LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 30 de abril de 2014

Orballo

Orballo. Frío. Inverno.
Estou calada na miña
mágoa sen remate.
Voume esquecendo de min...
Entón empezo a soñar...
 
---------------------
http://evaaltelefono.blogspot.com/

martes, 29 de abril de 2014

Rosas

Ergueito como un pino
percorreu toda a rúa
buscando a súa rosa.
 
Non estaba.
 
Xa marchara.
 
Seguiu adiante buscando.
Aínda había moito tempo
para atopar máis rosas.
 
---------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/ 

sábado, 26 de abril de 2014

Fuxo

Inqueda. Mergullada en min.
Estou a filosofar
dando pequenos pasos
libres dos usurpadores.
 
Non me queren...
 
Sobro...
 
Estou nunha esterqueira
 
Fuxo
 
Pasou o tempo de cavilar.
 
---------------
http://diariodeunamissculta.blogspot.com/

miércoles, 23 de abril de 2014

Morreu en Oleiros

Ali, en Oleiros,
onde só hai tristura,
morreu un 4 de febreiro...
 
Alí... onde matan
as batas brancas.
 
Alí... onde a deixei viva
i recollina morta.
 
Alí, en Oleiros,
matarona por probe.
 
Alí... deixáronme sin ela.
 
Alí... quedei tan ferida
que xa non sei se vivo
ou se morrín con ela.
 
------------
26-1-2014

jueves, 3 de abril de 2014

Muller soa

Desembarquei do meu papel de princesa
cando non había príncipe
nin cabaleiro na eira.
 
Era unha muller soa
no castelo dun inferno
escribindo en cada folla
das árbores pensamentos.
 
Chegou a chuvia para bailar nas tellas
e sentinme mollada
polas nubes vivas
no chan lavado
do meu castelo.
 
-------------------
http://diariodeunamissculta.com/
NIN CULTA NIN MISS

LIBROS