LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 7 de abril de 2017

Poeta namorada



Ouvinte cantar lonxe

i estabas preto,

nas miñas bágoas

derramadas no mar

das bágoas ceibes.


Aparellabas co lume

i eu estaba no seo.

Ías cara outra estrela

i eu ía cara min.

Eras o espello dela

i eu era espello sen ti.


Seguías cantando lonxe

e alonxábaste máis

nas bágoas que secaban.

Bye Bye, dixenche, rapaz.


-------------

http://artigoo.com/chico-flecha




sábado, 1 de abril de 2017

Muller sen medo

Mañán podería ser hoxe,

hoxe é un día máis,

onte xa é o pasado,

de antonte non hai falar.


Vai pasando o almanaque

polo meu corpo gastado

i vexo todolos días

na pel que muda de vran.


Xa non teño a ledicia,

as forzas non van a máis

doenme os osos xoves,

os meus pés queren parar.


Sego pouquiño a pouco

coas gañas de voar

i fico só nestas verbas

ceibes i que hei ceibar.


--------------------

http://artigoo.com/sexo-tercera-edad




LIBROS