LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 27 de febrero de 2007

O novo secretario

Pasar de botóns a director dun hotel é cousa que só ocorre en América. Alí as cousas son distintas. Tes un soño e trocase en soño americano posible.

No hotel Monte Furado os botóns retiranse de botóns coa chaqueta bermella. Por iso ninguén cre co Antonio será o seguinte secretario de don Arsenio. É a broma do día dos Santos Inocentes. Unha broma é unha broma, pero con don Arsenio, un home moi serio, hai que ter coidado. Por menos mandate ó paro. Os camareiros van pasandose a nova caladiñamente.

-Antonio, ¿es cierto que don Arsenio te va a nombrar secretario? -preguntalle o cociñeiro.
-Ni hablar, amigo mío. Dicen que Benito se jubila, pero hay otras personas más preparadas que yo para ocupar el puesto, tú entre ellos.

O cociñeiro volta á cociña convencido de que andan a gastar unha broma.

O botóns Antonio abrelle a porta a don Arsenio, felicitao pola súa xestión, preguntalle pola familia, bota unha bágoa ben sentida polo sarampión da neta, aconsellalle un remedio de mediciña natural, alaba o traxe que puxo hoxe, ofrecese para limparlle os zapatos porque no é que os leve sucios pero ben se sabe que unha bayetiña quita os lixos da rúa,...

Un mes despois o botóns Antonio entra no hotel levandolle o maletín dos documentos a don Arsenio. É o novo secretario do dono do hotel Monte Furado.

jueves, 22 de febrero de 2007

Arredor de min

Torre de Hércules, La Coruña - La Coruña, La Coruña, Galicia
 
Margarida entre mares
nadando en marea altas
pillas as ondas mais feras
cos teus pétalos remando.
 
¿Quén che decía que non?
Fixeches sange de polén
a alerxia alonxa ós barcos
mentras aplauden de lonxe.
 
O telón vaise subindo
enrolado polas nubes
aos que critican chovenlles
lóstregos nados no monte.
 
E ti margarida nadas
sen importarche o mundo
atopas as libertades
fuxindo do ruin mundo.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 19 de febrero de 2007

O amor de Hércules

Torre Hercules.jpg
 
Anda Hércules namorado
nunha torre noutros lares
vai a vela nun avión
cando anda enoxado.
 
Dime que él fara outra
enriba dos nosos mares
un pé sobre esta costa
o outro pé no outro lado.
 
Eu rezo pra que sexa
idéntica a orixinal
Effiel non lle perdoaría
unha copia desigual.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 16 de febrero de 2007

Arredor de min

Galerias noche.jpg
 
É unha noite de ferro
despertou feita un ferro
que berra con voz de ferro.
 
Hai unha chuvia de pedra
que fai anacos cas pedras
en guerras ó son da pedra.
 
Xa non chora por ser ferro
as suas bágoas son ferros
loita con verbas de ferro.
 
Os cobardes son de pedra
guerreiros da nada en pedra
verdugos que tiran pedra.
 
É outra noite de ferro
non venceredes ó ferro
ela é dama de ferro.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

miércoles, 14 de febrero de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Tranvía de La Coruña - La Coruña, La Coruña, Galicia
 
San Valentín no almanaque
no Corte Inglés don diñeiro
no meu corazón eu sinto
o amor que che profeso.
 
Hoxe é un día coma outros
co Cupido polo medio
xogando cunha flechiña
coma un neno travieso.
 
Iste Cupido anda tolo
¿por qué une corazóns
onde a cabeza di non?
 
San Valentín bota froles
nos poñemos o amor.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 13 de febrero de 2007

O amor de Hércules

Poster anunciador del Carnaval 2007. Sobre fondo negro una máscara realizada con productos típicos de esta época: chorizos, grelos y orejas.
 
Eu ben sei que non esquence
o amor que nos tivemos
él non quere que renaza
eu tampouco estou por elo.
 
Son viuva dos amores
que foron cando non eran
posibles por desiguais
berces que nos precederan.
 
A porta tena o destiño
ca media folla aberta
se ven coma un paxariño
entrará na xaula aberta.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 12 de febrero de 2007

Atracción fatal

 As novas sempre chegan a todolos lados. Van de boca en boca nun "disque din..." Así soubo a filla de Marbella ca nai compartía casa e vida cun home. "¡Os sus anos!" "Hai que ir a Madrid, mamá", decía a neta máis nova.
 
 A filla de Marbella era unha muller con moita vida social. Achegosuse a un despacho de avodagos a consultar o tema da herdanza. Todolos letrados dixeronlle que estivera tranquila. A vella non podía deixarlle nada o novo amor. A filla, máis tranquila, seguiu de festa en festa do brazo do seu home, un constructor de urbanizacións con campos de golf.
 
 A seguinte nova que chegou os seus oídos era moito mási inquetante. A nai, os seus anos, vivía con unha muller. "Xa che dixen eu ca avóa non estaba ben", dixo a neta máis nova. A filla chamou ó irmán que vivía en Tenerife. Contoulle ca nai saíra do armario e non había nada que facer. A filla consoluse pensando ca herdanza non corría peligro. Voltou as festas marbellís do brazo do marido constructor.
 
 A seguinte nova tardou cinco anos en chegar. A nai morrera. Foron a Madrid no jet privado do constructor. Demasiado tarde. O enterro había sido facía un mes. A filla quiso chorar, pero lembrouse da herdanza e contuvo as bágoas atá co notario leu o testamento. Tanto a ela coma o irmán só lles quedaba a lexítima. A herdeira universal era a muller noiva, viuva, parella de feito,... "Xa che dixen eu ca avoa non estaba ben" dixolle outra vez a neta máis nova. A filla desherdada pensou que ela tampocuo estaba ben. Mirando á herdeira universal sentía unha atracción fatal, non pola muller sesentona vestida de Chanel, senon polos cartos que gañara sacando do armario a unha vella de oitenta anos.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

sábado, 10 de febrero de 2007

Arredor de min

deeiffel01
 
Pantasma doutros me ven
toleando cas pantasmas
son pantasma de min mesma
pantasma dunha pantasma.
 
Non podo culpar a outros
de palabras libertarias
son eu a dona de elas
nun penso que follas racha.
 
Son pantasma cenicienta
liberada dos zapatos
as madrastras nas coñezo
son filla da libertade.
 
Din que resucita príncipe
pra buscar noiva pantasma
que colla camiño longo
que eu non lle son vasalla.
 



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 8 de febrero de 2007

Arredor de min

Plaza de las Barbaras.jpg
 
Agora xa somos algo
con parentes importantes
pasou o da lotería
regalando premio grande.
 
Se antes eramos listos
agora somos xerarcas
mandamos dende palacio
mentras aluger nos pagen.
 
Herdamos por inter vivos
os inter tontos traballan
eles serán os vasallos
que fagan o besamanos.
 
Pero xa non hai escravos
nin cabaleiros vasallos
a Idade Media é pasado
e o premio xa remata.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

martes, 6 de febrero de 2007

Arredor de min

Esculturas.jpg
 
As definicións erradas
son os erros máis errados
onde só hai pobo espido
ven fidalgos con espada.
 
Cervantes fixo Quixote
inventando quixotadas
outros inspiranse en min
pra ver dama ocultada.
 
Pelexaba o Quixote
ca pluma desvariada
eu son pluma pelexada
co disfraz que me engaden.
 
A pluma din ten poderes
como tiña a espada
predica en letra impresa
tintando coa libertade.
 
Se o tinteiro se acaba
marcharei tras libertade
ainda que mo prohiban
a miña pluma non cala.
 



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

lunes, 5 de febrero de 2007

Arredor de min

 
Os traxes queren vender
impoñendo moda fixa
o que saía do patrón
queren quitarlle o sitio.
 
Eu xa no probo patrón
nin a tela descosida
collo agulla e fío
pra facelo meu vestido.
 
Chamanme tola atrevida
por sairme das medidas
censuran o meu vestido
con sonrisos descosidos.
 
Que censuren o que queiran
eu farei o que me pete
coserei tela con tela
tecendo todolos demos.
 



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

sábado, 3 de febrero de 2007

Arredor de min

Playas Riazor Orzan aereo.jpg
 
Berranlle ó cisne bello
queren que sexa máis feo
pidenlle que esconda beleza
pintandose doutro xeito.
 
Calade e aprendede
a nadar en augas bravas
sen corrente todos saben
con mareas xa escapan.
 
Berranlle pra que se marche
que son eles os que saben
mover aliñas o son
da música que lles cantan.
 
Non marches cisne de mares
reina na selva mais brava
esos berros que che botan
son música pros teus nados.
 



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

viernes, 2 de febrero de 2007

Arredor de min

Esculturas 2.jpg
 
Os anxeliños que cantan
serán anxeles ou anxelas
cando a canción non gosta
hai que mirarlles o rabo.
 
É un anxel anxeliña
aquel que canta máis alto
sae na tirada de cartas
o rei ca coroa pra baixo.
 
Os anxeliños que cantan
non falan letra cantada
Deus fixoos educadiños
pra que non resposten alto.
 
É un anxel traicioneiro
da canción que foi votada
pra levarnos o trunfo
sen fracaso de xurados.
 
Os anxeliños que cantan
teñen anxela rebelde
canta letras que escribe
cando de noite desperta.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

jueves, 1 de febrero de 2007

Arredor de min

 
Na miña casa non había
ventaxas por varonías
atopeinas o medrar
rodeada de machismos.
 
Cando falas din cociña.
Cando razoas non sirves.
Cando berras toleaches.
Cando os deixas es mala.
 
Eles queren princesiñas
con fillos e con marido
que aspiren a un príncipe
con coroa e monarquía.
 
Eu non quero principiños
que me fagan princesiña
coroandome de alaxas
só quero ser muller libre.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS