LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 31 de enero de 2007

Os zapatos das rebaixas

 Os zapatos eran como calquera outros pero baratos. Estaban debaixo dun letgreiro que poñía rebaixas en grandes letras vermellas. Cento vinte euros. O Uxío pareceronlle unha ganga e mercounos.
 
 -Fun ás rebaixas -dixolle á nai o chegar á casa.
 -¿E qué mercaches, meu neno?
 
 O Uxío amosoulle os zapatos novos. Tanto lle gostaron que xa os traía postos.
 
 -Parecen de pel.
 -Iso dixome a tendeira.
 -¿Canto che costaron?
 -Poucos cartos.
 
 O Uxío entregoulle á nai o soldo como facía todolos meses. Ela aforraballe os cartos para o coche e maila autoescola. A nai botou as contas. Faltaban cento vinte euros.
 -Meu neno, ¿a qué rebaixas fuches ti?
 -As do Corte Inglés.
 -Pois coma vaias máis días vas a traballar pro inglés. ¡Cento vinte euros por un par de zapatos que non valen nin trinta!
 
 O Uxío cavilou toda a noite nos zapatos. Se eran de pel Ben valían os cartos.
 
 Unha semán despois chegou con outro paquete á casa. A nai botou as mans á cabeza. ¡Alí ían tirados os cartos das horas extraordinarias!
 -Traoche un agasallo, mamá.
 -¿Das rebaixas?
 
 O Uxío sacou da bolsa un cinto máis unha carteiriña pras moedas.
 
 -Por cento vinte euros estrenei uns zapatos que reciclei nun cinto e nesta carteiriña pra ti.
 
 Pola noite a nai dixolle o pai que tiñan un fillo capitalista. Os zapatos das rebaixas foran unha boa inversión.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 30 de enero de 2007

Arredor de min





Non sei onde estás agora
gato amarelo maullando
lembrote en todolos gatos
que se cruzan o meu paso.

Eras señor con bo paso
paladar de un gran gato
orgulloso da pelaxe
pintada de cor dourada.

Din que emigraches lonxe
ca maleta abandoada
duas vidas ti deixaches
pendentes para gastalas.

Cando hoxe vin un gato
saudándome co rabo
soupe que nel ibas ti
pola elexancia do paso.





LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://us.rd.yahoo.com/mail/es/tagline/messenger/*http://es.voice.yahoo.com/

lunes, 29 de enero de 2007

O amor de Hércules

Vista aerea.jpg
 
Agora volvo a praia sola
co peso dos recordos
dou voltas e máis voltas.
 
Non quero achegarme
pero vou pouco a pouco
os pés levanme ó porto.
 
Obrigome a voltar
e non podo nin quero
sigo pra diante ata velo.
 
Sempre vai Hércules
de pasaxeiro nun veleiro
sentado entre mariñeiros.
 
Nos meus beizos un hola
morre en adeus Hércules
roubandolle o vento o s.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

sábado, 27 de enero de 2007

Arredor de min

Marina.jpg
 
Navega na mar sen remos
o timón levao o vento
ela é a mariñeira
do barco que pisa terra.
 
Vai buscando libertade
nun porto que non aparece
quereo libre de amarras
e non atopa o que quere.
 
Xa pensa en contruilo
cos planos do pensamento
enton aparece a illa
nun oasis de mar deserta.
 
Alí ergerá unha casa
lonxe do mundo que deixa
vivirá coa soedade
da libertade compañeira.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 26 de enero de 2007

Arredor de min

Maria Pita.jpg
 
Despertou e era ferro
unha vara feita ferro
nona dobraba o vento
a tormenta era ela.
 
Despertou cando morrían
as bágoas no paraíso
pisando a terra traidora
na paisanaxe do demo.
 
Despertou e era ferro
unha estatua de ferro
só o corazón lle latía
co odio que nel nacera.
 
Despertou resucitada
nunha dama guerreira
preparada para a guerra
que non declarara ela.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 24 de enero de 2007

O amor de Hércules

Torre Hercules noche.jpg
 
Foi Hércules un compañeiro
non pensen mal esta verba
quisenno sen decatarme
do amor que ía nacendo.

Andiven buscando escusas
cun non cantado ós ventos
dixen non e nono sinto
só sinto o amor perdido.

Naufragou na mar aberta
cando fun terra adentro
Hércules non quiso camiño
nin máis compañía miña.

Quedou o porto sen barcos
todos foron a despedilo
voltaron os que non quisen
non voltou o que quería.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 23 de enero de 2007

O amor de Hércules

Torre Hercules y parapente.jpg
 
Non rematara ainda
o mes días ainda tiña
os días tiñan segundos
a min horas parecianme.
 
Abrin a xiestra pechada
o vento rouboume o nome
un paxariño o levaba
no pico coma un reloxo.
 
Nunha pomba él trocouse
collendo redondas formas
mensaxeira era a pomba
co meu nome no pescozo.
 
Escapou dunha gaivota
nun xiro ó mapa redondo
perdíu un anaco escrito
era parte do meu nome.
 
Hercules leeu o papeliño
sen votar letras en falta
xa sabía o meu nome
para onda él chamarme.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 16 de enero de 2007

Trescentas pra unha cita

Pensaba que era a única e había trescentas. Alí estaban no messenger unha tras outra nunha lista de harem virtual espallado por medio mundo.

A un mentireiro collese pronto pero ela tardou unha década, e foi a descubrirlle o dobre fondo xusto cando facían dez anos de casados pola Igrexa.

Aquela noite ían de mariscada. Chamouno. Pediulle que fora directamente ó restaurante.

-¿Tanto tardan na perruquería?
-Xa sabes cons vernes teñen moito traballo. Pero ás nove estou alí.

Ás nove empezaron a entrar mulleres pola porta do céntrico restaurante. Todas con traxe de noite atá os pés e tacóns de agulla. Un cento polo menos. As que faltaron a cita foi pola distancia. Todas estaban namoradas do seu home. Daquel home que non entendía nada nin o entendían a él. Atá o dono do restaurante protestaba.

-No, señor. Aquí no quiero peleas.
-Yo no las traje.
-Me enviaste un mensaje -decía a máis enoxada, unha rubia de bote que lle cravaba as uñas de porcelana traspasando o traxe de Armani.

A única muller que él agardaba viuno sair do restaurante no medio de todalas amantes. Non sabía se o perdoaría por dez anos de múltiples camas. Só sabía que pra él trescentas mulleres xuntas eran unha multitude insoportable.

jueves, 11 de enero de 2007

Arredor de min

 
A barralla rompeu
xa non valía.
 
As portas pechadas
xa non servían.
 
As xiestras de pedra
xa non valían.
 
O teito era o ceo
xa non servía.
 
Só quedaba Deus
e non servía.
 
Cristo acribillado
nun crucifixo.
 
Mireino na dor
e dixen: sigue.
 
Él choraba amor
eu seguía.
 
Él perdoaba cravos
eu non podía.
 



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 10 de enero de 2007

O amor de Hércules

Canones.jpg

Destino de trovadora
acepteino sen aceptalo
cando vin en un soño
o meu nome mencionado.

Hercules fixo fazaña
quitandome a paisaxe
as fotos que inspiraban
versos que xa non borraba.

Cando vin que esperaba
sentado a miña chegada
ceibaronse os versos solos
para amores contarlle.

Escribin verso tras verso
en estrofas alongadas
o amor dun guerreiro
que cria ser un fidalgo.

lunes, 8 de enero de 2007

O amor de Hércules

deeiffel
 
A miña pluma rebelde
fuxiu da tinta das mares
moitos meses escapou
perseguida polas bágoas.
 
Naceron as verbas en vran
cando as margaridas cantan
primaveira en prados verdes
decindo adeus aos raios.
 
Foi adeus de poesía
vestido con versos libres
ceibados por un adeus
que voltou en poesía.
 
A miña pluma rebelde
rachou os versos coa rima
un canto de alma ferida
rachou ledicia infinita.

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es

viernes, 5 de enero de 2007

A ventá da cociña

 Na miña casa os Reis Magos entraban pola ventá da cociña. Eu estaba disposta a abrirlles a porta de par en par pero miña nai insistía en que as Maxestades non me precisaban de porteira voluntaria. Desposi de amosarme a ventá aberta mandabame pra cama sen dereito a réplica.
 
 Eles tiñan a miña carta no seu poder e aquela noite chegarían sen facer ruido e sen deixarse ver. Nen sequera lle podería dar unha aperta de súbdita agradecida.
 
 De todalas cartas que lles escribin ou fixen escribirlles lembrome dunha. Tería eu cinco anos. Miña nai mercou na librería un papel cun sobre a xogo. Empezaba cun "Querido Reyes Magos" e seguía con liñas paralelas pra escribir recto con boa caligrafía. Eu escribin a miña lista dos desexos de xogetería, engadindo un libro dos Cinco que xa entón non me podía faltar. O que eu nunca escribía ou mandaba escribir era iso de "he sido una niña muy buena". Supoñíase ¿ou non?
 
 Os Reis Magos tamén chegaron aquela noite. Despertei cedo e saín ó pasillo. Alí, diante da porta, estaban os paquetes con papel de xogetería da calle Real e dunha coñecida librería. Pero o agasallo que máis me ilusionaba eran os cartos que semantaban os Reis Magos por zapatos e zapatillas. Aquel ano os Reis andaban mal de monedería e botaron billetes. Corrín á cociña a darlles unha aperta pola súa xenerosidade. Alí estaban discutindo se fixeran ben ou mal. ¿Qué ía facer unha nena de cinco anos con tantos cartos? A miña raíña respostou: metelos no banco. Foi o que fixen.
 
 Viñeron outros días de Reis Magos trocando os xogetes por máis libros. Sempre libros. Sen esquencer a semente verde por zapatos e zapatillas pra mercar o futuro a través dunha conta de aforros nun banco. A ventá da cociña xa non se lle abría ós Reis. Non facía falla. Eu habíalles aberto a ventá do meu corazón.

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es

jueves, 4 de enero de 2007

Arredor de min

santiago08
 
Eu sabía que non estaba
pensei que non aparecía
a outras portas chamaba
a do ceo non abría.
 
As dudas foron nacendo
onda certezas había
os cimentos que eran pedra
volveronse papeliños.
 
O meu mundo desfacíase
nunha duda dacotío
morrían certezas certas
naufragando polos ríos.
 
Mirei para o ceo un día
e Deus fixome un giño
non sei si era ou non era
a min casi mo parecía.

__________________________________________________
Correo Yahoo!
Espacio para todos tus mensajes, antivirus y antispam ¡gratis!
Regístrate ya - http://correo.yahoo.es

LIBROS