LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 15 de junio de 2017

Amores que foron amores

Eras morno, terno, pacífico.

Eras un xigante pequeno.

Eras unha festa para mín.


Maior

Pequeno

Un risco

Un anxo


Voamos xuntos i ti caeches

non sei aínda cómo.

O meu avión seguíu voando

sen ti

comigo

lembrándote.


-----------------

http://modadebarrio.blogspot.com/ 



martes, 6 de junio de 2017

Poeta viva, poeta morta

Non teñas medo,

non,

pero teño medo.

Buscade a outra valente,

a unha muller con sorte.

Eu... xa sinto os dentes

alentando preto.

Deitome co medo

Ergome co medo

Acabo co medo

¡Xa! ¡Vou!

Velahí me tedes:

Forte


http://artigoo.com/cobrar-traves-movil



domingo, 4 de junio de 2017

Amores que morren


Menguou a lúa

Calou o sol

Chegou a chuvia

Veu o amor


Fuches o ceo

Fun unha frol

Colleches rosas

Deixei estrelas


Chegaron lóstregos

Bateu o mar

Nubes choraban

Adeús i a máis


-----------------------

http://artigoo.com/alojamiento-familia-extranjeros



Namorada


Viñas nun cabalo branco

polas leiras onde o millo

medraba antes de hora

i ti antes de hora viñas.


Agardei ben caladiña

por si outra cazadora

tiñate a mellor tiro,

pero non, ali ti viñas.


Había chegado o tempo

de aparellar a vida

i o pensamento ía

de min a unha utopía.


Sería a Dulcinea

do cabaleiro chegado

a miña leira de millo

i ¡a vivir a parranda!


-----------------------

http://artigoo.com/cazadores-trolls


sábado, 3 de junio de 2017

Guapa


Aínda son nova

moza

guapa

i o espello é meu.


As lúas son novas,

os días futuro,

melindres os soños,

unha festa enteira

é sentirme eu.


Deixame seguir

no vran,

neste vran.


--------------------------------

http://artigoo.com/cazadores-trolls



LIBROS