LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 23 de mayo de 2009

Eu, a poeta

 
 
Abro a fiestra i vivo
no campo sen cancelas,
aquí ninguén te bota
fóra da túa leira.
 
Enredome na Rede
con verbas e máis verbas,
brinco de unha páxina
noutra que xa invento.
 
Iste é o mundo libre
que eu quero atesourar
na miña realidade.
 
Iste mundo sen portas
é o que non atopo
na miña realidade.

jueves, 14 de mayo de 2009

Eu, a poeta

 Female Head (La Scapigliata), c.1508 Lámina por Leonardo da Vinci
 
Aíllome do mundo
adentrándome en min
ata que me esquecen
os que están a vivir.
 
Eu estou nunha cárcere
da que non sei sair.
Sempre catro paredes.
Sempre o mar de fin.
 
Mañán, moi caladiña,
deixareime fuxir
pola ventá que abro
para chegar a ti.
 
Nun teclado alleo
os meus dedos camiñan
por letras que escribiron
antes do sol caer.

martes, 12 de mayo de 2009

En dúas linguas

Me clavo y desclavo
de la cruz de tu amor
cuando veo en tus ojos
escrito el adiós.
 
Ti xa non me queres,
eu quero seguir
coas lapas máis mornas
ardendo por min.
 
Cravada na cruz
toleo por ti,
non quero cambiarte
por outro sentir.
 
Prefiro os cravos
feridos de fin
a uns cravos novos
aínda por ferir.
 
Por eso me quedo
pegada a las sábanas
cuando tu ausencia
rellena la cama.

LIBROS