LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 28 de junio de 2016

Namorados

Chegou contigo a brétema,
marchou contigo a chuvia.
Un chisco de sol abriu
o teu sorriso na noite.

Escoitei aos paxariños
que trouxo a túa chegada
a unha eira sen carros,
vendidos para pagarche
tanta ledicia festeira
que xa ía rematando.

Quedei recollendo anacos
das noites que foron farras
i soñei que había soñado
soños de nena rapaza.

---------------------

jueves, 16 de junio de 2016

Amando en verso

Meteuse na cadea,
adicouse a rezar,
orballou na lareira,
caeu unha mazá.

Pechou a mesma porta
ao mesmo xabarín
e viñeron a centos
os irmáns xabaríns.

Respostou ao oráculo
moi lonxe de alí
mentras, entre viaxes,
elexiume a min.

Saíu dunha cadea,
sacouse de rezar,
quentou unha lareira,
colleu unha mazá.

------------------

lunes, 13 de junio de 2016

Amando en verso

Subín contigo ao faiado
para vela misma estrela
e ti mirabas para unha
i eu miraba para ela.

¿Qué tería a estreliña
que eu non tiña coma ela?

Baixei contigo do ceo
ata o río onde as lebres
bailaban un agarrado
cos coellos do gaiteiro.

¿Qué terían as lebriñas
para gostar aos coellos?

-----------------------


LIBROS