LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 25 de junio de 2014

Verbas ceibes

Estou soa nestes meus poemas,
lonxe dos que un día dixeron
ser amigos i non foron amigos.
Soa
Sempre soa
I non me importa estar
aillada nas miñas verbas ceibes
que son sempre o meu veneno.
 
------------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/
ONDE PODES MERCAR SEN CARTOS

martes, 24 de junio de 2014

Amando en verso

Rematou un tempo. O noso.
Empezou outro tempo. O voso.
Nos a carrexar os días.
Vos a carrexar as noites.
O que comigo habitaba
xa habita coa outra
i eu penso en habitar
tamén un corpo máis novo.
 
-------------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/
ONDE MERCAR É UNHA DELICIA

viernes, 13 de junio de 2014

Poeta pantasma

Non sei qué verso escribir
nin sei qué tristura pintar
nas verbas ceibes da poeta
que ti estás a escoitar.
 
Podo decirche tantas cousas
Podo calar o que che conto
Podo falar só para min
Podo seguir calando todo
 
Acochada polo frío a miña man
vai debullando cousa a cousa
mentras lembro i non quero
lembrar ningunha bágoa morta.
 
Podo seguir pintando cadros
Podo subir outro retrato
Pdo calar o que xa fixen
Podo decirche: estou tola.
 
Deixame decirche soamente:
son a pantasma poeta e pintora
das verbas que vou ceibando
cando son eu e non a outra.
 
-------------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/

lunes, 2 de junio de 2014

Poeta pantasma

Vou a esprimir cada minuto,
subirme polos segundos,
chegar o monte das horas
i berrar que son a raíña do mundo.
 
Son a poeta
Son a pantasma
Son a máis grande
cos dedos de pinceis
i o mundo de lenzo
e ti para odiarme.
 
Non me importa
Velahí outro
Agora bico a outro mozo
e ti quedas de esterco
para as sementes novas.
 
Xa non che recito a ti
os versos que fago novos
Xa hai outro que asiste
os recitais baixo a lúa.
 
A raíña non ten dono
A poeta tente tolo
A pantasma ten outro acougo.
 
------------------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/

LIBROS