LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 31 de julio de 2009

Eu, a poeta

 
 
Fun cara ti
coma unha bolboreta
que chega e non fica
a beira de ninguén.
 
Ti sempre no teu teito
ollando o meu voar
dun barco a un porto,
dun porto a un mar.
 
Voltaba e alí estabas
piando ao eu pasar.
 
Sempre ti agardabas.
Sempre eu a voar.

LIBROS