amigos.
-Tampouco os quero.

A miña sobriña segue a pintar cadro tras cadro. Non hai recuncho dista cidade que Eva non plasme nun lenzo.

Eu preciso ledicia pra vivir. Sigo indo todolos días á praia, choiva ou quente o sol. O conde de Talavera segue aloxado no hotel María Pita.

-Esta agua está muy fría, Clotilde.

Non lle fago caso. Tiro por él mar adentro.

-Te quiero, Clortilde.

Pecho os ollos e sintóme a Demi Moore galega. Non hai dúbida de que son unha muller con sorte: non preciso meterme a actriz para ligar bos mozos.

Cando abro os ollos, vexo a miña veira á nai do mellor amigo do meu Uxío.

-Pero si eres Clotilde...
-A que viste e calza. ¿Iste é o teu neto? ¿Cántos tes xa?

A muller queda sin fala. Olla ó conde de Talavera de arriba a baixo.

-Preséntoche o meu compañeiro sentimental.
-¿Es cubano?
-Non, miña nena, é español coma ti máis eu.

Non pregunta máis. Colle da man ó cativo, e sacao da auga coma se eu tivera un pecado contaxioso.

O pecado dos meus amoríos chegou os oídos do meu Uxío antes de que eu chegara a casa.

-Don Uxío xa chamou catro veces, duquesa -dixome o meu asistento.
-Dille que non estou se volve a chamar.

Ninguén coñece o meu Uxío mellor ca min. Cando se enoxa hai que deixalo clamar para que volte a ser él.

Ista vez tivo un enoxo que non calmaba. Chamou a súa curmán Eva queixándose do que él chama o meu escándalo.

-Uxío pediume que te tivera vixiada, tía.
-Non te atrevas, Eviña.

A miña sobriña di que non sabe se tera tempo para adicarmo. Ademáis de pintar, traballa e prepara oposicións.

-É mellor que te centres nas oposicións. Os mellores traballos son os do Estado.
Eu tamén o penso, tía. O Estado non da en quiebra nin fai regularizacións de emprego.
-¿Non soubeches máis de Alexandre?
-¿Querelo pra ti? Mira que andar cun home que pode ser o teu fillo...
-Ten catro anos máis co meu Uxío.

Eviña insite. O meu namorado pode ser o meu fillo. Pois que poida. Os anos non son máis que números. Eu síntome xoven e namorada.

miércoles, 6 de junio de 2007

Festa rachada con Hércules

 
Ahí vai no tiovivo
dando voltas e máis voltas
como cartos ten dabondo
non baixa en toda a noite.

Arrimome a unha tómbola
e tocame o premio gordo:
un boneco igualiño
o meu muso baila soo.

O meu Hércules corre
a bicarme de xeonllos
teme ser abandoado
porque xa atopei outro.

Ti baila, meu Hércules,
eu querote moito
canto ti máis bailas
máis eu me namoro.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 4 de junio de 2007

Festa rachada con Hércules

 
Hércules, muso querido,
esgotaría o océano
facendo das ondas poesías
pintando as verbas
que sempre che adico.

Non chega o Atlántico
unido ó Pacífico
pra facela tinta
que precisaría
pra cantarche sempre.

Festas rachadas en verso
libres, sen programas,
cheas de poesía miña
cheas do amor que sinto
cando te pinto en rimas.




LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 1 de junio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 22

 UN NOVO AMOR
 
 Onte fun á praia e atopei o amor. Non teño verbas pra contar o que sinto. Tampouco teño tempo para disfrutar cos recordos dun día inolvidable. O meu asistento leva toda a semán preocupado por Eva.
 
 -A isa nena debeulle pasar algo, duquesa. Aínda non voltou de Madrid.
 -Só leva unha semán aló, Pepiño.
 -Dixonos que ía por dous días.
 -Onte coñecín ó conde de Talavera -confeseille-. No digas por ahí, pero estou namorada.
 
 O meu asistento puxo os berros en América. Decía que o Estado ía a quitarme a paga de viúva, co meu fillo íase enoxar conmigo, ca miña sobriña no entendería tampouco e o resto da familia pasaría moita vergonza cos meus amores pecaminosos.
 
 -Amar non é pecado, carallo. E delito tampouco.
 -¿Qué sabe dese conde, duquesa?
 -É guapiño como un sol. Alto, con bos músculos, rubio e ten trintacatro anos.
 -¡Xesús! Pode ser o seu fillo.
 -Non, meu neno, o meu fillo ten catro anos menos.
 
 Eva chegou esta mañán coa moral polo chan.
 
 -Non hai nada que facer, tía. Non teño sorte. O premio levouno outro.
 -¿Qué premio, miña nena?
 -O premio o mellor cadro de temática mariñeira.
 
 Amosoume a foto do cadro premiado. Era un retrato dun mozo remando no estanque do Retiro.
 
 -¿A isto chamanlle en Madrid temática mariñeira? Ben se ve que endexamáis viron o mar diante.
 -Pintouno un rapaz de Vigo.
 -¿Cómo dis, nena?
 -O cadro é dun pintor vigués.
 -Un traidor. ¿Dende cando un galego prefire o estanque do Retiro os nosos mares? Se ise traidor da nosa terra roubouche o premio da temática mariñeira, en Galicia podemos poñernos de loito e non quitar o vestido negro ata que Deus nos chame a súa veira.
 -A culpa é dos que llo deron, tía. ¿Mercaches un anel novo?
 -¿Gostache?
 -¿Non é o anel dos impares? Moi moderna es, tía.
 
 Quedei abraiada. O anel de turquesas é un agasallo do conde de Talavera. Teño que mirar no Internet iso do anel dos impares.
 
 -Non penso volver a presentar os meus cadros a ningún premio. Sempre premian ós amigos, tía.
 -¿E logo ti pensabas que premiaban os inimigos? Moito tes que aprender, miña nena.
 -Xa vou aprendendo, tía. Ista vez aprendiu cos soños son pesadillas.
 
 Eva montaba o cabalete, preparaba o lenzo para outro cadro, collía os pinceis, volvía a pintar. Deixeina soa. Fun para a miña habitación e chorei por ela o que nunca chorei por min. Os meus soños nunca foron pesadillas: quisen un duque e caseime con él, quisen cartos e teñoos, ata teño un novo amor que non busquei.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS