LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 15 de noviembre de 2010

Segredos nas horas mortas

Ninguén comprende
que me distraian
os segredos amigos
das horas mortas.
 
Acadei o éxito.
Veu o fracaso.
Dun xeito ou outro
ficou o fracaso.
 
Despexouse o ceo.
Volveron as nubes.
Máis segredos chegaron.
Fun quedando soa.

jueves, 21 de octubre de 2010

Rematei a búsqueda

Busquei fora de min
e non atopei amizade, non.
Aburrín as horas buscando,
perdín o tempo esperando.
Ninguén chegou e eu
agardaba a alguén aínda.
Rematei a búsqueda
hai tempo, moito xa,
e deixei de crer
nos imposíbels.

martes, 5 de octubre de 2010

O meu ruxerruxe





Sinto un ruxerruxe
cando estás preto
e sego sentíndoo
cando lonxe estás.

Voy polas cidades
cos meus ruxerruxes
buscando en outros
o que ti non das.

Xa non me relaxan
as cousas sinxelas
que eu desexaba
antes de laiar.

viernes, 27 de agosto de 2010

G/C: Non ten calor nin ten frío

1
 
A chave do corazón
tireina onte ao río.
 
Non quero amor que mata
libertades máis queridas.
 
Non veñas buscando amor
onde está prohibido.
 
Vaite lonxe, moi moi lonxe
coma os lóstregos que asubían.
 
O meu corazón pechado
non ten calor nin ten frío.
 
 
2
 
Prohibido enamorarse
he escrito en mi agenda
por si al verte olvidaba
lo que sufro por quererte.
 
Intento hacerte mío
y yo me voy deshaciendo
en un intento imposible
de escalar tu pensamiento.
 
Entre un intento y otro
se me borra de la agenda
mi promesa de no amarte
y regreso al sufrimiento.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Nada

Nada e nada é menos

i vai restando en moitos

menos infinitos atá soterrarme

en nada.

 

Son nada.

 

E aínda ergo a cabeza retando

ao mundo nunha loita que fica

en nada.

 

Son nada.

 

E aínda pinto os beizos sempre

pola mañán de vermello trunfante

en nada.

 

Son nada.

 

E aínda non penso en que sempre

serán os meus días iguais atá

quedarse un tras outro i outro máis

en nada.

 


viernes, 9 de abril de 2010

G/C: Eu sería frol



1

Hoxe quisera voar
i non voltar máis.

Lonxe, moi lonxe,
onde o pasado fora silencio,
eu non tería dor.

Lonxe, moi lonxe,
oonde o futuro medrara
nos regos do presente,
eu sería unha frol.

Lonxe, moi lonxe,
onde ninguén puxera
nomes o meu camiñar,
eu tería libertade.

Hoxe quisera voar
i non podo erger
cos dedos istas ás.


2

Me voy y regreso
y quedo y marcho
y estoy y no encuentro
la paz que no hallo.

Mis dedos recorren
el papel manchado
con las vomitonas
de mi abecedario.

Poemas y cuentos,
relatos y versos,
una estrofa larga
recorriendo el viento,
un verso que queda
suelto en mi aliento.

Yo soy la que escribe
los versos que mueren
en mi firmamento.
La otra que miran...
sólo es mi sombrero.

-----------

Froles na casa

martes, 16 de marzo de 2010

A folla nova da primavera

 
Ola i adeús
i outra vez ola.
Así vaise a vida,
pouquiño a pouco,
ata afogar.
 
Hoxe somos a folla
nova da primavera,
mañán xa rematou
o verán e ven
un outono a vernos
decindo vas finar.
 
Chegará o inverno
un día sen chamar
i deixaremos bágoas,
ou non, quén o saberá.

miércoles, 24 de febrero de 2010

G/C: Fillo de nai sempre

Ramo Lilium Oriental Fucsia
 
 
1
 
Fillo di
i deixa encher a boca
coas catro letras
que escoita o neno
i cala,
o neno,
i ela segue decindo fillo
cando o pai di quieto.
 
Fillo de nai sempre.
 
O pai é o convidado
na casa da nai,
un máis,
non menos,
pero a nai é a árbore
que o acolle nela.
 
Fillo de nai sempre.
 
 
2
 
El niño es un huracán
quieto en sus brazos.
Se deja arrullar
por la palabra hijo
y dice mami,
lo único,
con mimo.
 
En los brazos del padre
se vuelve arisco
e inicia un molino
de pies en círculo.
 
Vienen los gritos
como una tormenta
que promete más brío.
 
 

viernes, 29 de enero de 2010

Eu, a poeta

 Desnudo azul, ca. 1902 Póster
 
 
1
 
Soa como a lúa
na noite sen estrelas.
 
Soa como a porta
que pecha o silencio.
 
Soa sempre soa
estou no universo.
 
 
2
 
Son un verso
sen rematar
no medio da estrofa
que está demáis.
 
Existo, non existo,
estou, non estou
nun vivo ou non vivo
de resposta non.
 
Para min existo,
para os outros... non.
 
 
 
 

miércoles, 20 de enero de 2010

Eu, a poeta

 Corazón y alma Lámina
 
 
1
 
Non me faledes
dos anos que xogaba
coas bonecas,
dos soños que fuxiron,
do que lembro.
 
Eu quero unha fiestra
aberta sempre
á hora veciña
que se achega.
 
¡O presente!
 
Iso, só iso quero.
 
¡Un intre só!
 
 
2
 
Mañán será hoxe
i hoxe onte
i onte antonte
i adeús adeús.
 
¡Qué axiña morren
os días vividos!
 
Ola y adeús.
 
 
 

LIBROS