LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 12 de febrero de 2015

Amor novo

Nos abrazamos marchando pola estrada
dunha tregua ao silencio escrito.
Imos polo mundo medrando
neste amor que sabe a chuvia.

Lonxe, voan os soños.
Preto, o vento vai tolo.

Corremos. Tocamos a utopía
nun bico que sabe a chicle.

Amor novo é o noso,
amor nacido antes de tempo,
amor para sacarnos da adolescencia,
amor que busca unha aperta,
amor nunha onda mística,
amor que ouvea sen acougar.

------------------

Poeta pantasma

Baixo de min i chego
o eu que pechan as chaves.
Aquí estou. Soa. Sempre soa.

Volo a enredar, cavilando,
sen querer falar por falar
neste falar só conmigo.

Estou descubrindo o camiño
noutro horizonte de silencio.
Sinto o frío doendome
nas mans que latexan
coas verbas que van adiviñando
os meus dedos cheos de espellos.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Poeta pantasma

Non teño fronteiras.
Son libre, moi libre
ceibando verbas ceibes
que alimentan o lume.

Xa non esmorrecen as lapas
nas miñas ruinas pequenas.
Xa non teño frío no meu frío.
Xa anto. Xa vivo. Xa estou.

Chego ó embarcadoiro rindo,
rexuvenecida, namorada.
volvo a camiñar entre toxos,
pisando as xestas cos pes
cheos das espiñas do camiño.

Son libre i pinto coas cores
do arco da vella as miñas
verbas ceibes sempre ceibes.

--------------------

Poeta pantasma

Estou sempre a pelexar,
guerreo, perdo, volvo a loitar.
Sigo pelexando, enfrentome a min...

Sinto medo. Vaise o medo.
Xa non me quita o sono
ese medo a destrucción
das follas que poden morrer
nun deserto devorado pola selva.

Brillarei. Erguereime dore min,
sobre os meus restos mornos.
Serei a máis fermosa das poetas
pintada polas miñas verbas.

------------------

LIBROS