LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 29 de diciembre de 2006

Promesas para un ano novo

-Pro ano deixo de fumar. Nin un pitillo máis.

Andrés cala. Él perde o tempo doutras maneiras, simplemente deixa que pase sen cavilar no que vai facer.

-Ti podías prometer rematarla ESO dunha vez -dille a nai.
-¿A quén llo prometo?
-A min, a ti mesmo,... a quen queiras.
-Podese vivir moi ben sen a ESO.
-¿Onde pensas traballar sen un título académico?

Andrés pensa. Coñece a moita xente que traballa sen título algún. Nerea, por exemplo, deixou o intituto e atopou traballo nun supermercado. Ricardo tamén traballa sen necesidade de ningunha ESO. É camareiro.

-Podo traballar nun supermercado.
-¿De carniceiro?
-Non. Negome a vender animais mortos. Pero podo ser repartidor.
-¡Válgame Deus! Eu avogada do Estado e o meu fillo quere ser levarecados. Estuda, Andrés.

A nai prende un cigarrillo co cigarrillo rematado. Un tras outro. ¿Engordará cando deixe de fumar? O xuíz dixolle que lle gostaba. A nai quere darlle unha nova oportunidade ó amor. O seu ex xa casou fai un ano, ela non vai ser a viuva dun vivo.

-¿Qué me vas regalar polo Nadal?

A nai suspira. ¡Qué latazo! Terá que achegarse ata o Corte Inglés.

-¿Ti qué queres? Espera... Anotamo eiqui neste papeliño.

Andrés enche un folio polas duas caras. Entregallo. A nai gardao no bolso de man sen lelo. Os cartos non son un problema.

jueves, 28 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules

 
 
Doce uvas non me chegan
para os desexos do ano
con unha caixa de uvas
xa podo desexar algo.
 
Un mundo máis xusto quero.
Hércules non me fai caso.
Un campo aberto a todos.
Hércules xa vai despertando.
 
Unha escritora famosa.
Cala, Hércules, vai calando.
Unha poeta no espello.
Ali só son a pantasma.
 
Xa vou borracha de abstemia
comendo as uvas brancas
as negras comeas Hércules
eu só quero uvas brancas.
 
Brancas como istes folios
nos que ceibo as plabras
verbas que brindan con cava
o primeiro día do ano.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 26 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules

Oferta Navidad 2006
 
O meu belén é variado
un nacemento ben amplio
Hércules fai as cidades
eu poño a paisanaxe.
 
Empezo pola Familia
despois o boi e a vaca
a mula sempre a esquenzo
porque poño dous cabalos.
 
Nos desertos poño mares
os meus Reis veñen en barco
a estrela é a lúa
Herodes non me fai falla.
 
Os anxeliños rodean
ó Papá Noel das barbas
sin que non é home cristián
pero en non fago caso.
 
Hércules baixou da Torre
porque di que fago estragos
misturando no Belén
xentes de todolos lados.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 22 de diciembre de 2006

Os convidados da duquesa

 Dixeronme ca duquesa era unha muller de costumes extranas pero nono quisen crer. A presunción de normalidade non se lle debe negar a ninguén. Eu dinlla á duquesa sin que ela ma pedira.
 
 Foi na súa casa onde me atopei por primeira vez cun maiordomo. Era un home delgado, non moi alto e cun nome de persoaxe de tebeo. Chamabase Carpanta. Polo menos así o chamaba a duquesa.
 
 Eu ía preparada pra compartir mantel cunha chea de xente. A duquesa habiame dito que cria presentarme a súa familia. Pero no inmenso salón só estaba a arístocrata ben enxoiada e peor pintada. As arrugas non teñen cura e as da duquesa rachaban a maquillaxe a regos.
 
 -¿Quieres un bombón?
 
 Collín o bombón e gardeino. Xa atoparía algún neno a quen darllo. A duquesa chamou a Carpanta. Cria que servira a cea.
 
 -¿Onde están os seus convidados?
 
 A duquesa sinaloume unha pantalla de plasma.
 
 -Os meus fillos acompañanme dende a distancia. Iste é o maior. Hola, Jaime.
 
 Foime presentando a toda a prole pola televisión. Sentinme coma se me presentaran os do telexornal. Disenlle a todos "encantada". Certamente estaba encantada. Era víctima do encanto da videoconferencia que cada vez se me asemellaba máis o telexornal non sei por qué.
 
 Carpanta ía servindo prtos co cuño da fame. Nunca tan pocuca comida comera no Nadal. Un só langostino, unha lonchiña de samón Jabugo, unha folla de leituga, un rodete que sabía a peixe pero non soupen si era merluza ou un xurelo calquera. O postre foi tan probe que tiven que sacar o bombón do peto e comelo.
 
 Eu tiña máis fame que Carpanta o dos tebeos. O Carpanta maiordomo ou xa comera ou non tiña fame ou queizais cando te matan de fame quedas vacinado contra as gañas de comer.
 
 A duquesa lembroume que estaba alí pra recitalos meus poemas. Dende a televisón un alboroto de voces pedía un poema distinto. Alí había que inventar pra contentar ó persoal.
 
 Achegeime o nacemento e acariciei ó Deus neno.
 
 -Iste vai por ti, meniño, que eles no merecen.
 
Neno, non baixes ó mundo
ca panadería pechada
os brazos sen pan cansan
cando nadas polas mares
e se pola vida nadas
non veñas co peto fraco
que no Ceo diste mundo
hai que pagala entrada.
 
 
 A duquesa di que lle doe a testa. Na televisión os convidados andan revolucionados. A noiva do fillo máis novo besa un crucifixo. Unha nora chamame comunista.
 
 -Grazas.
 -¿Gracias? Yo no le pago, señorita. Nos ha estropeado la nochebuena. Carpanta, acompaña a esta joven a la puerta.
 -Non son señorita, duquesa. Son señora.
 -¡Lo que hay que oir!
 
 Da videoconferencia escaparon todos. Tiñalles outro poemiña preparado e ágora só me van a oubir a duquesa mailo Carpanta. Adicollo a él.
 
Na Noiteboa Carpanta
busca un poliño asado
por cociñas e tixolas
e non atopa nada.
 
Unha estrela anuncia
un meniño no pesebre
Carpanta non pode ir
a adorar ó Deus neno.
 
Se fora él ricachón
levarialle á duquesa
para que fixera dela
unha boa cociñeira.
 
 
 A duquesa tirouse no sillón. Os da televisión apareceron berrando. Crian saber se morrera. Dixenlle ca alma da duquesa ía cara Deus.
 
 -¡Las joyas! Jaime, vamos rápidamente.
 -Las joyas son mías, Juana. Están en el testamento para mi.
 
 A duquesa era unha morta calada. Estaba oubindo dende o seu cadáver vivo o reparto da herdanza nun "ti queres e eu tamén".
 
 Ergeuse. Alisou o vestido vermello que lle chegaba ós zapatos.
 
 -Estades deserdados -dixolles ós do televisor-. Carpanta é o meu herdeiro universal.
 -¿Esa es mamá?
 -Repitalles o testamento en castelán, duquesa.
 -Dillo ti en verso, poeta, que por iso che vou a pagar.
 
Escoitade o testamento:
leiras, casas e castelos
para o fiel escudeiro
para os fillos non deixo
nin un real de peseta
para as noras e xenros
parin cinco churumbeles
para os netos e netas
grazas por vir hoxe a verme.
 
Carpanta é o herdeiro
de todo o que eu teño
casaremos pola igrexa
se atopamos un crego
e se non o atopamos
en pecado viviremos.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 21 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules

Rotante Chica en la Torre de Hércules
 
 
Hércules, muso querido,
eres a folla mailo bolígrafo
eres a tinta da miña vida
eres un soño
eres o home.
 
Penso que eres
un Deus de home
voltas a min
polo Nadal
vas esprimindote en poesía
muso querido
querido muso
amor da poeta pola noite
cando as estrelas son auroras.
 
Hércules, home das neves,
nas ondas eres
un mariñeiro
que busca porto.
Nos meus poemas deitaste
meu Hércules... meu muso
sempre Hércules.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 15 de diciembre de 2006

A tenda nova

 A nova tenda ten de todo menos clientes. Abre ás nove cando aínda corren os nenos pro colexio, ás dúas pecha, volve a abrir ás catro e aguanta atá ás oito. Día tras día.
 
 O xénero é bó pero ninguén se interesa por ningún dos productos que enchen estanterías e anaqueles.
 
 Detrás do mostrador hai unha rapaza que vai perdendo o sorriso polo fracaso. Os costes fixos son os que abren a porta. Aguantará o Nadal.
 
 A rapaza santigüase cando entra. Rezou catro padrenuestros seguidos o día que vendeu unha bufanda, a súa primeira venta. Onte xa non rezou. ¿Pra qué?
 
 -¿Por qué no vendes nada? -preguntalle unha señora desas de profesión metomentodo-. Mira la tienda de Tere. Está siempre llena de gente. ¿Cuánto valen estos guantes?
 -Cinco euros.
 -Eres muy carera.
 
 A señora foi directa a Tenda da Tere. Chegou berrando ca nova vendía os guantes de lan a cinco euros. Tere berrou pros de dentro e pros de fora que ela vendía guantes a tres euros o par.
 
 O día de Noiteboa había xente pra todos. A tenda nova enchese de clientes por primeira vez.
 
 -¿Han ido ustedes a comprarle a esa paleta de la aldea? -pregunta a Tere.
 
 Os clientes da Tere son xente moi fina. Non sabían ca nova era paleta pero ágora so saben. Achéganse a tenda nova.
 
 -Vendes muy caro. Tere ya ha puesto rebajas.
 -¿De qué aldea eres?
 -¿Dónde vives?
 -Si no bajas los precios no vas a vender nada. Me voy, ¡Dios mío!, ¡qué tarde es!
 
 A tenda nova volve a vaciarse de clientes.
 
 Chegou o fin de ano co fin dos aforros da rapaza da tenda nova. Botou ás contas e no quiso crer pero era certo. Non tiña cartos.
 
 Arrastrou os pés cara a casa. A medio camiño detuvose nun supermercado. Mercou unha barra de pan máis un paquete de arros. Na cola da caixa os carros botaban por fora. Champáns, turróns, melindres, marisco, cordeiro,... Moitos pagaban con tarxeta de banco.
 
 A rapaza pagou con moedas.
 
 Chegou a casa, coceu o arros, cortou o pan e sentouse a sua mesa de fin de ano.
 
 Cando chegou o ano novo cas doce marteladas televisadas, a rapaza durmía. Despertou co estoupido dun fogete.
 
 Era noite pechada, tan pechada coma súa tenda fracasada, tan pechada coma o futuro maldito, tan pechada coma todalas portas que lle pecharon.
 
 A rapaza chorou outra vez por todo e por nada ata co sono volveu a secarlle as bágoas.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 13 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules

 
 
Os cristais fanlle de espellos
ó meu namorado Hércules
cando se achega a verme
viaxa de fiestra en fiestra.
 
Anda hoxe perdidiño
vaciando a carteira
él merca os agasallos
apurado polo tempo.
 
Non é home de creenzas
pero no Nadal ben cre
vai pola Rúa Real
mercando todo o que ve.
 
Ahí ven feito un Noel
cun camión detrás del
carrexando os paquetes
porque xa forza non ten.
 
Meu namorado
ti es o rei
non hai Baltar
que prefira eu.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 11 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules



O lar prendido no lume
o pino cheo de luces
cunha estrela que apagaba
cando o belen era luces.

Fora chovía e chovía
como chovera outros días
a neve só no camiño
do nacemento do Cristo.

Un lóstrego rachou anoite
e tremou todo o marisco
unha fonte de espuma
saiu dos cavas e do viño.

Tormenta había fora
tormenta na miña vida
¿onde andaba o meu Hércules
que no Nadal xa non viña?

jueves, 7 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules



Paseo a rúa
sen apuralo paso
pra verte, meu Hércules,
en cada escaparate.

Ti falas e falas
eu calo e escoito.
Falas de Nadales,
Caribes e froles.
Eu xa vou soñando
texendo outra historia.

Misturo o Nadal
co que ti me contas
a cabeza perdo
entre dous amores:
un o que che teño
outro o que atopo.

sábado, 2 de diciembre de 2006

O Nadal de Hércules



Maxia do Nadal
¡qué ven Nóel!
un home vello
con un tonel.

Un pucho trae
máis branca barba
que lle conxunta
con un bó traxe.

O vello é forte
coma un carballo
tira do carro
coma un cabalo.

¡A durmir, nenos!
que nos escapa
se non durmides
non deixa nada.

LIBROS