LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 18 de diciembre de 2021

Mulleres ceibes

Non entendo ás mulleres
que van á corda.
Eu ceibeime hai tempo.
Deixei as cadeas tiradas.
Pisei os pés que pisaban
os meus pés de xovenca.
¡Voei ben alto!
Berrei: ¡son libre!
--------------------



domingo, 5 de diciembre de 2021

Chove na leira

Hoxe chove
na miña leira
decía antonte
cando era miña
a miña terra.
Onte vendina.
Hoxe só teño
os poucos cartos
da súa venda.
¡Vaite, leiriña!
¡Cánto te quisen!
Hoxe non chove
na miña leira.
------------------


martes, 30 de noviembre de 2021

Muller namorada

Era una muller namorada
algo parva
as veces
e foi indo ata ser
sempre parva.
Era a muller dun lambón.
Era a que lle enchía o prato.
Era a muller lavandeira,
a da cama quente,
a que ben planchaba.
---------------


sábado, 30 de octubre de 2021

Leite Deleite

Bebín un vaso de leite
que cheiraba a aserrín.
¿Qué vaca tería eu
carpinteira no xardín?...
Ben seguro que che era
a Marela pequechiña.
A grande era laberca.
A pequeña máis boiña.
No café xa me sabía
a leite sen caseína.
¡Erache ben certo que
Deleite tivera tino!
-----------------------------



sábado, 2 de octubre de 2021

Namorados

Casaba cun bó rapaz,
fillo da nosa comadre.
Ela iba ben contenta.
Él ibache cavilando.
Houbo misa. Houbo bicos.
O cura dixolles que eran
unha parella casada
ante Deus e ante os homes.
Quedaban moi ben atados.
------------------



miércoles, 4 de agosto de 2021

Mulleres ceibes

Os anuncios dinme que debo ser
unha muller de grandes peitos
enchidos coa silicona
que venden ó peso.
O erótismo segue cuhna pube
depilada da selva negra.
Por atrás teño que ter o cú
perfeto da Kardashian.
¿Imos facelo? Non, non quero.
----------------------



sábado, 17 de julio de 2021

Mulleres ceibes

Hoxe era o día da voda.
Viu chegar o coche
cos lazos nas portas.
Choraba súa nai.
Seu pai daba apertas
a un xenro que viña
caído do ceo.
Pensou no divorcio
e dixo sí quero.
---------------------



jueves, 10 de junio de 2021

Baixo o signo de Caín

Conxuráronse os astos
para tirar una estrela
onde non había sitio.
¿Qué vai a ser da estrela?...
O mar ofreceulle as ondas
para mecela de nena.
Cando sexa unha mociña
terá a escuma con ela.
De vella chegará o tempo
dun navío moi pequeño.
Xa vexo altos carballos
debaixo dun branco ceo
cuns cregos que están a cantar
pregarias pola estrela.
---------------------------
AMAZON: Casas con Delicias de Verano
----------------------
TIENDA CORUÑA: Agasallos que todos queren


miércoles, 9 de junio de 2021

Mulleres ceibes




​Hoxe non serei
a muller que limpa,
non farei comida,
non escoitarei nenos,
non calarei cando
chegue miña sogra,
nen seguirei calada
cando veña o meu home.
Hoxe fuxo, voume...
Hoxe collo o divorcio
pola miña man,
sen avogados, sen xuices,
sen malas historias.

--------------------------
TIENDA MARBELLA: Vestidos de verán con grandes descontos


lunes, 10 de mayo de 2021

Muller namorada

Cheguei con ganas de leria.
Ti andabas enoxado.
Rifamos coma dous vellos
que xa non teñen parranda.
Ía a pedirche o divorcio
cando riches e calaches.
Entón penseino mellor
e deixeino aparcado.
-------------------
ZAPATILLAS PARA ANDAR POLAS RÚAS: https://amzn.to/35GZgZg


lunes, 3 de mayo de 2021

Nais e fillas

 
Non era a nena que acochaba
despois de ler o conto
da Caperuchiña parva.
Era unha moza prantada
na horta dos pecados.
Buscou nela un anaco
do seu eu e ¡nada!
Aquela muller non tiña
un pouquiño do seu lado.
Era toda ao seu pai.
¡Qué desilusión levaba!
El soñara unha filla
que non tiña ben soñada.
----------------------
AS CREMAS QUE CHE POÑEN AS MANS DE SEDA: https://amzn.to/32odpZr 


Muller sen fillos

 
Non son nai,
pero son filla
dunha nai que foi
só nai miña.
Non quisen ser nai
e deixei os berces
baleiros de min
cando puiden enchelos.
Non quisen, pero soñei
meniños brincadeiros
que corrían cara a casa
onde tiñan apertas.
Quisen coller no colo
a unha meniña
e tivenlle nome
i case escoitei
nos seus beizos rosas
chamarme... mamá.
Fun a nai dun soño.
------------------
AGASALLOS PARA NAIS BENQUERIDAS: https://amzn.to/3eyIU8B

viernes, 2 de abril de 2021

Muller ceibe

Non quero amores
dixen máis nova
i ágora teño
un amor novo.
É moi chisteiro,
fala decote,
ten o sorriso
dun neno loiro.
Eu sigo sendo
a muller ceibe.
Que ninguén pensé
que xa non voo
nos prados leda.
-----------------

martes, 30 de marzo de 2021

Casas grandes

Hoxe soñei cunha casa grande
de porta vermella
e co sol no tellado.
Tiña a miña casa
fiestras moi pintadas,
pedra nas paredes,
tellas no tellado.
Dentro estabas ti.
Fora estaba o gato.
Despertei e estaba
na cama soñando.
Sempre son a parva
que soña e soña, i nos soños cae.
------------------------

lunes, 29 de marzo de 2021

Muller do campo

Hoxe no monte collín
os cogumelos máis grandes.
Mañán na feira dirán
que teño unha horta grande.
Se non vendo uns aliños,
as cebolas van marchando.
Unhas patacas eu vendo
se mas pagan de contado.
Os grelos son de Monfero,
os pementos de Padrón,
os ovos son da galiña
poñedora cos votou.
------------------

lunes, 22 de marzo de 2021

Namorada

Un día namoreime
dun home que rifaban
as que ían decindo
que tiña moitos cartos.
Casamos moi contentos.
Os cartos non estaban.
--------------------
MERCA AQUÍ A TÚA COLONIA

domingo, 7 de marzo de 2021

Muller ceibe

Din que dou medo e temen
a miña lingua laberca.
Non saben que vou ceibando
as verbas que teño dentro
e cando van atopándoas
din que lles dou moito medo.
Una muller sen un dono
non se leva nestas terras.
Queren mulleres tiradas
aos pés dos que gobernan
as nosas vidas con xenio.
Endexamáis me axeonllo
diante dos machos ibéricos.
Por eso falan decote
da muller que voa ceibe.
----------------------------


miércoles, 3 de febrero de 2021

Na miña horta

as berzas máis grandes
que viran na feira.
Son berzas que medran
sen tocar o ceo,
pero achegándose
á nube primeira,
Verdes, moi moi verdes,
son as miñas berzas.
Non as toques, digo,
cando veñen cans
a mesar por elas.
As miñas berciñas
son sans e da terra.
Hoxe dinlle un feise
a unha veciña
que mirou para elas.
----------------

viernes, 29 de enero de 2021

A muller de verde

Eu fun a muller de verde
dos pés a cabeza,
da cabeza aos pés.
Un día, madura,
o verde fuxíu.

-----------------


viernes, 15 de enero de 2021

Muller quente

Chamoume muller quente
e foise para sempre.
Eu quedei co meu frío.
Él levou o seu xenio.
Hoxe cando nos vimos
díxome ola, nena.
No sei se esqueceu
que me sentirá quente.
------------------


LIBROS