LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 18 de diciembre de 2020

Nadal ceibe

Din con Nadal
este ano no é
o Nadal de sempre.
Eu dígoche que é
un Nadal ceibe
se ti es libre.
O meu Nadal é ceibe
aquí, no meu peito,
nun corazón que ama
namorado dunha meta.
O teu Nadal tamén
pode ser un berro
aillado na neve
que se suma aos berros
que chegan dunha fiestra
a outra fiestra.
Esa é a miña meta:
unha aperta infinita
dende min mesma.
---------------------


viernes, 4 de diciembre de 2020

Namorada ceibe

Son a namorada ceibe
porque sen libertade
o amor nono entendo.
Escoito a túa voz.
Escoito a miña voz.
Somos ti máis eu.
Somos eu máis ti.
------------------


sábado, 21 de noviembre de 2020

Muller ceibe

​Nos prados, nos montes,
nas eiras, nas rúas,
nas praias, nas estradas
eu son unha muller ceibe.
Non lle poño ó dedo
dono e non o quero
aínda que me digan
tola cando me ven
soa no camiñar
polas rúas e eiras.
--------------------


martes, 21 de julio de 2020

Os da guerra en Vilademos

 
 A Vilademos chagan os da guerra. Dan mágoa. O vello Xan abrelles as portas da súa casa.
 -Entrade, filliños. Aquí hai que comer.​
 A súa dona vaille botando caldo de berzas nos pratos máis fondos do chinero. Eles hulen e non comen. Xan enchelles os vasos de viño da casa. Os da guerra viran o fuciño.​
 -¿Non comedes, carallo? -berra o vello Xan, enoxado-. ¿Qué credes? ¿Marisco?​
 Os da guerra vanse sen decir pío. Son moi educadiños.​
-----------------------



Libre de virus. www.avg.com

jueves, 2 de julio de 2020

Un home da Idade Media

Hoxe falei cun home da Idade Media
e disenlle que non o coñecía​
para non dar máis señas​
e chegar a rifar​
nun problema de xénero.​
Era o macho da tribu​
onde as mulleres calan​
e cando falan din​
o que di o seu macho.​
Non, non te coñezo​
nin quero atoparte​
no meu camiño ceibe.​
Alonxate, rapaz,​
non te quero no camiño​
onde hai unha muller ceibe.​


Libre de virus. www.avg.com

jueves, 14 de mayo de 2020

Emigrantes

Remexes no bolso meu,
remexo nos petos teus.
Os cartos non aparecen.
¡Qué pobriños imos ser!

O riso pode contigo
contando poca chatarra
na carteira que escondo
nun azulexo pintado.

Emigramos co meu coche
a farturenta Alemaña
i o run run do motor
vai adormecendo ao gato.



Libre de virus. www.avg.com

domingo, 23 de febrero de 2020

Mozas á porta

​Mozas á porta decías
e saín axiña
coa saia nova
i a chambra doutra.

Un bico pequeno.
Aparta que miran.
Estanche con contos.
Non, neno, ten tino.

Máis mozas á porta
dixeches o vispra
do día que fuches
coa dote que tiña.

Un biquiño, nena.
Na voda o biquiño.
Dime que me queres.
Eso sí cho digo.

---------------

miércoles, 12 de febrero de 2020

Nenez

​Hai nenos que calan
na nenez doente
de guerras na casa
e lume na eira.

Son nenos cos ollos abertos,
nenos sen Reis de Oriente,
nenos que xogan co medo.

Son nenos.

Hai nenos que medran
sentindo o medo na porta
cando as chaves poñen hora
as noites de rifas dun tolo.

Son nenos i nenas da nenez
escrita nun conto
no que a princesa
non come perdices.

--------------

domingo, 5 de enero de 2020

Muller nova

​Non estarei calada
(Falarei alto)
Direi que son libre
(Escoitarán todos)
Ergerei a testa
(Terán case medo)

Petarei ben forte
cos zapatos novos
estrenando o chan
outra vez nas rúas.

Ven un ano novo,
un tempo novo ven,
unha muller nova ven.
Ven un eu do meu eu.

----------------

LIBROS