LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 29 de mayo de 2014

Amor en Marrocos

Brincamos polas rúas de Marrocos
dunha cidade a outra,
dunha feira a unha festa,
dun hotel a unha fuxida
por camiños vencidos.
 
O noso foi amar
sen deixarnos de amar
en extranos destinos.
 
Un día xa non estabas
a carón da miña vida
i botei as ás pola ventá
para sair das sábanas que tiñan
o teu nome escrito cos fíos.
 
Era libre libre lbre.
Adeús amor que morreches
afogado no pocillo.
Eu podía brincar soa
polas rúas e camiños
sen levarte a ti atado
na saia que non me viras.
 
-----------------
http://tarotgalicia.blogspot.com/

domingo, 11 de mayo de 2014

Agasallo

O mellor agasallo fuches ti.
Eras o amor, o futuro,
unha folla chea de respostas.
Eras o lume na miña neve.
 
Debuxei un corazón
co teu nome mailo meu
na trapela do faiado
pa que fora un segredo
o noso amor tan calado.
 
Tiña présa por deixar
amodiño os carreiros
por onde andaban ceibes
os meus medos por perderte.
 
Ti sorrías desfacendo
no teu ceo o meu medo
i atrás ía deixando
folerpas da miña neve.
 
-------------------
http://tarotgalicia.blogspot.com/

miércoles, 7 de mayo de 2014

Lonxe

Andaba a enredar co meu cabelo
deixando nel os dedos ceibes.
O desacougo non me deixaba.
Mimaba por mimar o meu cabelo.
 
Todas eran preguntas
sen respostas miñas.
Calei. Deixei de cavilar
Funme coas preguntas.
 
Lonxe de min, moi lonxe,
desembarcou un eu novo
deixando o meu eu vello
no mesmo peirao de lonxe.
 
------------------
http://tarotgalicia.blogspot.com
MEIGAS HABELAS HAILAS

LIBROS