LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 30 de mayo de 2011

¡Ai cómo fuxe o tempo!

Cada minuto un adeus,
cada segundo un ola
na cadea do reloxo.
 
¡Ai cómo fuxe o tempo!
¡Ai como un ano vai tras outro!
 
Quero viaxar ao día
que morre e xa non volve
e caeme enriba outro
día sumando máis morte.
 
------------------
 

miércoles, 25 de mayo de 2011

O ceo nas mans

Ao subir sinto o ceo
tocando as miñas mans,
cheos de estrelas os dedos,
coa lúa pola man.
 
¡Quén puidera ali quedar!
Tan arriba, lonxe, lonxe,
e nunca volver atrás.
 
Arriba só teño diante
o Deus que din que está.
Abaixo teño aos que queren
deixarme sen traballar.
 
 
--------------------

lunes, 9 de mayo de 2011

Isto é o amor

 
Recitas a Neruda
para encherme os oídos
co amor escrito.
 
Calo os meus poemas,
mási fríos, menos presurosos,
i escoito a música
das letras nos teus beizos
bailando un bambeo.
 
Isto é o amor. Creo.

LIBROS