LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 16 de mayo de 2024

Día das Letras Galegas: Luisa Villalta

Morreu xoven
i xoven é homenaxeada
Luisa,
a poeta
que tocou o violín
cas mans e cas letras...

Pechan as escolas,
baixan as persianas,
moitos fan unha ponte
de venres a luns
incluindo o sábado.

Luisa, cheirando a morte,
cala.

--------------








Libre de virus.www.avg.com

lunes, 6 de mayo de 2024

Mulleres

Mulleres falando.
Mulleres cosendo.
Mulleres na leira.
Mulleres na feira.

Mulleres que calan.
Mulleres que falan.
Mulleres que choran.
Mulleres que berran.

Mulleres na eira.
Mulleres na casa.
Mulleres na mina.
Mulleres na obra.

Mulleres nos coches.
Mulleres nas rúas.
Mulleres nos parques.
Mulleres por fora.

Mulleres nas praias.
Mulleres na compra.
Mulleres que mandan.
Mulleres que aguantan.

Todas e máis somos
mulleres de xénero,
mulleres con forza.

---------------------

LIBROS