LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 30 de agosto de 2018

Nai

​Non te durmas, miña nena,
que ven chegando o demo
e ti tes que estar ergida
coas enerxías rexas.

Erge a testa e non baixes
o teu corpo da escaleira
para botar a ese demo
do que é teu i é che leva.

As penas que tes xa fuxen.
Lembras xa a que ti fuches.
Non detes o teu enoxo.
Eres a que sempre fuches.

Muller sen dono

​Son a moza vestida de rosa,
son a moza de branco vestida,
son a moza que non quere home,
son a moza que sega i ríe.

Mar adentro son a mesma
que no peirao habita
cos lóstregos alumenado
cando a treboada brica.

Unha estrela hai no ceo,
na terra hai estreliñas:
son as luces que acenden
ao pasar a princesita.

Suben as pensións en Vilademos

​ O vello Xan está de palique cos outros vellos da vila. Disque subiron as pensións. Xan saca do peto os billetes i conta un tralo outro.

 -¡Garda os cartos, carallo! -berra a súa dona dende a ventá do faiado-. Andan os ladróns por Vilademos.
 -Cala, muller.
 -Ti gardame os cartos.

 Xan mete os cartiños na libreta do banco i garda a libreta no peto. O Presidente é un bó home, pensa. Doulle casi vinte euros de suba.

LIBROS