LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

domingo, 12 de noviembre de 2017

Festas e romerías en Galicia (Yolanda Smith nena)

 


 Nas festas todo o mundo o pasa moi ben e está moi ledo. Para nós significan unha ledicia e o mesmo tempo unha diversión.


 Hai xente que se festexa, por exemplo, nas festas dos cumpleanos das persoas, festas adicadas a algún santo, etc. Nas festas adicadas aos santos, faise unha romería entre todolos veciños na que hai atraccións, baile, etc. También hai festas entre vediños das recolleitas (pro isto faise nas aldeas), cando se recolle o trigo no mes de xulio, as patacas en setembro, o millo en outubro, etc. Estas festas celébranse o mematalo traballo e fainas o dono da leira pros seus xornaleiros e veciños que lles axudaron; é unha comida ou merenda, e despois fan un baile entre eles. As festas dos santos e cupleanos eu diría que non son tan ledas ou que teñen menos importancia.


------------------


 SANTA MARGARITA DE MONTEMAYOR


 Esta festa celébranse na parroquia de Montemayor. A igrexa atópase nun campo con moitas árbores. Celébrase o vinte de xulio. Ese día hai moita xente. No campo hai unha especie de feira, na que venden unha chea de cousas: froita, traballos artesáns, galletas, etc. A igrexa non é grande nin pequena, o día da romería está chea de pesoas, e costa moito traballo entrar; dentro a santa ten moitos cartos colgados. Cando sae a procesión hai xente que se mete debaixo da santa por algún ofrecemento. 


 Tamén ten función (as funcións consisten en que o que dea máis cartos leve o ramo que ten galletas, caramelos, etc). Esos cartos danselle ao cura. Hai persoas que collen a función porque a teñen ofrecida, outras porque non queren que quede na igrexa, etc.


 No campo hai unha fonte que ten auga bendita o día da festa, e hai xente que leva unhas botelliñas para ter auga bendita na casa. Ali soio hai dúas tabernas e ese día están tan cheas coma a igrexa, e como non pode comer todo o mundo nas tabernas, xa que non hai sitio para todos, a xente leva a comida da súa casa para comela no campo. O día da festa case sempre fai bo tempo.


------------------------

(Traballo de clase) Qué recordos!

LIBROS