LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 14 de mayo de 2009

Eu, a poeta

 Female Head (La Scapigliata), c.1508 Lámina por Leonardo da Vinci
 
Aíllome do mundo
adentrándome en min
ata que me esquecen
os que están a vivir.
 
Eu estou nunha cárcere
da que non sei sair.
Sempre catro paredes.
Sempre o mar de fin.
 
Mañán, moi caladiña,
deixareime fuxir
pola ventá que abro
para chegar a ti.
 
Nun teclado alleo
os meus dedos camiñan
por letras que escribiron
antes do sol caer.

LIBROS