LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Así ando, así canto

 
As cancelas de barreiras,
os camiños sen atallos,
unha bolboreta chora
atada ao pé do tallo.
 
Dígolle cousas ao gato
e xa lle cheira o que falo
porque o meu gato ten
unha crise no traballo.
 
Así ando, así canto,
así choro, así falo,
así son sempre pantasma,
así teño o cú furado.
 
--------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/
http://tiendacoruna.blogspot.com/

lunes, 24 de septiembre de 2012

Dime espelliño dime

 
Reinvento a miña imaxe
nun espello que non son.
Ti ollarás o que queiras.
Eu verei a que non son.
 
Dime espelliño máxico,
¿son a mesma ou non son
a pantasma que escribe
cando chora o acordeón?
 
Dime espelliño ti dime
si esa que ves son eu.
Semellarse a min semella,
pero ela eu non son.
 
-----------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/
http://tiendacoruna.blogspot.com/

viernes, 4 de mayo de 2012

Miseria

Sinto o outono
achegándose a min.
Miseria.
Nada.
Berros.
Volvome tola
neste espectáculo
de verbas ceibes.
 
 
-------------------

martes, 17 de abril de 2012

Eras unha festa

Era xaneiro, lembro,
e ti eras o elixido.
Exploreite.
Aprendin a coñecerte
i deixei que coñeceras
os meus xogos arriscados.
Negociaba a noite
ata que me atopaba o día
chegando al mellor: ti.
Era unha festa terte.
Despois... nada.
Adeus.
Nada.
Cambiei.
Non houbo máis elixidos.
Xa non.

sábado, 31 de marzo de 2012

Perdera...

 
Gañaba.
Perdías.
Xogaba o coche.
Corría o risco de perder.
Perdía.
Gañabas.
Xogaba o anel...
¡Imprudente!
Unha gorxa estourou
cando o meu anel foi teu.
Perdera...
Outra vez.

martes, 27 de marzo de 2012

Marchei na túa Harley vella

Ti non estabas.
Eu atendía as uñas i pensaba...
Fóra pechaba a última tenda.
Ti xa estabas.
Eu atendía as túas queixas.
Fóra deixaras a Harley vella.
Ti aínda seguías demorando o tempo.
Eu estaba na hora de decidir...
¡Voume!
¿Qué?
¡Voume!
Marchei na túa Harley vella
lonxe, lonxe, lonxe,
moi lonxe.

lunes, 5 de marzo de 2012

A cabeza nos pés

 
A cabeza está nos pés,
o corazón xa non está,
as mans bailan polo corpo,
ti dúbidas se hai máis
novidades neste xogo
cos dous estamos a xogar,
enchendo de fantasía
a noite por rematar.

viernes, 2 de marzo de 2012

Non estou agarimosa

 
Adiante, ide pasando
polo arco dos desgustos.
Non hei de ser eu a única
muller co pano que chora
as bágoas que non boto.
 
Ide pasando, carallo.
Non estou agarimosa.
Hoxe teño o coitelo
como a garabata posto.
 
A xente que me rodea
ven a abellarme as rosas
e tolean ao ver tantas
espiñas neste meu corpo.
 
Ide pasando axiña
que a tolemia tenvos tolos.
 
A xente xa se decata
de  que son rosa obrigada
a estar na beira do monte.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Ao tolo, ao tolo

 
Ao tolo, ao tolo
imos os dous polo mundo.
Ti vas de misión á lúa,
eu fico detrás da porta.
 
Adiantas un pé ao outro,
deixas camiño andado.
Eu liquido o verán
apoiando causas doutros.
 
¿Xa ves ti, meu namorado?
¡Qué ledicia! ¡Xa na casa!
Pensei que me traizoabas
coa lúa noutra cama.

martes, 24 de enero de 2012

Eu son a raíña

Raíña de min
e da miña traxedia,
lonxe das coroas,
preto de min mesma.

Loitando por cousas
vou perdendo o tempo.
Veñen novas penas,
enganos e misterios.

Revela a lúa
as páxinas negras
neste bo momento
para esquecelas.

Os bicos viaxan
a mundos alleos,
os couces xa enchen
castelos enteiros
onde non me atopo,
onde son o demo.

lunes, 23 de enero de 2012

Palabras cheas

 
Nun cartei vai o meu nome,
nas paredes os poemas,
o que non dixen escribindo
ficou dentro do silencio.
 
Non cambio o que calei
por tantas palabras cheas.

jueves, 5 de enero de 2012

Unha ninfa, unha noiva

 
Quisera ser noiva,
ou ninfa, ou monstro.
 
Quisera ser muller
de viaxe en viaxe.
 
Quisera darche as grazas
collendo a túa man
coas miñas mans xeadas.
 
Quisera abrir concurso
á idea máis festeira
para darche de premio
unha ninfa, unha noiva
i ao monstro de dentro.

LIBROS