LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 22 de julio de 2013

Morreu en Oleiros

Non pode ser certo
Non podo crer o teu finamento
Non podo decirche adeús, mamá
porque aínda teño moito que contarche.
 
Teño que contarche moitos contos
Teño que recitarche moitos versos
Teño que decirche sen decirche
Teño que caler e ti me entendes
 
Veñen os días de ti orfos
Veñen as datas que non cumpres
Veñen as horas que son séculos
Ven a morriña co teu nome
 
¡Cánto te quisen i te quero!
¡Cánto me does no meu peito!
¡Cánto me mata a túa morte!
 
 
----------------
22-6-2013
XIADA
-------------
 

lunes, 15 de julio de 2013

Morreu en Oleiros

 
Fuches un terte e perderte
na guerra que gañou a túa morte.
 
Aquí me tes nesta derrota
ergendo unha bágoa cun boli.
 
Aquí me tes un sábado calquera
chorándote en brancas follas brancas.
 
Aquí me tes cando xa é verán
cos pés no inverno i na noite.
 
Aquí me tes no silencio que deixaches
na casa que foi a túa i é a túa.
 
Fuches, mamá, para min tanto i todo
que non son máis que un despoxo.
 
----------------
 
22-6-2013
 
Xiada
 
--------------
 

miércoles, 10 de julio de 2013

Sempre ceibe

 
Non esquezo al aldraxes
nin perdoo aos cabróns
díxolle a rosa ao toxo
cando él non lle falou.
 
A toxeira non falaba,
a rosa tamén calou
e veu o lume queimando
o chan onde Deus prantou
unha rosa pequeñiña
con bágoas ceo azul.
 
O toxo ardía queimando
as herbas do corazón
dunha coteira agochada
polo fume dun tizón.
 
 
--------------

Sempre ceibe

 
Ninguén
din que son
i eu non me sinto
ninguén.
Son a raíña, carallo,
i aquí vides a ver
o sangue azul que deixo
nun anaco de papel.
 
------------

martes, 2 de julio de 2013

Ceibe sempre

Ceibe sempre
endexamáis atada
camiñando libre.
 
Así vou
 
Collo o camiño a ningures
deixando pegadas na mar.
 
Asi vou
 
Chego nu non chegar nunca
i fico aquí
ergida
estando sen estar...
pero estando.
 
----------
26-6-2013
XIADA
-----------

LIBROS