MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 31 de marzo de 2007

O amor de Hércules



O entroido non me gosta
pero sempre poño traxe
disfrazome de princesa
rodeandome de paxes.

Hércules sempre me atopa
sen recoñecerme fala
conversa mentras eu rezo
pra co entroido remate.

Un dulce dun día é pouco
se hai fame todo o ano
eu teño fame dos días
que non sei porque pasaron.

viernes, 30 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 7

O meigallo pilloume. Teño todos os días unha cola de xente á porta. Non hai seito de convencelos de que teñen que ir a curalos seus males á casa de Denise.

-Veño de parte da señora Rosa.

Todos envíamos a descoñecida que levou a boneca que puxo Denise no meu xardín. Todos queixanse de depresión. Nunca pensei que na Coruña houbera tanta tristura.

A brasileira ponse na fiestra do segundo piso do chalé ollando os clientes que lle escapan. Como segamos así, non sei con que vai a pagar o aluguer. O home deixouna, e ela gaña a vida facendo amarres e curando doenzas.

-Denise quere volver conmigo -di o meu asistento.
-Agora querete polos cartos, meu neno. Ti es mileurista e ela non gaña un peso.
-Eso penso eu, duquesa.

Outra que non fai un peso e amiña sobriña Eva. Agora pinta as persoas tristeiras que se achegan a miña casa.

-A miña obra pictórica semellase a de Van Gogh.
-Nunca dixeches unha verdade máis grande, Eviña. Non sei se acabaras tola coma Van Gogh, pero vender non vendes nin unha estampiña.
-Xa venderei, tía.
-Tes que promocionarte, nena.

O meu asistento ofrecese para vender os cadros.

-Vender polo miúdo é doado, duquesa.

Intenta vender o retrato que lle fixo Eva o meu fillo crego e non hai maneira. Os meus visitantes só queren un remedio para sanar da depresión.

-Mira, mamá, es Lutero -dille unha nena á nai.

Santiguome. O meu Uxío é o crego mási leal ó Vaticano que ten Bieito XVI.

-¿Cánto me da polo cadro, señora?

Eva arrincalle o cadro das mans o meu asistento. Ela non quere esmola. Unha pintora importante ten que ter dignidade.

-Ninguén dubida da túa dignidades, Eviña. Antes de pedir pasas fame.
-Nunca pasei fame, tía.

Quen tampouco debe pasar fame aínda é Denise. Ten cartos para mercar todolos días un par de bonecas que me pon diante da cancela. Eu doullas os de Cáritas. Hai moitos nenos sen xogetes no mundo.

A xente non deixa de achegarse a miña casa. Xa me acostumei a sona. Creo co día que deixen de vir a verme vou a sentilo ben.

O domingo a brasileira marchou cedo e volveu pola noite cun home.

-Denise atopou mozo, duquesa.
-Falla lle fai un home que a manteña.

O meu asistento quedou cavilando. Seguro que pensaba que aquel barbudo pequeno non era tan elexnte coma él. Eu tamén o penso. Non é porque Pepiño sexa o meu asistento, pero é moi bo mozo.

jueves, 29 de marzo de 2007

Arredor de min

bancopastor

Unha comisión por algo
pero o algo non é nada
todo é votarlles cartos
pros beneficios medrados.

O negocio dos negocios:
banco onde botan cartos
se os levas non dan nada
se os traes os pagas caros.

Ven xaneiro sen rebaixas
as comisións van a alza
o xuro din que o soben
por iso do interbancario.

¿E en xulio? ¡Outro tanto!
declaran beneficios altos
exprimiendo ós clientes
servos en todolos bancos.

miércoles, 28 de marzo de 2007

Arredor de min

 
Un roto pra un descosido
pero o texido é distinto
a miña tela é nova
a do roto xa antiga.

Levanse as antiguedades
eche un bo anticuario
cando herde ises cadros
farei unha boa subasta.

Pelexarei pola herdanza
con un par de avogados
o meu prezo é moi alto
eiqui non quero rebaixas.

Non fagan vostedes caso
non creo que chege a tanto
xa ando buscando outro
pra deixalo sen deixarme.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 27 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 6

A BONECA DO XARDÍN

Voulle ter que prohibir a miña sobriña Eva pintar na miña casa. Onte pasou o día pinta que pinta ahí fora. Eu pensei que pintaba unha paisaxe. Coma os sus cadros non me gostan nadiña, non me acheguei a ver qué era o que metía no lenzo. Entereime cando oín os berros do meu asistento.

-¿Qué che pasa, Pape? Como berres así van vir os grises a deterte.
-Por favor, tía Clotilde. Os grises xa non existen. ¿En qué mundo vives?
-No mesmo que ti. ¿Qué lle pasa o meu asistento?

Pepe berraba, brincaba, maldecía. Toleara. Lembrei que non lle pedira un certificado médico cando o contratei. ¿Sería esquizofrénico? Deus me libre dun tolo.

-Deixa a boneca, Pepe -decialle a miña sobriña-. Aínda non rematei o retrato.
-¿De onde quitaches esa boneca, Eviña? ¿Trouxechela ti?
-Atopeina no xardín, tía.

Quisen collela, pero o meu asistento na soltaba.

-É un meigallo.
-¿Qué dis, Pepe?
-¡Meiga fora!
-Alabado sexa o Noso Señor, que estás ben tolo.

Eva arrincalle a boneca das mans. Era unha boneca dunha Cadea Cen. Meiga sería, pero poucos anos valera.

-¿Non vedes que ten un coitelo cravado no pescozo? Denise fixonos budú.

A boneca tiña un coiteliño do postre atado cun laciño rosa á cabeza. Pobriña. Quiteillo. O meu asistento volveu a berrar.

-Eu quero rematar o retrato -queixabase Eva-. Estou a pintar unha obra xenial.

A xenialidade de Eva era unha boneca voando tras un coitelo prateado que non se deixaba pillar. ¿Quén lle ía mercar semellante cadro?

-¿E ista a casa da curandeira?

Sobresalteime. Unha muller de negro dos pés á cabeza estaba no meu xardín. ¿Habría deixado Eva a cancela aberta?

-¿Qué enfermidade ten vostede?

Volvin a sobresaltarme. A miña sobriña preguntaballe á descoñecida polos seus males coma un médico. Ela dixolle que tiña depresión.

-A depresión curase atopando un hobby para encher os días.
-Ou indo a contarllo á curandeira -interviu o meu asistento Pepe-. Aquela é a súa casa.
-Prefiro falar con ista rapaza.
-¡Non! Iso non cho consisto, Eviña. Unha cousa é que te adiques a pintar cadros, e outra moi distinta que te metas a curandeira.

A descoñecida marchou. Eva acompañouna o seu coche. Nunca me fai caso de todo. Dislle que non, e ela fai medio sí do non.

-¿Onde está a boneca, duquesa?
-Pois non sei, Pepiño.
-Desapareceu.
-Os meigallos sonche así: veñen e van.

Cando Eva me contou que lle regalara a boneca á descoñecida, encolleuseme o corazón co medo.

lunes, 26 de marzo de 2007

Arredor de min

arbol

Vintecinco anos arriba
do ocaso ó horizonte
dunha esquina a outra
eiqui eu ali o outro.

O amor non ten idade
a amistade é o comenzo
terei netos adoptados
se non escapo a tempo.

Arreglase no barbeiro
recortando a idade
os anos van caendo
gillotinando as canas.

Ten unha boa conversa
que xa me vai namorando
máis virtudes xa lle vexo
pra maridar nos altares.

Non te debes namorar
non se debe namorar
porque os vellos non deben
con mozas novas casar.


sábado, 24 de marzo de 2007

O amor de Hércules

cidade01

Nos espellos buscote
atopando espellismo
de ti mesmo imaxe
desencaixando recordo.

Non estás, Hércules,
abro a venta nun eco
calado nun xuramento
ferido de adeus negro.

Peor é verte pasar
calar un hola Hércules
prendido no pasado
que sabe a bágoas.

Sego buscándote
quero clonarte axiña
fotocopiarte en ti
recuperándote noutro.

Prohiben a clonación
¡non! ¡só unha vez!
teño que clonalo
a Hércules nun clon.

viernes, 23 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 5

AS MALDICIÓNS

Os cartos botante a perder. Nunca tes dabondo. Canto máis tes máis queres. ¿Qué falla tiña eu de alugar unha neveira? Tentoume o demo.

Agora teño un frigorífico menos. Non é que me falle espacio, pero dame repelús.

-Vou a pintar istes limóns, tía -dixo a miña sobriña Eva-. Farei o cadro da miña vida. Un bodegón que pasará á Historia.

A única historia é que ven todolos días, abre a porta do combi, monta o cabalete e, en cinco minutos, teño o Polo Norte instalado na cociña. Eva pinta con guantes e bufanda de lán. O meu asistento abre e cerra a porta do frigorífico, preocupado pola conservación dos amores amarrados.

-Señorita, hai que ter a porta pechada. Os limóns necesitan frío.
-Non me chamo señorita. Son Eva a Picassa.
-¿Qué dis?

Os meus oídos estalaban. "A Picassa". ¿Qué futuro pensa ter esta rapaza cun seudónimo tan cutre? Nin sequera é orixinal.

-Serei a Picassa do século XXI.
-Non sei se vivirei para velo, filla. O teu curmán no quere chegar a bispo e ti soñas con ser pintora.
-Mira -di sinalando o cadro que está a pintar-. ¿Non ves a innovación da técnica?

Eu vía unha pirámide de limóns podres. Eva é máis pitonisa que pintora.

Os limóns foronse perdendo. O meu asistento non cria deixarme tiralos. Vaia se os tirei. É tan certo que remataron no caldeiro verde, coma que eu son a duquesa de Monte Loureiro. A esta hora xa deberon reciclalos en compost.

-¿Qué lle imos decir a Denise , duquesa?
-Que traiga máis.
-Os amarres foron pro carallo.

A Denise non lle disemos nada, ni ela preguntou polos limóns. Todalas mañáns chovenlle os clientes á porta. Na Coruña parece que a xente precisa amor.

-¿Onde están os limóns, tía?
-Creo que na Cheirona.
-¿Tiracheos? Vaiche caer unha maldición.
-Non sexas apocalíptica.

A maldición caeume a mañán seguinte. Denise veu a desatar unha parella de limóns porque non lle pagaran o segundo prazo do amarre os representados.

-¿Onse están os meus limóns?
-Reciclados en compost.
-¿Tirounos? Non lle pago o aluguer da neveira e maldigoa cun divorcio.

Rinme. A min xa me divorciara Deus. Saiume de balde o papeleo. O meu xeral levouno unha onda na praia de Santa Cristina. Sabía nadar, pero foi igual.

-Denise deixoume, duquesa.
-Non te preocupes, Pepiño, o mundo está cheo de mulleres.

E de homes tamén. Eu non me volvin a casar porque cun home nesta vida xa tes dabondo.

-Votoume unha maldición.
-¿Non me digas?
-Sí, duquesa. Desexoume que non tivera fillos.

Pensei que máis que unha maldición era unha bendición. ¿Para que queres fillos? Son unha carga moral para toda a vida.

jueves, 22 de marzo de 2007

Arredor de min

barbaras01
 
Fuxo de min en min
pulindo pintura
escondo a alma
baixo o maquillaxe.

Reinvento pantasma
pintando os rasgos
con outro peiteado
disfrazo pantasma.

Outra vida toca
na eterna tómbola
nun sobriño rosa
tocame ser outra.

Pinceladas esculpen
a estatua noutra
o marmol mantense
a pintura é outra.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 21 de marzo de 2007

O amor de Hércules

Milenium y Torre de Hercules 2.jpg
 
Soñemos, Hércules
voemos imaxinariamente
dime o que queres.

Quero ser rico
e famoso por proxecto
de traballo sete.

Dame un mareo
a mar no ceo
as nubes caen
a lúa aterra.
¡Toleou Hércules!

Sinala os poemas
que ainda non inspira
¡Famoso por eles!

A miña poeta
dime lendo no oráculo
da crónica en verso.

Dame un mareo
¡se fora certo!
él sería o muso
eu a súa poeta
agora é muso
destos meus versos.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 20 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 4

ALUGANDO A NEVEIRA

É moito disparate o que estamos a vivir ca brasileira de enfrente. O meu asistento Pepe estará namorado dela, pero eu maldito amor sinto. Cando me ergo xa ten xente á porta. Miña avoa sempre decía cos cartos doados saen caros e eche ben certo.

O lúns tivemos o primeiro escándalo. Un home sesentón berraba coma se o levara o demo. Decía co deixara a muller.

-Estivoche ben -decialle a brasileira dende a ventá da segunda pranta do chalé-. Non quiseches pagar o segundo prazo de meu traballo.

Nese momento chamou o meu fillo crego. Pepe colleu o teléfono, e o meu rapaz enterouse do novo negocio que temos enfrente da casa.

-Mamá, no puedes vivir al lado de una bruja.
-Cada unha vive na súa casa, fillo.
-Es un escándalo. Hablaré con el alcalde.
-Nin se che ocurra. O alcalde anda moi ocupado cas eleccións.
-Me refería a Paco, nuestro embajador ante la Santa Sede.
-Non molestes a ninguén, fillo.
-No puedo ir por ahí, mamá. Si pudiera..., pero no; es imposible. Don Benedicto está escribiendo una nueva enciclica y yo se la paso a ordenador.

O meu fillo pasalle coma a miña sobriña Eva: é un soñador. Se non choras non mamas. Eles non choran, soñan. Pasalles a vida nun soño e cando despertan, o sol xa vai lonxe. Hai que pedir, carallo. ¿Qué fai Uxío de crego-secretario de Bieito XVI? ¿Non lle pode decir co nomee bispo da Coruña?

-Querialle pedir un favor, duquesa.
-Pide, Pepiño, se non é un favor moi grande concedocho desexo.
-A vostede sobralle unha neveira.
-Alto ahí. Nesta casa non sobra nada.
-Xo sei, duquesa. Vostede ten tres combis. Podelle alugar un a Denise.
-¿Cánto me paga?
-Dous centos euros ó mes.
-Trescentos.
-Dixo que máis de douscentos non pagaba.

Denise ven a merendar e regateamos o prezo. Chegamos a un acordo antes de rematar o café. Douscentos oitenta euros pagaríame cada mes por encherme a neveira de limóns atados.

-Mañán ven a caseira. Quere mirar a casa antes de renovalo contrato, e non quero que atope os amarres.
-¿Non sabe a que te adicas?
-Non, duquesa, hai profesións que é mellor non decilas.

Entendocha ben. Eu tampouco lle digo a moita xente que teño un fillo crego. Nun mundo ateo non se pode presumir dunha sotana na casa. Ademáis, pouco hai de que presumir. Se aínda fora bispo...

-¿Quere que lle lea o tarot, duquesa?
-¿Cánto me vas a cobrar?
-A primeira tirada non a cobro.

Denise barallou as cartas, púxoas boca abaixo, boca arriba, volveu a barallalas, estendeunas enriba da mesa da cociña,...

-O seu fillo vai ser bispo.
-¿Da Coruña?
-Sí, sae clarísimo.

Biqueina. O meu Uxío vai ser o primeiro bispo da Coruña.

lunes, 19 de marzo de 2007

O amor de Hércules

Torre Hercules 2.jpg
 
Cando vexo unha pomba
temo unha mensaxe curta
Hercules aínda me escribe
cando non atopa a outra.

Eu soio lle envío versos
escritos en outro idioma
regados de rebeldías
por vinganza de amores.

En castelán os meus versos
en inglés as cartas longas
con letriñas de imprenta
dentro dun sobriño rosa.

Cando vexo unha pomba
si é branca él ma envía
unhas veces con mensaxes
outras veces só pra verme.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

sábado, 17 de marzo de 2007

Arredor de min





Muñequita linda
con tu vestidito
y tu sonrisita
bailas muy bonito.

¿Eu? ¡Non!
son muller tomado armas
cas verbas cravo espadas
desatando tempestades
non hai home que me gañe.

Muñequita linda
tú tan femenina
lloras alegrías
emociones lindas.

¿Eu? ¡Non!
Son muller igualitaria
defendendo igualdades
non choro emocionandome
un te quiero para amarme.

Bonequiña linda
deixa o teu marido
que lave e planche
e aguante os fillos.

viernes, 16 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 3

O DESTINO

Pepe parece que está namorado. Contar non me contou nada, pero atopei no frigorifico un par de limóns atados cuhna cintiña rosa que debeunos poñer él. ¿Quén será ela?

Estiven cavilando todo o día. Pola noite veu a cear a miña sobriña Eva. Fala coma unha metralleta.

-Eu creo co meu destiño é ser pintora. O destino cumprese ou mási cedo ou mási tarde. Mamá non cre nesa tendencia que eu sinto na miña vida. Di que estou tola. Non, non me chama tola; chamame ignorante.

-Eviña, filla, ¿non tes mellor tema de conversa? A min o destiño dame medo.
-O teu destino foi ser duquesa de Monte Loureiro. Casaches con duque.
-Non me fales dese condeado que me deixou viúva aos trinta anos cun fillo de dez.
-Era o teu destino, tía. Se non o fora, o tío viviría, chegaría a vello, iriades de vacacións a Benidorm todolos veráns,...
-Cala, nena. Case prefiro ser viúva dun morto que estar casada cun home aburrido.

Certamente o duque de Monte Loureiro non era aburrido. Divertiate a sustos. Ía pesacar todolos domingos e non volvía ata ol lúns pola mañán. Cando pensabas que morrera, aparecía.

-O destino de Uxío foi ser crego.
-Non foi moita cousa. Case prefería un fillo militar que pesacara os domingos troitas como facía seu pai.

Doiamae a cabeza de tanto destino. ¿Por qué a xente preocuparase tanto do descoñecido? A miña sobriña Eva ben faría esquencendo os pinceis e adicandose a algo de probeito. Os seus cadros meten medo. Pinta uns mares misturados co ceo que parecen o inferno desatado nunha catástrofe.

-Se me permite, duquesa...

¡Ai! O meu asistento quería decirme que era a súa moza. Iso sí que me interesaba. Esquencinme da dor de cabeza e púxen as orellas cara él.

-¿Estás namorado, Pepe?
-Bueno..., quería decirlle,...
-Di, rapaz. Xa ía sendo hora de que atoparas a túa media laranxa. Tes cuarenta anos, fillo. Pero os limóns que ataches no meu frigorífico hai que comelos antes de que se perdan.
-Non se poden comer, duquesa.
-Esprimiremolos na rosa que facemos os domingos.
-Tampouco. O destino non se debe rachar.

Case me da un mareo. O meu asistento tamén cria no destino. Non, eu outra conversa sobre o que virá na aguantaba.

-¿De quén andas namorado?

Pepe di co seu destino é a brasileira que vive no chalé de enfrente.

-¿A separada?
-Está anulada pola Rota.
-Entón podedes casaros pola Igrexa.
-Non fai falla. Estamos ben así.
-¿Foi ela a que che ensinou a atar limóns?

O meu asistento di que Denise gaña a vida facendo amarres. Ágora entendo porque sempre ten tanta xente á porta. Debe andar amarrando media Coruña á outra media.

jueves, 15 de marzo de 2007

Arredor de min






Outra vez
buscando libertade
axfisiome
quero máis e máis
sempre máis.

Outra vez
sinto que me afogo
¡libertade!
quero berrar libertade
non podo.

Outra vez
abro a ventá da prosa
nona atopo
abro a ventá de poesía
sí, agora.

Outra vez
as rimas danme alas
¡Libertade!
musito en castelán
remato o poema.

Outra vez
necesito volver ó galego
¡libertade!
xa me sinto completa
dúas linguas.

Outra vez
dúas linguas unindose
en min
nas dúas busco o mesmo
¡libertade!





LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/

miércoles, 14 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 2

UNHA BOA PERSOA

O meu fillo chegou onte de Roma. Preocupalle moito a miña vida, mellor sería que se ocupara da súa.

-No puedo quedarmucho tiempo, mamá. Don Benedicto menecesita en Roma.
-Pois vai axiña.
-Quería conocer a tu asistento. Me informe y ...
-¿Gastaches os cartos nun detective? Se mandaches a un descoñecido a Monte Loureiro estamos na boca de todos.
-No, hablé con el cura.
-Peor todavía. O crego contoullo á irmán, a irmán á sobriña, a sobriña ás amigas, as amigas ás súas nais,... As cousas da casa non se contan, fillo.

Se conta os segredos do confesionario coma a miña vida non hai un só segredo pecaminoso en Roma que non se saiba.

Despois de xantar dixenlle que ía a Riazor. Puxo o grito no Ceo. Decía se quería morrer dunha pulmonía.

-Non quero morrer de depresión. ¿Sabes como me doía a cabeza estes días de chuvía? Levo un mes encerrada nesta gorida.
-¡Chamaslle gorida a un chalé na Zapateira, mamá? Se viras como viven no Terceiro Mundo...
-Ti tampouco podes falar, fillo; vives nun pazo de Roma.
-Nun apartamento.

Non me gosta discutir. Eu tiña depresión estacional e tiña que ir a curala á praia. Subín o mercedes e alá funme con meu asistento Pepe do Zoqueiro.

-Iste sol é a mellor menciña.
-Sí, duquesa. Os analxésicos e antidepresivos son bos pros matasans.

Pola noite o meu fillo marchou. Dixo que Pepe era unha boa persona e a él precisabao don Bieito en Roma.

martes, 13 de marzo de 2007

O amor de Hércules



Eiqui hai conxuro
vestido de bruxo
entroido atraes
agora eres Midas
o rei que fai cartos.

¡Para Hercules!
¡Non aguanto!
o pote na praia
ardendo o asfalto
as lapas nas ondas
e ti ainda cantas.

Dis que son paixóns
de ondas embruxadas
pero eu vexo bruxo
en ti cando cantas
silbando baixiño
un jazz americano.

lunes, 12 de marzo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro 1

 O ASISTENTO
 
 O Día da Muller Traballadora contratei un asistento. Fun o Servicio Galego de Colocación e pedin un home para todo. A da ventanilla puxo cara de espanto. Tiven que explicarlle que por todo entendíase: cociña, limpeza e conducir o mercedes. A funcionaria negabame un traballador masculino; decía que todalas asistentas eran mulleres.
 
 -Pois ten que cambiar iso.
 -Eu tamén o penso, señora -dixo un home alto e calvo. Semellabase o calvo da lotería-. Se quere, eu podo ser o seu asistento.
 
 Contrateino. Alí mesmo firmamos todolos papeis.
 
 -¿É vostede a duquesa de Monte Loureiro?
 -A mesma.
 -Monte Loureiro é a miña aldea.
 
 Resultou ser o fillo máis novo de Suso o Zoqueiro, que no Ceo esté. Eu no coñecía porque hai ben anos que non vou por Monte Loureiro. Xa non lembro nin o camiño.
 
 -Duquesa, o seu fillo ó teléfono.
 
 ¿Qué lle pasaría? ¿Nomearíao Bieito XVI bispo?
 
 -Mamá, es un escándalo. Tienes que despedir a ese hombre. Contrata una interna, decente, honrada y...
 -Cala, fillo, carallo, pareces Torquemada.
 -¡Qué pecado! Confiésate, mamá. Monseñor Rouco te recibirá en Madrid y ...
 -Decir carallo no é pecado e pra confesarme, ben sabe Deus que no vou a Madrid. Os meus pecados contollos ás amigas.
 
 Tiven que colgarlle o teléfono. Teño un fillo machista. Crego e machista. Eu eduqueino ben, pero no seminario botou a perder o pouco que non levaba perdido nunha vocación que ainda non entendo hoxe.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 1 de marzo de 2007

O amor de Hércules




Nunca entendin os traballos
sete eles
sete vidas
sete torres
sete en sete sempre sete
que facías como obreiro
albanel da alma en pena
arquitecto dos proxectos
sete eles
sete vidas
sete torres
eu soñaba feita un sete
dobraba panos nun sete
rezando un pensamento
ante o oráculo do sete
sete eles
sete vidas
sete torres.
Agora xa entendo o sete
un monopoly de sete setes
traballos na rúa do sete
traen cartos en rifas sete.

Arredor de min




Cando un Quixote aparece
todos queren ser Quixotes
se ti nono queres ser
considerante pouca cousa.

As mulleres de Dulcineas
os homes todos Quixotes
os Sanchos non son a moda
que se leva nesta volta.

Un pasiño mais alo
os Calixtos son a moda
as mulleres Melibeas
cunha celestina toal.

Cruzando un pouco a mar
un Romeo leva a sona
se non eres a Xulieta
eres moi pouquiña cousa.

Non hai onde escoller
nunha machísima moda
eu case prefir a pluma
que fixo o Quixote tolo.

Arredor de min


Arranxaremos a vida
se a filla sae algo
se non destaca por ela
que atope home que valla.

Mira para as que casan
co piso ben amueblado
o home din que é algo
que produce moitos cartos.

Pero eu son mala filla
que non escoita consellos
os príncipes non me gostan
pra eu casarme con eles.

Caseime coa libertade
nadando en soidades
a todo os vou trocando
cando me queren atar.

O amor de Hércules




Un día fixemos proxecto
de un vivir compartido
eu deixaría a mar
él tamén a deixaría.

Outras torres ergería
na cidade elexida
ciadade lonxe da mar
cidade a medio camiño.

Unha data eleximos
sen fixala no almanaque
sería un día calquera
que non fora día de festa.

Hoxe sei que eu casaba
víctima da tolería
o amor que me chamaba
caducou en pesadillas.

Arredor de min




Ama a libertade na palabra
defendendo letra a letra libertades
espía a paranta con coidados
o vento que ven quere matala.

Alzando a pluma na expresión
fago miña a libertade atacada
asoballan a libertade e calan
de xeonllos o medo acobardaos.

A miña pluma irmanase
co lápiz calado a altercados
defendendo a Europa que coñezo
vestida co traxe das libertades.

É hora de asir unha bandeira
agarrándonos ó último alento
parchear o barco é naufragar
na mortaxa do peor dos infernos.

A bandeira da libertade ferida
sobrada de perdóns ofrecidos
respostados con violenta resposta
ofrezolle os meus versos libres.

Arredor de min





¿Qué corazón eu non teño?
Nono busquedes en min
nin na prosa que escribo
buscadeo nos meus poemas
cando choro en poesía.

¿Qué corazón eu non teño?
Fuxiu para a romería
dinlle marcha cara fora
para as penas non sentilas
e ser ferro en vara firme.

¿Qué corazón eu non teño?
Teñoo perdido nas rimas
baila ceibe entre os versos
cando escribo poemiñas
plagados de versos libres.

Arredor de min



Mundo ancho cara adiante
cando me cortan o paso
dou tres pasos cara adiante
para atras non hai camiño
para adiante é mundo adiante.

O carreiro é autoestrada
co peaxe recortado
os primeiros nono pagan
porque fan camiño ancho
pisando todolos baches.

Mundo ancho cara adiante
taconea polas mares
pra que abran en canales
un paseo cara adiante
en xardíns entre dous mares.

LIBROS