LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Nadal 2009-10: Vaite Nadal que xa cansas

 
 
1
 
Non sei se eu son dos Reis
ou prefiro o Noel.
 
Postos a elexir elixo
todo o que han traer.
 
Poño as mans pra que mas enchan
con moreas de ledicia.
 
Quito as mans cando me botan
carbón pra pintar os días.
 
 
2
 
Alumean o Nadal
ao carón do Corté Inglés,
non alumean os cartos
nos petos de quen non ten.
 
Vas camiñando sen peso
un ano máis o que ven.
Probe fuches, probe es,
probe serás no 2010.
 
Vaite Nadal que xa cansa
o engano que ti es.
 
Vaite co teu Deus Consumo
a onde haxa pra te ter.
 
 
 
 
 
 

martes, 15 de diciembre de 2009

Nadal 2009-10: Os Reis que veñen

 
Puso un agasallo
nas súas mans de neno
e recolleu o sorriso
de quen aínda cre
nuns Reis que veñen
do lonxano Oriente.
 
¡Bendita a inocencia!
 
¡Qué boa a nenez!
 
 

viernes, 6 de noviembre de 2009

G/C:Sempre soa

 
Vestido branco
 
Prezo: 33 euros
 
 
 
 
 
1
 
Hoxe non sei qué decir
porque xa dixen moito,
tampouco sei calar
hoxe o que che conto.
 
Chega a noite cedo
i eu sego tan soa
coma estaba onte,
antonte, e sempre soa.
 
Por riba xa me bota
a vida outro outono
para atarllo ao corpo.
 
Van xa unha morea
de setembros gastando
os veráns do meu corpo.
 
 
2
 
Todo igual.
 
Nada cambia.
 
Yo sigo abrazada por el eco
de mi voz apagada en un papel.
 
Me invento.
 
Me reinvento.
 
No dejo de ser llama de vela
que arde, no acaba y continua.
 
Regreso a mí.
 
Quedo en cera.
 
Una torre se levanta buscando
el abrazo de dos lunas congeladas.
 
Se derrumba.
 
Igual que mis sueños.
 
 
 

lunes, 26 de octubre de 2009

Eu, a poeta

 
Noite fóra,
noite dentro,
un camiño a ningures
vou pisando sen sabelo.
Pasan horas, veñen lerias,
cae un día, un mes chega,
vaise un ano, chega outro.
 
Noite fóra,
noite dentro.
 
Abro a fiestra as estrelas,
vexo a lúa no meu teito.
Vaise a noite e esla fica
sempre rindo a miña beira.
 
Noite fóra,
noite dentro.
 
$$$$$$$$$$$$$$$$
 
che guevara
 
Precio: 14,90 euros
 
COMPRA LA PEGATINA EN:
 
 
 


jueves, 3 de septiembre de 2009

Eu, a poeta

 

 

Chegas coma o lume

sen pedir para entrar

onde ninguén agarda

o teu quente bicar.

 

Xa perdo o acougo.

Xa non cavilo máis.

Tirome ao teu monte

deixando o meu atrás.

 

Esquezo tantas cousas

coma endexamáis

pensei que esquecería

ao eu namorar.


viernes, 31 de julio de 2009

Eu, a poeta

 
 
Fun cara ti
coma unha bolboreta
que chega e non fica
a beira de ninguén.
 
Ti sempre no teu teito
ollando o meu voar
dun barco a un porto,
dun porto a un mar.
 
Voltaba e alí estabas
piando ao eu pasar.
 
Sempre ti agardabas.
Sempre eu a voar.

jueves, 2 de julio de 2009

Mi chico, mi chico

Vou cara ti
aínda que non estés
porque sempre estás
no meu cabilar.
 
Mi chico, mi chico,
chámote sen nome.
 
Mi chico, mi chico,
aínda estou lonxe.
 
Mi chico, mi chico,
axiña te atopo.
 
Ti estás pensando
tamén no meu nome,
na túa raíña
da cidade da Torre,
a que tanto escribe,
a que tanto conta,
a que che adica
os versos da noite.

sábado, 23 de mayo de 2009

Eu, a poeta

 
 
Abro a fiestra i vivo
no campo sen cancelas,
aquí ninguén te bota
fóra da túa leira.
 
Enredome na Rede
con verbas e máis verbas,
brinco de unha páxina
noutra que xa invento.
 
Iste é o mundo libre
que eu quero atesourar
na miña realidade.
 
Iste mundo sen portas
é o que non atopo
na miña realidade.

jueves, 14 de mayo de 2009

Eu, a poeta

 Female Head (La Scapigliata), c.1508 Lámina por Leonardo da Vinci
 
Aíllome do mundo
adentrándome en min
ata que me esquecen
os que están a vivir.
 
Eu estou nunha cárcere
da que non sei sair.
Sempre catro paredes.
Sempre o mar de fin.
 
Mañán, moi caladiña,
deixareime fuxir
pola ventá que abro
para chegar a ti.
 
Nun teclado alleo
os meus dedos camiñan
por letras que escribiron
antes do sol caer.

martes, 12 de mayo de 2009

En dúas linguas

Me clavo y desclavo
de la cruz de tu amor
cuando veo en tus ojos
escrito el adiós.
 
Ti xa non me queres,
eu quero seguir
coas lapas máis mornas
ardendo por min.
 
Cravada na cruz
toleo por ti,
non quero cambiarte
por outro sentir.
 
Prefiro os cravos
feridos de fin
a uns cravos novos
aínda por ferir.
 
Por eso me quedo
pegada a las sábanas
cuando tu ausencia
rellena la cama.

sábado, 21 de marzo de 2009

Namorándome

 
Marilyn Monroe
 
 
Chegoume o teu retrato.
Moitas grazas.
 
Lembrábate antes,
ágora son lembraza.
 
Non sei se voltar
contigo ou quedarme
con outro que ronda
o meu corazón.
 
Ti es o retrato
do que foches sempre,
él é a incógnita
dun libro a escribir.
 
Non che correspondo
cun retrato meu,
pero douche as grazas
por non me esquecer.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Eu, a poeta

 
 
Son eu
a que enche o serán de poesía,
a que sementa verbas no deserto,
a que pranta froles que non nacen,
a que recolle nada e moito e tanto pouco.
 
Son eu
o silencio levado polas pernas,
a boca que fala pola man,
a agonía que morre pero vive,
a loita da tinta por pasar.
 
Son eu
isa que cres chamada Miss Derrota,
isa que aínda segue a súa loita,
isa que vai ceibe pola rúa,
isa que cala, isa que escoitas, ista.
Eu.
A poeta.

jueves, 19 de febrero de 2009

Trovadora de min, trovadora de outros

 
 
Calo. Sei que non debo
falar máis.
Falar é perder,
perder é caer,
caer é non ter.
Por iso calo.
Resisto na miña loita.
Mañán pode ser un día
de colleita
se hoxe gaño
calando tanto coma digo
co meu silencio.

martes, 3 de febrero de 2009

Trovadora de min, trovadora de outros

Las pinturas de Gatos
 
Ía rematar na estrada
e rematou na beirarúa
coa lingua botada cara fóra.
 
Viña a Señora
co seu fouciño
a poñer fin
aos catro días.
 
Non choraba por él
senon por ela, a gata loira,
aquela última moza que tivo,
a derradeira que non sabía
o traxe negro que lle poñía.
 
Quiso sorrir
e foise indo
no derradeiro tren;
adeus, adeus,
ía él decindo.

miércoles, 21 de enero de 2009

Trovadora de min, trovadora de outros

Póñolle poesía a miña vida
nesta mañán de día 1,
encho as follas cos meus versos,
vou vaciando o corazón.
 
Tapo os silencio coa poesía,
deito a man polo camiño
dun rego vivo nun rego morto
ata encher leiras de tinta.
 
Só estou eu máis istas follas,
a lúa morre, o sol non asoma,
o mundo é un silencio apagado.
Calade. Calo. Non falo, pero
vou deixando unha agonía sementada.

sábado, 3 de enero de 2009

Nadal 2008-2009

imagen
 
 
Non falta nada
neste meu Nadal:
turrón unha chea,
melindres tamén,
o cava é o río
da gorxa aos pés.
 
Ista noite vou bailar
coa vasoira vermella
para ter eu moita sorte
no vindeiro que se se achega.
 
As marteladas que dan
creo que son as das uvas,
tanto ten, tenme o mesmo,
eu xa as comín antonte.
 
Neste meu Nadal
non están a faltar
nen cartos nen pan.

LIBROS