LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 24 de noviembre de 2018

Muller ceibe

​Non sei se vou de parranda
ou estoume debullando
das follas que son de millo
para escribir o que falo.

Vou un versiño arriba
i un versiño abaixo,
endexamáis conto sílabas
porque traballar me mata.

A miña vida é unha festa
na que sempre canta o galo
cando aínda hai orquesta
con ganas de máis parranda.

------------


viernes, 23 de noviembre de 2018

Muller ceibe

​Dixeronche que caía
¡Qué parvos son os que falan!
Aquí me tes nos meus pés
e cos zapatos debaixo.

Dixeronche que morría
¡Cantos desexos estranos!
Volvín con folgos dabondo
para seguirche cantando.

Dixeronche que dixera
que tiraba coa toalla.
¡Cánto falan os que falan!
Pois dille as malas lingüas
que hai poeta para rato.

----------------------




miércoles, 21 de noviembre de 2018

Risas en Vilacans

​ O xenro da Carmela é un bo home. Vai a ver á sogra e cántalle cancións de Julio Iglesias. Carmela ri. É unha muller moi farrera. O outro día na feira dixo que mataría á sobriña. Todos riron. Ata o garda municipal botou unha gargallada.

 -Decide por ahí que son unha boa muller. Eu non quero matar, pero non me gostan os da Coruña.
 -Non sexas racista, muller -dille a Xoaniña.
 -Son de Vilacans.

 Rin todos. O xenro da Carmela é o que máis ri. Chora coa risa.

 -Vou a mesarme.
 -Non fagas tal cousa, carallo, que saes na Voz de Galicia.

 O xenro da Carmela ri máis. Mesado ou non, seguide rindo. Toda a feira de Vilacans ri con él.

 -¿De qué rides? -pregunta o cura.
 -¿Rir é pecado, don Jesús? -pregunta a Carmela.
 -Rezade uns padrenuestros cando acabedes de rir.

-------------------


lunes, 12 de noviembre de 2018

Muller ceibe


 
​Ti podes, eu podo
vou decindoche e decindo
polas rúas onde son
anónima e sinxela.

Non son de ningún parente,
nin filla con pais que sexan
coñecidos por labercas.

Eu son a muller ceibada,
unha estrela que alumea,
son o raio i a tormenta,
son o sol i o firmamento.

Son tanto que non me acougo,
narcisista e sempre alerta
porque os demos andan preto.
Xa os sinto. Xa se achegan.

---------------


LIBROS