LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 25 de noviembre de 2011

Un bo feixe de dúbidas

 
Recollín as miñas dúbidas
e viaxei cara as tús.
Imposible foi sumalas;
liquideinas nunh poxa,
na que o comprador pedía
preguntas e non respostas.
 
Ahí levas un bo feixe,
pensei cando din a volta.

viernes, 18 de noviembre de 2011

Un noivo neoiorquino

Teño un noivo neoiorquino,
fillo dun conde con cartos
ao que lle gustan o queixo,
os callos i o tabaco.
 
Fuma tanto como fala
das finanzas vaticanas
e deixa o botafumeiro
cando os espíritos cantan.
 
Un día gañou un premio
por innovar no traballo
i pensei que xa morría
o mesmo fin de semana.

martes, 15 de noviembre de 2011

Crise fóra e dentro

Preciso afastarme de min
i desta vida imposíbel.
 
Non podo.
 
Non.
 
O meu tempo está cheo
cun traballo que me mata.
 
Crise teño fóra e dentro.
 
Non podo.
 
Non.
 
Estou esgotada
i non sei saír
do límite dos meus límites.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Vida debullada

 
Debullo a miña vida
nunha historia chea de dúbidas
onde as preguntas
non teñen respostas.
 
Non esperes emocións
neste conto que che conto,
que está na miña fronteira
con inimigos dabondo.
 
É unha vida estafada
na perigosa existencia
de quen quere un anaco
i non lle dan pan pos dentes.

sábado, 5 de noviembre de 2011

Medo epidérmico

 
O meu futuro é crise.
Non hai cambio.
Todo negro.
A longo prazo só teño
un tunel crebacabezas.
Retrata a realidade
iste medo que xa teño.
Medo epidérmico o meu,
poderoso sentimento.

viernes, 4 de noviembre de 2011

Nace a ledicia e morre

 
¿Felicidade?
Pouca.
Nace a ledicia
e morre
aínda pequena.
Protexo o momento
coas mans frías.
Tapo un intre.
Gozo.

LIBROS